A esmorga de Blanco Amor: Argumento, Narradores e Personaxes da Novela

Otras lenguas extranjeras3,72 KB

A esmorga

Argumento e estrutura

A esmorga constitúe a crónica dunha serie de tráxicos acontecementos sucedidos, segundo a documentación, polo que nos atopamos diante de feitos que tiveron lugar na segunda metade do século XIX. Tales feitos non son outros que as derradeiras 24 horas vividas por Cibrán en compañía de dous outros coñecidos esmorgantes, Bocas e Milhomes. A acción vai desde o encontro inicial dos tres homes ata o momento en que, mortos Bocas e Milhomes, Cibrán é atopado por uns verredores.

Todo o proceso da acción é narrado polo propio Cibrán. A técnica empregada polo autor, o monólogo dramático, é a da transcrición dunha especie de fita magnetofónica da declaración que Cibrán lle fai ante o xuíz que instrúe os feitos.

Na organización estrutural atopamos tres momentos esenciais:

  • A documentación: o narrador-autor explica cales son os materiais empregados.
  • O corpo da novela.
  • As liñas finais: aparece de novo a voz do narrador-autor para darnos noticia dos últimos momentos vividos por Cibrán.

Narradores e punto de vista

O punto de vista da maioría da novela é subxectivo.

  • O narrador-autor: aparece na documentación e nas liñas finais do relato. Trátase de alguén que dá noticia das fontes (orais e escritas) e tamén asume a plena responsabilidade do narrado.
  • O narrador protagonista: Cibrán Canedo ofrécenos un eu protagonista que nos transmite en todo momento a súa versión do que sabe e do que percibe.

O emprego da técnica da fita magnetofónica permite unha redución temporal do discurso da propia historia narrada.

Personaxes

O xuíz

É o primeiro personaxe que aparece no texto. Estamos diante dun xuíz ausente, xa que nunca escoitamos as súas preguntas. O feito de que non se transmitan as preguntas que formula determina que permanezamos nunha atmosfera opresiva; o proceso parece evidente, pois sabemos que diga o que diga Cibrán está condenado de antemán.

Cibrán

Estamos diante do narrador-protagonista, que forma parte das clases máis humildes. A súa caracterización fai-se de maneira indirecta, por exemplo a través dos seus alcumes ("Tiñica", "Puchapodre", "Castizo"). Cibrán é un obreiro de familia moi pobre que trata de comezar unha nova vida ao carón dunha prostituta á que deixa embarazada, intención que se verá truncada polos fatídicos feitos posteriores.

Bocas e Milhomes

Os dous desempeñan un papel secundario, xa que o que coñecemos acerca deles vén da man do relato de Cibrán. Semellan asumir a traxedia como algo natural nas súas vidas. A única actitude vital de Milhomes consiste en fuxir sen descanso cara adiante, ata que só a morte os detén a el e ao seu camarada de esmorga.

Recursos estilísticos

A técnica da fita magnetofónica provoca que nos teñamos que axustar a unha fórmula narrativa moi concreta, xa que calquera alteración significaría unha perda da credibilidade do narrado. Blanco Amor leva adiante unha exploración nas posibilidades do rexistro popular. Como consecuencia disto, vemos unha sintaxe compulsiva e axitada, na que as frases en fervenza aparecen encadeadas tan só con nexos e ou que. O vocabulario é restrinxido, e predominan os substantivos, que proporcionan maior concreción.

Descargar

PDF Word HTML