Rexurdimento Cultural Galego: Irmandades da Fala, Xeración Nós e Vangardas Literarias

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,2 KB

As Irmandades da Fala e a Fundación do Nacionalismo Galego

As Irmandades da Fala son asociacións culturais e políticas que teñen como obxectivo defender o idioma galego e recuperar a cultura de Galicia. Nacen na Coruña en 1916 por iniciativa de Antón Villar Ponte.

Máis tarde, nacen novas Irmandades noutras cidades galegas que logo se converterían en plataformas políticas.

A Revista Nós e a Irmandade Nazonalista Galega

Por outro lado, a Irmandade Nazonalista Galega, liderada por Risco, impulsou un proxecto cultural vertebrado arredor da Revista Nós, que se publica en Ourense entre 1920 e 1936.

Ademais de medio de expresión literaria na que colaboran Castelao, Cunqueiro..., tamén actúa como axente consolidador do nacionalismo galego. Nela atópanse escritores galegos da época, portugueses, ingleses e bretóns. Ademais, ofrecía información sobre:

  • Novidades literarias, noticias sobre literatura e escritores.
  • Documentación sobre arqueoloxía, etnografía, antropoloxía e outros ámbitos das ciencias humanísticas.

O Grupo Nós: Fundamentos Ideolóxicos

O Grupo Nós, formado por intelectuais nados entre 1880 e 1890, é defensor da tradición e o enxebre, e fará do celtismo e do catolicismo os fundamentos para apoiar o discurso ideolóxico que será a base do primeiro nacionalismo galego, xustificado pola existencia dun territorio propio, dunha cultura e dunha lingua diferenciada.

O Seminario de Estudos Galegos

En 1923 xorde en Santiago o Seminario de Estudos Galegos, creado para a formación de investigadores e a divulgación da realidade galega.

As Vangardas e a Renovación Artística

A creación vangardista é o froito dunha nova xeración de artistas e escritores que tentan superar o discurso tradicional.

Contexto Histórico e Influencias

A súa actitude está condicionada por:

  • A Primeira Guerra Mundial coas súas atrocidades.
  • A Revolución Rusa, que supuxo o ascenso ao poder das clases populares.
  • A crítica á sociedade capitalista, desenvolvida polo marxismo.
  • A mudanza na percepción do mundo polo progreso das ciencias.

Difundían o seu ideario mediante manifestos.

Correntes e Características Comúns

Entre esas correntes caben destacar o futurismo, o expresionismo, o cubismo, o *imaxinarismo*... Todas tiñan características comúns:

  • Desprezo polo bo gusto (*liberdade creativa*).
  • Antirrealismo (*distorsión da realidade e dificultade de comprensión*).
  • Actitude antirromántica (*rexeitamento do sentimentalismo*).
  • Renovación da linguaxe (*ruptura da orde sintáctica e uso poético do cotián*).
  • Defensa da arte pura.

A Conexión Vangarda-Nacionalismo Galego

As Irmandades da Fala e a Xeración Nós recuperaron o gusto por Galicia e o galego, apoiándose nas novas vangardas literarias que xurdían na Europa de entreguerras. Os principais poetas vangardistas galegos foron: Luís Pimentel, Fermín Bouza-Brey e Manuel Antonio.