Crecemento do Sector Terciario e o Turismo
O Sector Terciario e a Sociedade Postindustrial
Terciarización e Sociedade Postindustrial
Terciarización: Proceso de crecemento do sector terciario. As actividades de servizos son as que producen maior emprego e riqueza nun territorio.
Sociedade Postindustrial: Fase posterior á sociedade industrial onde as claves da economía, denominada polos servizos, son a ciencia, a tecnoloxía e a innovación.
Economía Informal: Aquela que se sitúa á marxe da legalidade porque as empresas non están rexistradas oficialmente, non pagan impostos e teñen empregados sen contrato.
A Muller no Sector Terciario: A proporción de mulleres traballadoras no sector dos servizos é moi alta en case todos os países do planeta.
Causas do Crecemento Económico
- Incremento dos ingresos e mellora do nivel de vida: Provoca un aumento de demanda de todo tipo de servizos financeiros, culturais e de ocio.
- Xeneralización do Estado de Benestar: Pretende o acceso de toda a poboación a servizos públicos como a educación.
- Busca de maior competitividade: As empresas intentan mellorar o seu funcionamento, a través da súa elaboración, calidade, comercialización, etc.
- Desenvolvemento do capital financeiro: Incrementou o número de empresas, bancos e compañías que operan en bolsa.
Clasificación dos Servizos
- Servizos comerciais e de distribución: Alcampo.
- Servizos de poboación: Cines, teatros, bares.
- Servizos empresariais e financeiros: Xestorías, banca, seguros.
- Administración pública e servizos sociais: INEM, Policía Local.
Formas de Localización
- Actividades financeiras e servizos avanzados ás empresas: Concéntranse nas grandes metrópoles, dentro delas nos denominados distritos de negocios (Nova York, Ginza en Toquio...).
- Administración pública e servizos básicos sociais: Son os que están máis dispersos no territorio e case todos os municipios os teñen.
- Comercio e servizos á poboación: Precisan localizarse cerca dos seus clientes e repártense segundo o número de poboación.
Comercio e Transporte
Balanza Comercial e Novas Formas Comerciais
Balanza comercial: Diferenza entre exportacións e importacións nun ano concreto.
- Pequeno comercio familiar e a competencia contra as grandes cadeas de distribución e redes de franquías.
- Proceso de concentración: As empresas controlan as vendas.
- Grandes superficies comerciais: Hipermercados, centros comerciais e parques comerciais.
Transporte
Transporte público: Evita o uso de moitos coches, o cal fai que non se contamine tanto e con isto poida haber máis espazo na estrada.
Sistemas de transporte: O transporte por estrada, o transporte por ferrocarril, o transporte marítimo, o transporte aéreo, o transporte intermodal que son os diferentes sistemas de transporte entre si ou conxuntamente. Tamén poden apreciarse o transporte urbano, privado e público.
Turismo
Turismo: É o desprazamento temporal de persoas que adoitan viaxar por motivos de ocio ou de tempo libre.
Factores que Impulsan o Desenvolvemento Turístico
- Aumento do nivel de vida.
- Melloras no transporte e as comunicacións.
- Ampliación da oferta de aloxamentos.
- Patrimonio natural e cultural.
- Boa comunicación.
- Prezos competitivos.
- Imaxe de seguridade e estabilidade política.
Tipos de Turismo
Turismo de masas nas franxas litorais: Provoca maiores ingresos, xa que a xente vai en busca de sol e praia, polo que se estende por todas as costas onde faga bo tempo.
Turismo de montaña: Apóiase no atractivo das paisaxes e na posibilidade de facer exercicio.
- Escalada e o sendeirismo: A xente gústalle camiñar e visitar as paisaxes que hai no mundo.
- Estacións de esquí: Prodúcese en meses invernais, grazas a esta a xente disfruta dun ocio a través da neve que hai nas montañas.
Turismo urbano:
- Turismo de negocios e reunións: Relacionados cos asuntos laborais.
- Exposicións universais ou internacionais: Son actividades culturais en recintos de ocio con moita afluencia e que intentan atraer ao maior número de persoas.
- Patrimonio histórico: Importancia relixiosa, os monumentos ou por unha combinación diso.
- Parques temáticos: Teñen unha temática central a través do entretemento.