Evolución da Poesía Galega na Posguerra: Xeracións e Autores Clave

Otras lenguas extranjeras2,57 KB

Evolución da Poesía Galega na Posguerra

En Galicia, desde 1936 non se publica un libro de poemas ata 1947, Cómaros verdes. No 1949 sae a Colección Benito Soto, dirixida por Celso Emilio Ferreiro, e no ano seguinte constitúese a editorial Galaxia.

Xeracións poéticas

Podemos falar de tres xeracións poéticas diferentes:

  • Xeración do 36: A guerra cólleos na súa xuventude. Son poetas de culturas e estilos moi diferentes, como A. Cunqueiro ou Celso Emilio Ferreiro.
  • Promoción de Enlace: Viven o drama social da posguerra e a pobreza cultural dunha sociedade censurada, destacando Luz Pozo Garza.
  • Poetas das "Festas Minervais": Non coñecen a guerra civil (Manuel María, Méndez Ferrín...). Neles xa existe unha conciencia de grupo e participan nas Festas Minervais universitarias.

Tendencias e correntes literarias

Estes autores seguen as tendencias anteriores: hilozoísmo, paisaxismo... Logo irán aparecendo formas novas como o intimismo. Destaca a Escola da Tebra, co seu máximo representante Manuel Cuña Novás. A finais dos 50 xorde o realismo coloquial, que foxe da linguaxe poética abrindo o camiño á poesía socialrealista.

Autores destacados

1. Celso Emilio Ferreiro

As súas liñas principais son:

  • Intimista: Influenciada polo existencialismo: un presente pesimista, cheo de soidade e desacougo; nostalxia da infancia. Escribiu tamén poemas amorosos para Moraima.
  • Satírica: Corrosiva e crítica, que lembra as cantigas de escarnio medievais.
  • Socialrealista: Cunha linguaxe coloquial e directa. Temas: a guerra civil ou o racismo. Longa noite de pedra é unha das obras da nosa literatura máis veces reeditada.

2. Uxío Novoneyra

A súa poesía é paisaxística e moi persoal: contemplada desde unha perspectiva case mística; describe a natureza espida do Courel.

3. Xosé Luís Méndez Ferrín

Con pólvora e magnolias supón un camiño novo na literatura galega, achegando novos temas. Combina a poesía revolucionaria –a pólvora– co lirismo intimista e o luxo estético –as magnolias–. Usa o versolibrismo e multitude de referencias culturais, como o celtismo.

4. Manuel María

Autor de moitas obras e poemas musicados na segunda metade do século XX. Temas: o amor, a arte, a física, a historia ou a relixión.

Descargar

PDF Word HTML