Conceptos Esenciais de Economía e Xestión Empresarial
Cártel
Grupo de empresas que operan na mesma fase do proceso produtivo e que chegan a acordos para limitar a competencia entre elas. As súas prácticas son ilegais.
Holding
Unha empresa chamada “sociedade matriz” ou “sociedade holding” que ten en propiedade paquetes de accións doutras empresas ás que controla. Tamén recibe o nome de Holding o grupo ou conglomerado de empresas que se forma.
Trust
Grupo de empresas dun mesmo sector que se unen baixo a dirección dunha delas para controlar as vendas e a comercialización dos produtos.
A Globalización Económica e a Competencia Global
Entendemos por globalización económica a tendencia dos mercados e empresas a estenderse, desbordando as fronteiras nacionais e alcanzando unha dimensión planetaria.
Características:
- Liberdade absoluta de movementos de capitais e liberdade relativa de movementos de mercadorías.
- Limitacións crecentes ao libre movemento de persoas entre países pobres e ricos.
Causas:
- Tecnolóxicas: A redución dos custos de transporte facilitou a expansión do comercio internacional.
- O despegue de novas TIC: A telemática e Internet facilitaron as comunicacións entre todos os axentes económicos de calquera parte do mundo.
- A uniformación e homoxeneización das culturas e pautas de consumo no mundo.
- Institucionais: Organismos internacionais como a OMC ou o TLC tenden a favorecer o libre intercambio de mercadorías mediante a supresión das barreiras arancelarias.
As Empresas Multinacionais
É unha compañía formada por unha empresa matriz que consta dunha serie de filiais que operan en distintos países do mundo e que comparten uns mesmos obxectivos.
Características:
- A matriz exerce o control total ou parcial das filiais a través da súa participación no seu capital social.
- A dirección e planificación están centralizadas na matriz. As filiais operan dentro dunha estratexia mundial común fixada pola matriz.
- Polo xeral, son empresas moi competitivas debido aos seus importantes investimentos en I+D+i.
- Os resultados económicos consolídanse dentro do grupo.
- O seu poder de influencia sobre o poder político é tan enorme que ameazan a representatividade e lexitimidade das institucións democráticas.
Factores de Desenvolvemento:
- Un mercado nacional reducido pode forzar a unha empresa a desbordar as fronteiras para colocar os seus produtos fóra mediante a exportación dos mesmos.
- Para superar as barreiras proteccionistas de moitos países, unha empresa pode decidir asociarse con empresas locais.
- Unha terceira forma de expansión é a creación de filiais propias en terceiros países con capital da empresa matriz.
PERT
PERT (Program Evaluation and Review Technique): Técnica de programación desenvolvida en 1958 na Armada dos EUA, formando parte da investigación do sistema de proxectís Polaris. Os proxectos descompoñense en actividades que teñen unha duración determinada e vanse sucedendo unhas a outras dun xeito lóxico. A súa representación gráfica se representa por medio de frechas e nodos nun grafo que permite determinar o camiño crítico do proxecto e o tempo mínimo de execución do mesmo.
Gráficos de Gantt
Mediante un sistema de coordenadas cartesianas se representa a duración temporal de cada unha das actividades dun proxecto. No eixo de ordenadas represéntanse as actividades e no de abscisas os tempos de execución de cada actividade.
O Método JIT
Sistema de organizar a produción consistente en reducir ao máximo o nivel de existencias nos almacéns da empresa para reducir os custos de xestión dos inventarios e as necesidades de recursos financeiros inmobilizados en edificios, instalacións e mercadorías. Implica que os pedidos sexan dun volume reducido e que se realicen cunha maior frecuencia, polo que para que non se produzan interrupcións nos procesos de fabricación as materias primas (MP) teñen que chegar á fábrica just in time.
O Método ABC
Trata de minimizar os custos de almacén, tratando de concentrar os esforzos de xestión e control naquelas mercadorías que teñan un maior valor monetario. Para aplicalo as existencias son clasificadas en 3 grupos (A, B, C):
- O grupo A representaría un 20% das existencias totais pero terían un valor monetario que representaría un 75% do valor total almacenado.
- O grupo B representaría un 30% das existencias totais pero terían un valor monetario que representaría un 20% do valor total almacenado.
- O grupo C representaría un 50% das existencias totais pero terían un valor monetario que representaría un 5% do valor total almacenado.