Conceptos Fundamentais de Lingua: Homonimia e Tipos de Descrición Textual

Otras lenguas extranjeras3,07 KB

As Palabras Homónimas: Definición e Orixe

As palabras homónimas son aquelas que se escriben ou se pronuncian igual, mais posúen significados diferentes. Isto débese a que na evolución histórica da lingua, dúas palabras acaban por presentar a mesma forma, pero partindo de orixes diferentes.

Clasificación da Homonimia

A homonimia pode ser de dúas clases:

  1. Homonimia Absoluta: As palabras escríbense e pronúncianse igual (é o caso de lama e doutras palabras como bando ou trono, por exemplo).
  2. Homonimia Parcial: As palabras parcialmente homónimas só presentan un trazo en común, ben a pronuncia ben a escrita. Dentro delas, distinguimos:

Tipos de Homonimia Parcial

  • Palabras Homófonas: Pronúncianse igual, mais escríbense de xeito diferente.
  • Palabras Homógrafas: Escríbense igual, pero teñen distinta pronuncia. Estes casos son frecuentes na nosa lingua debido á existencia de catro sons para as vogais tónicas e e o. Daquela, en ocasións a vogal tónica aberta márcase co acento diacrítico.

A Descrición Textual: Concepto e Estrutura

A descrición é un tipo de texto no que se presenta unha enumeración máis ou menos ampla de detalles sobre unha persoa, un animal, un obxecto ou un lugar.

Tipos de Descrición Segundo a Intención do Emisor

Segundo a finalidade da descrición ou a intención do emisor, diferenciamos:

  • Descrición Obxectiva: Ofrece unha imaxe fiel á realidade. Adoita carecer de recursos literarios e emprega unha linguaxe precisa (con abundantes tecnicismos), con presenza de substantivos concretos e adxectivos especificativos, e o uso da terceira persoa. É, polo tanto, propia de áreas científicas, aínda que tamén pode cumprir outros fins (divulgativos, retóricos, didácticos...).
  • Descrición Subxectiva: Supón unha interpretación da realidade. Predominan nela as valoracións, apreciacións e sentimentos persoais da escritora ou do escritor, reflectindo o seu particular punto de vista sobre o elemento descrito. Desde o punto de vista lingüístico, é habitual a utilización de substantivos abstractos, adxectivos cualificativos e epítetos, recorrendo á primeira persoa na relación de detalles. Este tipo de descrición é a máis frecuente na ficción, mais non é exclusiva dela.


Arquitectura antigua griega

Descargar

PDF Word HTML