A Estrutura dos Servizos Globais: Turismo, Finanzas e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)

Otras lenguas extranjeras10,52 KB

A Crecente Demanda dos Servizos

1. Definición de turismo

O turismo comprende as viaxes e as actividades que realizan os turistas, que son persoas que se desprazan a lugares fóra da súa contorna habitual por motivos de ocio, persoais ou profesionais e permanecen un mínimo de 24 horas.

2. Clasificación de destino e motivo

Segundo o destino:

  • Nacional: se leva a cabo dentro do territorio do país de residencia.
  • Internacional: son as viaxes e actividades que realizan os turistas nun país distinto do seu.

Segundo o motivo:

  • De ocio: inclúe o turismo de sol e praia, cultural, deportivo e outros máis.
  • Persoal: comprende as visitas familiares e de amigos, o turismo de saúde, compras e benestar.
  • Profesional: inclúe as viaxes para asistir a reunións de traballo, congresos, etc.

3. Categorías de servizos turísticos

Os servizos turísticos comprenden todas as actividades económicas dirixidas a satisfacer as necesidades dos turistas. Servizos como os seguintes:

  • De intermediación: facilitan a organización e realización de actividades turísticas (ex. axencias de viaxe).
  • De aloxamento: préstanos os hoteis, cámpings, apartamentos turísticos, etc.
  • De transporte: inclúe alugar vehículos, o servizo de traslado a aeroportos, etc.
  • De restauración: ofrecen aos turistas comida e bebida para consumir alí (ex. bares e restaurantes).
  • De organización de eventos: feiras, festivais, cursos, etc.
  • De información: préstanos os centros que informan sobre recursos e actividades turísticas.

4. Por que é unha actividade en crecemento?

O turismo empezou a crecer na segunda metade do século XX e, salvo nos períodos de crise, non deixou de facelo. Os factores que o explican son:

  • Dereito a un período de vacacións anual retribuído.
  • A mellora e abaratamento dos transportes.
  • O nacemento de Internet, que supuxo novas canles de información.
  • Unha maior oferta de destinos e novas fórmulas de aloxamento a través de plataformas dixitais.

5. O impacto da pandemia

En 2019 o turismo foi moi importante, tanto polo traballo dedicado ao sector (un de cada catro postos de traballo era nunha actividade turística) como pola súa contribución ao PIB mundial, xa que supuxo unha parte importante del.

En 2020, os confinamentos que houbo en case todos os países para que non se estendese máis a COVID-19 provocaron unha caída do turismo mundial, tanto que se reduciu un 73% respecto ao ano anterior, e polo tanto máis da metade dos ingresos que ofrecía o turismo diminuíron. A crise sanitaria provocou a perda de 62 millóns de postos de traballo.

En 2021 iniciou a súa recuperación moi lentamente e condicionado polas restricións de mobilidade que supuxo cada país, tamén pola vacinación que tiñas que ter para viaxar.

Apartado 3: Como Pode Axudar o Turismo a Acadar os ODS?

1. O impacto do turismo

Efectos económicos:

  • Positivos: crea oportunidades de negocio e emprego, tanto directo coma indirecto, e é unha importante fonte de ingresos.
  • Negativos: xera especulación inmobiliaria e suba dos prezos dos produtos básicos nas zonas turísticas.

Efectos ambientais:

  • Positivos: axuda á conservación de espazos naturais e dá valor ao patrimonio paisaxístico.
  • Negativos: un turismo moi abundante pode descontrolar o coidado do planeta e provoca unha redución e degradación do espazo natural, ademais da contaminación causada polo transporte dos turistas.

Efectos socioculturais:

  • Positivos: aumenta o coñecemento, promoción e conservación das culturas locais.
  • Negativos: a poboación local pode verse obrigada a emigrar ante a subida de prezos; o intercambio cultural adoita ter unha aculturación (incorporar trazos culturais doutras sociedades), o que non é malo se non se perde a identidade cultural propia.

2. ODS que se poden alcanzar e os seus obxectivos

O turismo contribúe a varios Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):

  • Contribúe á redución da pobreza e da fame.
  • Incentiva a educación: apréndense cousas doutros países.
  • Constitúe o ámbito ideal para o empoderamento: dan oportunidades ás mulleres para que se animen a crear o seu traballo.
  • Axuda a mellorar as infraestruturas e a preservar os espazos culturais e naturais.
  • Busca que haxa menos diferenza entre quen ten cartos e quen non.
  • Procura a paz e a seguridade nun lugar onde se respectan os dereitos humanos.

Apartado 4: Os Servizos Financeiros

1. Definición de servizos financeiros

Os servizos financeiros abranguen todas as actividades e negocios que se dedican a xestionar o diñeiro: o investimento, o préstamo e o aforro.

