O enunciado e a oración: Estrutura e tipos na lingua galega

Enviado por Valdo y clasificado en Español

Escrito el en español con un tamaño de 3,13 KB

T.1. O enunciado e as súas clases

O enunciado: concepto e características

Calquera texto está composto por unidades máis pequenas que teñen sentido completo. Estas unidades chámanse enunciados.

Características dos enunciados:

  • Desde o punto de vista da expresión: Un enunciado é unha cadea de sons que está delimitada por unha pausa longa.
  • Desde o punto de vista do significado: É a expresión verbal dunha idea.

As palabras no enunciado: os sintagmas

Os grupos de palabras que desempeñan unha función sintáctica no enunciado chámanse sintagmas. Existen varios tipos:

  • SN: Sintagma nominal.
  • S.Adx: Sintagma adxectival.
  • S.Adv: Sintagma adverbial.
  • S.Verb: Sintagma verbal.

Clases de enunciados: oracións e frases

As oracións conteñen un ou máis verbos en forma persoal e divídense en suxeito e predicado.

Modalidade do enunciado

A modalidade é o xeito en que se manifesta nos enunciados a actitude do falante ante o oínte. Pódese expresar de distintas formas:

  • Procedementos fónicos.
  • Procedementos gramaticais.
  • Procedementos léxicos.

Clases de oracións segundo a modalidade

  • Enunciativas: Expresan un feito ou pensamento coma real.
  • Interrogativas: Expresan unha pregunta; pode ser directa ou indirecta.
  • Exclamativas: Expresan sentimentos de dor, admiración ou sorpresa.
  • Dubitativas: Expresan dúbida por medio de adverbios como talvez, quizais...
  • Desiderativas: Expresan desexo e constrúense en subxuntivo.
  • Imperativas: Expresan mandato, consello, rogo ou prohibición. Levan o verbo en imperativo.
  • De posibilidade: Expresan suposición ou probabilidade.

T.2. A oración: suxeito e predicado

Constituíntes da oración: suxeito e predicado

A oración é un tipo de enunciado que ten un ou máis verbos en forma persoal. Nela distínguense:

  • Suxeito: É o grupo de palabras que nomea a persoa, animal ou cousa de quen dicimos algo na oración. O suxeito é un sintagma nominal.
  • Predicado: É o grupo de palabras que expresa na oración o que se di do suxeito. O predicado é un sintagma verbal.

Relacións entre suxeito e predicado: a concordancia

A concordancia é a relación entre o núcleo do suxeito e o núcleo do predicado. Dicimos que dúas palabras concordan entre si cando teñen o mesmo xénero, número e persoa.

Concordancia entre o verbo e un suxeito múltiple

Un suxeito múltiple é cando na oración hai varios sintagmas nominais:

  • Se algún dos sintagmas nominais vai en primeira persoa, o verbo vai en primeira persoa.