Conciencia Cidadá: Valores, Responsabilidad y Convivencia Democrática

Otras lenguas extranjeras3,86 KB

A conciencia cidadá é un elemento fundamental para a convivencia pacífica e participativa nas sociedades democráticas.

A conciencia cidadá consiste en facerse progresivamente conscientes de que non só coexistimos con outros seres humanos nun espazo físico común, senón que convivimos con eles. Convivir quere dicir que compartimos valores, aspiracións e desexos comúns (a paz) e que tamén nos importa o que a eles lles aconteza (a educación, a xustiza, etc.). Grazas á conciencia cidadá é posible a sociedade humana.

Tipos de xuízos

  • Xuízos de valor: non podemos recorrer á experiencia.
  • Xuízos de feito: podemos recorrer á experiencia.

A función de calquera cidadán é a de convivir cos demais e cooperar para que se realicen os fins da sociedade: o gran proxecto humano de construír un mundo máis xusto. Se unha persoa non cumpre cos seus deberes cívicos, non será un bo cidadán. O bo cidadán é o que ten conciencia cívica ou conciencia cidadá.

Conciencia cívica

Podemos usar a palabra conciencia en diversos sentidos:

  • Conciencia moral: darnos conta do bo e do malo.
  • Conciencia intelectual: saber que existe a realidade.
  • Autoconciencia: darnos conta de que nos existimos.

A conciencia cívica é a capacidade que nos indica como debemos comportarnos como cidadáns e possúe tres elementos esenciais:

  1. Todo cidadán debe coñecer o proxecto ético que a humanidade quere conseguir, as razóns e como se xustifica (Declaración Universal dos Dereitos Humanos).
  2. Todo cidadán debe coñecer os seus dereitos e deberes.
  3. Todo cidadán debe fomentar os sentimentos que lle axuden a reclamar os seus dereitos e cumprir os seus deberes.

En definitiva, a conciencia cívica é a capacidade que nos indica como debemos comportarnos como cidadáns éticos, con dereitos, deberes e sentimentos.

Responsabilidade

A persoa con conciencia cívica ou cidadá é unha persoa responsable, isto é, capaz de responder polos nosos actos e de actuar conscientemente.

Tipos de responsabilidade

  • Responsabilidade colectiva: ser responsable dos demais seres humanos (por exemplo, non comprar roupa feita por nenos explotados).
  • Responsabilidade afectiva
  • Responsabilidade medioambiental
  • Responsabilidade familiar

Valores para desenvolver a conciencia cidadá

Na parte da responsabilidade colectiva, desenvólvense catro valores fundamentais: amizade, sinceridade, cordialidade e disposición ao diálogo.

Amizade

A amizade é a relación de benevolencia recíproca entre dúas persoas mutuamente recoñecida. Está baseada nos seguintes elementos: lealdade, fidelidade, entendemento mutuo, confianza e comprensión.

Sinceridade

A sinceridade consiste en expresarse sen fingimento e con veracidade. Ser sinceros quere dicir que buscamos a verdade e facemos dela a nosa forma de vida.

Cordialidade

A cordialidade é tratar aos demais con afecto sincero e de corazón. A persoa cordial caracterízase pola alegría de ánimo e o optimismo.

Disposición ao diálogo

A persoa dialogante é un bo cidadán. Dialogar é intercambiar informacións, sentimentos, desexos, etc. A persoa dialogante crea un bo ambiente cidadán e ensínanos a:

  • Respectar a quen fala.
  • Respectar os quendas de palabra.
  • Falar nun ton axeitado.
  • Saber escoitar antes de responder.
  • Reflexionar sobre o que din os demais.
  • Poñernos no lugar do outro.
  • Admitir e tolerar as opinións alleas.

Descargar

PDF Word HTML