dd

Otras lenguas extranjeras3,99 KB

ANARQUISMO

O anarquismo constituiu un conxunto doutrinal menos vertebrado que o marxismo e tivo en Pierre Joseph Proudhon o seu primeiro referente. Proudhon consideraba a propiedade como un roubo e rexeitaba ao Estado como institución. Defendía un sistema social baseado no trballo autónomo e na federación de asociacions independetes, e apostaba pola expansión do mutualismo como medio de superación do capitalismo, a creación dun crédito publico e gratuito permitía dotar dos medios de traballo necesarios aos individuos ou ás asociacions de traballadores. Fixaba que o obxectivo da loita colectiva era acadar a liberdade do individuo. Desde enton o pensamento liberario expresouse a través de tendencias diversas que partían do rexeitamento a todo tipo de autoridade e tomaban a anarquía como modelo de sociedade que se asentaba en tres principios básicos: aexaltacion da liberdade individual no marco da soliedariedade entre todos os membros da sociedade, a critica a prpiedade privada e a defensa da propiedade colectiva, e a oposición a toda organización xerarquica. Os medios para destruir a orde burguesa e chegar a esa sociedade sen clases presetnaron diferencias importantes entre os distintos pensadores anarquistas.
A II INTERNACIONAL
Fundada en París en 1889 xurdiu por iniciativa dos partidos socialistas reunidos na capital francesa e que se consideraban herdeiros dos postulados revolucionarios. Configurouse como unha organización homoxenea ideoloxicamente, xa que so incorporaba partidos socialistas. Outra diferenza coa sua predecesora, a AIT, foi que se perfilou como unha confederación de paritdos nacionais autónomos sen un Conselo Xeral que se centralizase a acción. En 1900 creouse en Bruxelas un Buró Socialista Internacional, encargado de dar continuidade aos traballos que debían realizarse durante os tres anos de intervalo entre congresos. As resolucions adoptadas no congreso fundacional reclamaban leis para a protección dos traballadores e condenaban a guerra, á que consideraban consecuencia da orde capitalista e da que pensaban que desaparecería co propio sistema. A Internacional loitou por uns postulados que manterian a súa vixencia ao longo do seculo: extensión da democracia, acceso ao poder político dos partidos socialistas e fin da discrimiancion sexual e das demais desigualdades. A II Internacional creou alguns dos símbolos de identificación do movemento obreiro como o himno e a celebración do 1º de maio como Dia dos Traballadores. A incidencia da Internacional Socialistra foi enorme xa que agrupou a millons de traballadores. O estoupido da Gran Guerra tivo un forte impacto na internacional. A sua traxectoria quedou alterada de forma substancial e entrou en crise. A división entre os socialistas fixose realidade e apreceron tres grandes fgrupos que agravaron o seu enfrontamento dentro dos partidos. Os patriotas antepoñian os criterios nacionais dos partidos burgueses. Os pacifistas moderados contrarios á guerra e defensores da neutralidade. Os revolucionarios como Rosa Luxemburgo pretendían a conversión da guerra en revolución proletaria. Impulsaronse as Conferencias de Zimmerwald e Kienthal para avaliar as posibilidades de forzar a paz e a revolución. Foi o Paritdo Bolchvique en Rusia o que puido levar á practica a tese revolucionaria de Lenin en outubro de 1917. A defensa da paz implicou a caída do rexime zarista e a conquista do poder polos bolcheviques. A partir de enton rachouse coa unidade do movmento socialista que a pesares das disensions internas mantivera a II Internacional. A revolución rusa tranformouse no punto de referencia indispensable para a esquerda e obrigou que as diversas tendencias socialistas se definisemn ao respecto. Formalizabase a escisión comunista mentres a decisión Soviética de organizar unha nova Internacional obrigaria a posciionarse a todos os socialistas.

Descargar

PDF Word HTML