Ciclo menstrual, parto y métodos anticonceptivos: guía de salud sexual y reproductiva
Hormonas del ciclo menstrual
As hormonas FSH e LH son producidas pola hipófise, e os estróxenos e a progesterona polos ovarios. A FSH sirve para estimular a maduración de varios folículos, que comezan a producir estróxeno. A LH sirve para liberar o óvulo maduro do folículo dominante.
Os estróxenos e a progesterona axudan, entre outras cousas, á reconstrución do endometrio. O día 14 hai un aumento da hormona LH, producindo que o folículo maduro se rompa e libere o óvulo. A progesterona e os estróxenos son producidos polo corpo lúteo; se hai fecundación, van seguir producíndose hormonas, e se non, o endometrio desprendese e produce unha nova menstruación.
Parto
Rotura de augas
Cando o útero comeza a contraerse para dilatar o colo uterino, estas contraccións aumentan progresivamente o seu grosor, e os ligamentos da pelve fanse máis laxos. Cando o colo se dilata por completo, rompe a bolsa amniótica e libérase o líquido que contén.
Liberación
Entre 10 e 45 minutos despois do nacemento, o útero contráese de novo para poder desprender a placenta, que se expulsa ao exterior.
Métodos anticonceptivos
Métodos naturais
- Térmico sintotérmico: baséase nos cambios fisiolóxicos que se producen durante o ciclo sexual feminino.
- Ogino: calcula o día aproximado da ovulación e observa os cicos para predecir os días fértiles.
- Coitos interruptus: consiste en realizar a eyaculación fóra da vaxina.
Métodos artificiais
Métodos de barreira
- Preservativo masculino: funda de látex ou poliuretano que se coloca sobre o pene en erección e recolle o sémen expulsado, evitando que chegue ao útero.
- Preservativo feminino: funda de poliuretano ou nitrilo que, colocada na vaxina, impide que os espermatozoides cheguen ao útero.
- Diafragma: disco de látex que se coloca na vaxina cubrindo o colo do útero, impedindo o paso dos espermatozoides.
- Dispositivo intrauterino (DIU): dispositivo de plástico ou metal que se coloca dentro do útero e impide a supervivencia do cigoto. Debe ser colocado por un xinecólogo.
Métodos químicos
- Píldora anticonceptiva, parche transdérmico, anel vaxinal e DIU hormonal: posúen hormonas sexuais que alteran o ciclo ovárico e impiden a ovulación, excepto o DIU hormonal.
- Espermicidas: substancias en forma de crema, xeles ou supositorios que se colocan na vaxina antes do coito. Son desfavorables para a supervivencia dos espermatozoides. Úsanse, así mesmo, como complemento dos métodos de barreira.
Métodos cirúrxicos
- Ligadura de trompas: operación en que se seccionan e se cosen as trompas de Falopio, impedindo o paso do óvulo e dos espermatozoides, polo que non se pode producir a fecundación.
- Vasectomía: intervención en que se seccionan e se cosen os conductos deferentes, impedindo que os espermatozoides saian ao exterior.
Ciclo menstrual
A menstruación forma parte do ciclo sexual feminino e aparece cando non hai fecundación. O endometrio engrosado desprendese da parede do útero e produce sangue. A primeira menstruación denomínase menarquia, e é o momento en que os órganos reprodutores están preparados para a súa función.
Fases do ciclo
- Fase folicular: a FSH estimula varios folículos que comezan a producir estróxeno. O endometrio comeza a crecer moito.
- Ovulación: aumento da LH que libera o óvulo maduro do folículo dominante.
- Fase lútea: o folículo convértese en corpo lúteo, que segrega estróxeno e progesterona, producindo cambios no endometrio.
- Menstruación: o endometrio desprendese.
Fase preovulatoria ou proliferativa
O endometrio, baixo a acción dos estróxenos, inicia a súa reconstrución, aumenta moito o seu grosor e o número de vasos sanguíneos.
Fase postovulatoria ou secretora
A partir da ovulación, o endometrio segue crecendo para acoller o embrión. Se non hai fecundación, o óvulo morre, o corpo lúteo dexenera e deixa de producir hormonas. Esta brusca caída hormonal marca o inicio dunha nova menstruación, o día 28 aproximadamente.
Embarazo y desarrollo embrionario
O embarazo comeza coa implantación ou aniñamento do blastocisto no endometrio. Unha parte das células do blastocisto dan lugar ao embrión.
Embrión
O óvulo fecundado, na etapa inicial do desenvolvemento dun ser vivo, mentres se encontra no ovo ou no útero da nai, vai formando as partes do corpo e os órganos, como o corazón, que comeza a latir. Ao finalizar o segundo mes recibe o nome de feto, e xa se distinguen a cara, os brazos, as pernas e os dedos.
Sistema reproductor masculino
- Testículos: órganos que producen os espermatozoides.
- Vesículas seminais: desembocan ao final dos conductos deferentes e producen líquido seminal, que serve de alimento e medio de transporte para os espermatozoides.
- Próstata: rodea a uretra e vertE a súa secreción nela. Produce líquido prostático, que neutraliza a acidez da vaxina e estimula a mobilidade dos espermatozoides.
Sexualidad
A sexualidade é o modo de sentir e comportarse como persoa sexuada, e inclúe emocións, pensamentos e condutas relacionadas co sexo, que marcan o ser humano durante todo o seu desenvolvemento e no seu papel na sociedade. A reprodución realízase, por regra xeral, a través da sexualidade e de ter fillos.