Características Lingüísticas y Estructurales del Texto Narrativo y Descriptivo en Galego

Español3,95 KB

Texto Narrativo

Características Lingüísticas

  • Verbos predicativos: poñer, chamar, dicir, aconsellar, apalpar... (ex. chamou ao veterinario, que cantase).
  • Pretérito perfecto e pluscuamperfecto de indicativo: puxo, viu, chamou (Pretérito perfecto); coidara, dixera (Pluscuamperfecto).
  • Adverbios e expresións temporais: mentres, logo, despois, ás 9 da noite, ao principio...
  • Ritmo sintáctico: Oracións breves cun ritmo rápido e oracións longas cun ritmo lento.

Estructura

  • Esquema tradicional: Introdución, nó e desenlace.
    • Introdución: Prodúcese a presentación de personaxes, feitos, tempo e lugar.
    • Nó: Relátanse os acontecementos centrais.
    • Desenlace: Cóntase o remate da historia.
  • In media res (no medio): Iníciase o relato con uns feitos para logo ofrecer acontecementos anteriores e posteriores que explican os primeiros.
  • Flash back (volta atrás): A narración empeza polo final para deseguido volver ao comezo e contar os feitos en orde cronolóxica.

O Narrador

  • Omnisciente: Usa a 3ª persoa e coñece o que pensan ou senten os personaxes.
  • Protagonista: Emprega a 1ª persoa e relata os feitos desde dentro da historia.
  • Testemuña: Usa a 1ª e 3ª persoa; é un simple espectador que conta o que ve.

Personaxes

  • Principais: Entre eles atópase o protagonista; son o motor da acción e están caracterizados de forma máis completa.
  • Secundarios: Teñen unha participación menos relevante.

Espazo e Tempo

  • Espazo: Lugar onde se relata a acción.
  • Tempo: Época en que suceden os feitos.

Tipos de Descricións

1. Descrición de Persoa

  • Prosopografía: Describe trazos físicos (idade, altura, cabelo...).
  • Etopea: Descríbense trazos psicolóxicos (personalidade, carácter...).
  • Retrato: Descríbense conxuntamente trazos psicolóxicos e físicos.
  • Caricatura: Exéranse e deforman os trazos físicos ou psicolóxicos.

2. Descrición de Lugar

  • Topografía: Explica como é unha paisaxe ou calquera outro espazo. Cando se lle engaden percepcións sonoras, olfativas..., chamámoslle descrición de ambiente.

3. Descrición doutros Seres ou Obxectos

  • Descríbense animais, plantas ou obxectos. Poden ser descricións literarias pero tamén técnicas e científicas.

Enfoque da Descrición

  • Subxectivo (desde dentro): Predominan adxectivos explicativos ou epítetos (fría neve, sombra fría).
  • Obxectivo (desde fóra): Predominan adxectivos especificativos (pelo roxo).

Trazos Lingüísticos das Descricións

  • Predominio da frase nominal e do adxectivo (gran, vella, gorda...).
  • Verbos de estado: Verbo haber, ser, estar, parecer.
  • Tiempos verbais: Presente de indicativo e pretérito imperfecto de indicativo cando é no pasado (era, usaba, tiña).
  • Adverbios, preposicións e expresións locativas (na cara, no medio, por alí).
  • Oracións comparativas (coma se se estremecese o corpo).
  • Enumeracións de partes, elementos e características (con reloxos, cadros, pistolas...).
  • Nas descricións de carácter técnico emprégase un vocabulario culto (ex. os circuitos integrados dixitais conteñen resistencias...).

Descargar

PDF Word HTML