Astronomía e Física do Universo
- Sistema xeocentrista
- Modelo planetario que afirma que a Terra é o centro do Universo, arredor do cal xiran os demais planetas e o Sol.
- Sistema heliocentrista
- Modelo planetario que supón que o Sol é o centro do noso sistema, arredor do cal xiran os demais planetas, incluída a Terra.
- Astrofísica
- É a parte da Astronomía que estuda a estrutura, composición e evolución do Universo.
- Ano luz
- Distancia que percorre a luz nun ano, movéndose no baleiro a unha velocidade de 300.000 km/s. Equivale a 9,5 billóns de km.
- Teoría do Big Bang
- Modelo que tenta explicar a formación do Universo a partir da expansión dun punto que contiña toda a enerxía. Esta expansión crea o espazo que dá lugar ao Universo e a partir da enerxía nel contida xéranse as partículas constituíntes da materia.
- Galaxias
- Agrupacións de miles de millóns de estrelas, xirando en torno a un eixo común. Adoitan ser, principalmente, elípticas, en forma de espiral ou irregulares.
- Vía Láctea
- Galaxia espiral onde se atopa a Terra.
- Estrelas
- Corpos celestes compostos principalmente por hidróxeno, cuxos átomos, ao se fusionaren para producir helio, emiten luz e calor.
- Supernova
- Estado final en explosión dunha estrela maior a 1,5 veces o tamaño do noso Sol. O seu remanente denomínase púlsar ou estrela de neutróns.
- Buraco negro
- Estado final dunha estrela de masa polo menos tres veces a do Sol. A súa forza de atracción é tan enorme que nin sequera a luz pode escapar del.
- Planeta
- Obxecto celeste sen luz propia que xira en torno a unha estrela, formado polo material que non foi aglomerado por esta, e que a miúdo ten outros obxectos menores, chamados satélites, que xiran á súa vez en torno a el.
- Lei de Gravitación Universal
- Dous corpos atráense mutuamente cunha forza directamente proporcional ao produto das súas masas e inversamente proporcional ao cadrado da distancia que os separa.
- Forza centrípeta gravitacional
- Forza central provocada pola interacción gravitatoria entre dous corpos que provoca o xiro dun deles arredor do outro.
- Peso dun corpo
- Forza coa que a Terra o atrae. Tamén pode ser en calquera outro planeta ou obxecto estelar.
- Gravidade
- Aceleración coa que cae libre un corpo. O seu valor depende da masa e do raio do planeta que o atrae.
- Cosmoloxía
- É a parte da Astronomía que estuda as orixes, estrutura e evolución do Universo.
Enerxía e Máquinas Simples
- Enerxía
- Capacidade dun sistema de producir un cambio sobre si mesmo ou sobre o contorno.
- Traballo
- Enerxía transmitida por unha forza. Unha forza realiza traballo cando transmite enerxía. O traballo realizado por unha forza que actúa sobre un corpo é igual ao produto da forza polo desprazamento que experimenta o punto de aplicación da forza na mesma dirección do movemento. W = F · ΔX. A súa unidade no Sistema Internacional, ao igual que a da enerxía, recibe o nome de xulio (J).
- Máquina
- Todo aparato ou dispositivo que permite transmitir ou modificar unha forza para realizar un traballo determinado. O traballo realizado pola forza motriz subministrada á máquina é igual ao traballo realizado pola forza resistente de saída. Nunha máquina simple soamente hai unha forza motriz e unha forza resistente. As máquinas simples máis importantes son a panca, o plano inclinado e a prensa hidráulica.
- Panca
- Máquina simple composta por unha barra ríxida que xira sobre certo punto de apoio chamado fulcro. É de primeiro xénero se o fulcro está situado entre a forza motriz e a resistente, de segundo xénero se a forza resistente está entre o fulcro e a forza motriz e de terceiro xénero se é a forza motriz a que está no medio.