Conceptos Fundamentais de Economía e Funcionamento dos Sistemas Económicos

Economía2,84 KB

Que é a economía?

É a ciencia que estuda a actividade económica. A palabra economía procede das palabras gregas "oikos", que significa casa, e "nomos", que significa administración.

Pirámide de Maslow

Serve para identificar as necesidades do ser humano:

  • Necesidades individuais: naturais e sociais.
  • Necesidades colectivas: privadas e públicas.

Actividade económica

Proceso no que se xeran ou intercambian bens ou servizos para satisfacer as persoas.

Obsolescencia

É a perda de valor dun recurso por culpa da aparición de outros recursos máis eficientes.

Variable económica

É unha magnitude a cal pode medirse e definirse, e inflúe na actividade económica.

Comparativa de Sistemas Económicos

SISTEMA ECONÓMICODecisións económicasVantaxes do sistemaInconvenientes do sistema
PLANIFICADO
  • A autoridade política é a que toma as decisións económicas.
  • Asignación de recursos é centralizada.
  • Non hai propiedade privada.
  • Asignación de recursos é distributiva.
  • Hai fixación de prezos.
  • Non hai sistema de incentivos.
  • Paro encuberto.
  • Excesiva burocracia.
  • Non hai unha información libre.
  • A realidade económica do sistema permanece oculta.
DE LIBRE MERCADO
  • As decisións de asignación e distribución pertencen aos individuos (produtores e consumidores).
  • Liberdade de mercado.
  • As decisións son tomadas de forma descentralizada pola lei da oferta e da demanda.
  • Eficiencia na produción.
  • Innovación para mellorar a produtividade.
  • Sistema que favorece o crecemento económico.
  • Fallos de mercado (monopolios, prezos que non reflicten as externalidades, os bens públicos non se producen en suficiente cantidade…).
  • Sistema que xera desigualdades sociais.
  • Produce ciclos económicos con fases de expansión e de crise.
MIXTO

Neste sistema, a autoridade política intervén nos casos no que o mercado falla e non produce os bens e servizos necesarios.

  • O Estado mellora a información, asegura que os custos e beneficios sociais se reflictan nos prezos.
  • O Estado busca reducir a diferenza entre ricos e pobres.
  • O Estado fomenta o crecemento económico nos momentos de crise.
  • Recadación de impostos.
  • Excesiva regulación económica.

Descargar

PDF Word HTML