Evolución Lingüística e Histórica da Poesía Galega Contemporánea
O proceso de normalización da lingua galega
O galego é unha lingua minorizada, xa que está nunha situación de desvantaxe con respecto ao castelán, a cal goza de maior prestixio social e desenvolve as funcións elevadas. Para superar isto, cómpre levar a cabo o proceso de normalización lingüística, co obxectivo de recuperar o uso en todos os ámbitos da vida por parte dos estamentos sociais. Tras os séculos escuros, o galego comezou o seu proceso de normalización ao longo do século XIX, ao recuperar o uso na lingua literarita. Este proceso veu un avance na preguerra, mais durante a ditadura, sufriu un retroceso.
Habería que agardar á etapa democrática para ver avances na normalización do galego, porque o novo marco legal proclamou a lingua cooficial. Para acadar o éxito deste proceso cómpre a intervención de:
- Institucións públicas: coma a Xunta de Galicia ou o Parlamento (acción de colectivos non institucionais coma a Mesa pola Normalización Lingüística).
- Acción individual: superación de prexuízos lingüísticos e mellor valoración social do galego.
Aínda que continúa a perda de falantes e perviven os prexuízos.
O galego entre 1936 e 1975
O levantamento militar de Franco triunfou en Galicia rapidamente, provocando que os organismos que tixeran importancia no primeiro terzo do século XX toquen a súa fin no 36, coa excepción da Real Academia Galega (RAG). A guerra irrompeu calquera movemento político e cultural de carácter galeguista. A ditadura exerceu represión sobre a lingua creando unha situación de diglosia extrema: o castelán volve a ser a única lingua valorada socialmente e usada nos ámbitos formais.
A ata os anos 50 non existe ninguna actividade cultural en galego excepto no exilio. Nesta década iníciase unha apertura forzada da ditadura que permite actividades culturais e editoriais na nosa lingua, destacando a creación da Editorial Galaxia. Nos anos 60 e 70 xorden partidos políticos clandestinos (PSG, UPG) e asociacións culturais que promoven o uso do galego, a RAG instaura o Día das Letras Galegas, créase a cátedra de Lingua e Literatura Galega na universidade, trunfa a poesía de compromiso social e faise unha posta ao día da narrativa.
Nestas décadas produciuse unha castelánizón masiva da sociedade, na que influíu o éxodo da poboación agraria cara ás cidades, o aumento da escolarización e a popularización dos medios de comunicación de masas, ambos só en castelán. A Editorial Galaxia elaborou unhas normas internas para simplificar o galego escrito, o que se denomina galego proestándar. Tamén contribuíron á corrección da lingua e á publicación de novos dicionarios. A principios dos anos 70 a RAG publica as primeiras normas do galego.
A poesía entre 1936 e 1976: movementos e xeracións
Rematada a Guerra Civil, instaurouse unha ditadura encarnada polo xeneral Franco que duraría ata 1975. As circunstancias desta etapa explican que na década de 1940 a única actividade cultural en galego fose desenvolvida no exilio. A recuperación da actividade cultural en Galicia iníciase en 1947 coa publicación do libro Cómaros verdes. Mais en 1950, fúndase a Editorial Galaxia, da que parten a maioría das actividades culturais do momento.
Esta situación provocou que, ao reiniciarse a actividade cultural nos anos 50, visen a luz ao mesmo tempo as obras de tres xeracións poéticas: A Xeración do 36, a Xeración da Promoción de Enlace e a Xeración das Festas Minervais ou dos 50.
A Xeración do 36
A Xeración do 36 está formada por escritores que viviron a guerra e a plasmaron nas súas obras. Son poetas de estilos moi diferentes. Primeiro, obrigados pola censura, cultivan as tendencias de preguerra; máis tarde, escriben unha poesía máis innovadora e de contido social.
Tendencias continuadoras da preguerra
- O imaxinismo: Trátase dunha poesía estética e idealista na que destaca Emilio Pita.
- O neotrobadorismo: Poesía inspirada nas cantigas de amor e de amiga. Segue esta liña Cunqueiro con Dona do corpo delgado.
- O paisaxismo: Segue unha visión mística da paisaxe. Destaca Aquilino Iglesia Alvariño con Cómaros verdes.
Tendencias propias da Xeración
- O clasicismo: Reelabora os temas e metros clásicos. Destaca Aquilino Iglesia Alvariño con Lanza de soedá.
- O intimismo: Recuperan a poesía intimista que fora desterrada pola actitude antisentimental das vangardas. O mellor exemplo é María Mariño Carou con Palabras no tempo.
- O socialrealismo: A poesía social reflicte a realidade e reivindica unha solidariedade social coas inxustizas. En Galicia consolídase con Celso Emilio Ferreiro con Longa noite de pedra.
Autores máis representativos
Os autores máis representativos son Aquilino Iglesia Alvariño, quen antes da Guerra Civil publicou Señardá e Corazón ao vento. En 1947, rachou o silencio da poesía galega trala guerra co libro Cómaros verdes, na que xa aparecen as características que definen a súa obra poética. E Celso Emilio Ferreiro, considerado o máximo representante da poesía social en Galicia. O seu primeiro libro importante é O soño sulagado, no que aparecen temas como o mundo da infancia, a realidade social... En 1962, publicou Longa noite de pedra, onde os temas sociais van adquirir maior relevancia e a voz do poeta se converte na voz da sociedade.