2. Institucións financeiras

  • Os bancos: a base do seu negocio é captar o diñeiro das persoas e das empresas para prestalo a cambio dun xuro.
  • As compañías de seguros: cobren os riscos que poden sufrir as persoas e os bens a cambio do pagamento dunha prima.
  • Os fondos de investimento: formado polas achegas de diñeiro dun gran número de persoas, estes son xestionados por unha sociedade que inviste o diñeiro para obter un beneficio.
  • As bolsas de valores: principais mercados financeiros en que se compran e venden accións, bonos e valores. Case todos os países teñen unha bolsa.

3. Quen controla as institucións financeiras?

Cada país conta cuns organismos de supervisión. En España esta función realízana o Mecanismo Único de Supervisión xunto co Estado, como o Banco de España.

4. Que son as TICs?

Son as Tecnoloxías da Información e da Comunicación que cambiaron a nosa maneira de relacionarnos, adquirir coñecementos, etc. Por iso son imprescindibles.

5. Medios de comunicación interpersoais e mass media

  • Interpersoais: poñen en contacto unha persoa con outra (polo teléfono, correo electrónico).
  • Mass media: informan e comunican ao público en xeral (a televisión, a prensa).

6. Fenda dixital

É a diferenza entre as xeracións de antes e de agora á hora de manexar novas tecnoloxías.

Apartado 5: Outros Servizos que Xeran Riqueza

1. Os servizos a empresas

Definición:

Son servizos que requiren as empresas no desenvolvemento da súa propia actividade.

Tipos:

  • De coñecementos: requiren unha alta formación académica e un dominio das tecnoloxías actuais, é dicir, prestan cursos para ter esa formación, axudan a seleccionar o persoal (márketing, consultoría).
  • Operativos: para manter ben a produción da empresa (limpeza, seguridade, loxística).

A importancia da externalización:

Consiste en contratar outras empresas especializadas na realización de certas tarefas. Mellora a eficiencia das empresas, permítelles aforrar custos, dar un mellor servizo á clientela e centrarse na súa actividade principal.

2. Os servizos persoais

Definición:

Diríxense a satisfacer as necesidades dunha persoa ou dun grupo reducido, co fin de mellorar o benestar das persoas. Facilítanos as empresas privadas e traballadores autónomos. Hai que pagar polo seu traballo.

Exemplos:

Servizos de lavandaría, balnearios, ximnasios, salóns de beleza.

3. Os servizos sociais

Definición:

Engloban servizos, axudas económicas e outras actuacións destinadas a mellorar o benestar da cidadanía. Desenvolvéronse da man do progreso económico e da preocupación polas desigualdades sociais, xa que queren que todas as persoas teñan un mínimo de benestar. Hoxe en día considéranse necesarios para un bo funcionamento da sociedade. Principalmente diríxense ás persoas máis vulnerables (persoas maiores, menores, persoas con discapacidade).

Exemplos:

Residencias de maiores, centros de día, comedores sociais, axudas domiciliarias.

Os Retos do Mundo Globalizado e os ODS

1. Que son os ODS?

Para impulsar o desenvolvemento dos países máis desfavorecidos, a Declaración do Milenio comprometíase a realizar os esforzos necesarios para alcanzar o mesmo benestar para todos. Eses foron os (oito) Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) utilizados ata 2015. Como os ODM non foron suficientes, en setembro de 2015 aprobáronse os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), que son 17 metas para intentar cumprilas.

2. Catro ODS e dúas propostas para o seu logro

Fin da pobreza:

Os contrastes entre países son enormes. A comezos desta época case a metade da poboación tiña uns ingresos tan escasos que non lle permitían satisfacer as necesidades básicas, o que se considera pobreza extrema. A pandemia empeorou esta situación pola perda dos postos de traballo. As mulleres, persoas con discapacidade, nenos e nenas son as máis vulnerables.

  • Ter unha pensión mínima para a xente máis pobre.
  • Ter unha balanza estable entre os ricos e os pobres.

Saúde e benestar:

Garantirlles a todas as persoas unha vida sa e un benestar mínimo, ademais de ser un Dereito Humano (DH), é unha condición para unha sociedade mellor.

  • Ter alimento e medicación para todas as persoas.
  • Darlle a mesma atención a todas as persoas independentemente da súa relixión, raza, etc.

Educación de calidade:

É a base para o desenvolvemento sostible. Segundo as Nacións Unidas, completar a educación secundaria é o mínimo para poder competir na economía mundial.

  • Poder ter unha educación básica necesaria.
  • Non permitir que traballen os nenos, xa que teñen que estudar.

Alianzas para lograr os obxectivos:

Que os países se poñan de acordo para satisfacer as necesidades das persoas para facer unha sociedade mellor.

  • Escoitar todas as opinións de cada país.
  • Propoñer a mellor opción para unha mellora da sociedade.

Descargar

PDF Word HTML