Figuras Clave do Rexurdimento Galego: Noriega Varela, Cabanillas, Risco, Castelao e o Grupo Nós
Noriega Varela (Mondoñedo, 1869 - Viveiro, 1947): Vencellouse ao movemento agrario e compuxo algúns poemas sobre o tema. É autor dun único libro, Do ermo. Na súa poesía trata dúas temáticas:
- O costumismo: as circunstancias da vida dos labregos.
- O lirismo da natureza: canta os aspectos máis humildes da natureza.
Ramón Cabanillas (Cambados, 1876 - 1959): Emigra á Habana. Publica os seus dous primeiros libros de poesía: No desterro e Vento Mareiro. Regresa a Galicia e participa nas Irmandades, no Grupo Nós, no Seminario de Estudos Galegas. Vincúlase ao nacionalismo e á Acción Gallega e convértese no poeta do movemento agrarista cos seus poemas de ton anticaciquil. Todo isto valeulle o apelativo de Poeta da Raza. Ingresa na Real Academia Galega. Despois da Guerra Civil volve a escribir obras en galego como Antífona da cantiga.
Vicente Risco (Ourense, 1884-1963): Únese ás Irmandades da Fala e inicia a súa etapa galeguista. Funda a revista Nós e asume a dirección literaria da mesma. No Seminario de Estudos Galegos, Risco encárgase da dirección da sección de Etnografía e Folclore. Publica na revista Nós o texto Nós, os inadaptados no que explica a súa traxectoria e evolución ideolóxica. Funda con Otero Pedrayo o Partido Nacionalista Republicano e isto no Partido Galeguista. Tras a Guerra Civil, Risco abandona a súa militancia galeguista e a súa actividade literaria en galego.
Castelao: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Nel fúndense as facetas de pintor, debuxante, narrador, dramaturgo, ensaísta e político galeguista. Naceu en Rianxo no seo dunha familia mariñeira. Reside na Pampa arxentina, estuda medicina, pero abandona definitivamente a profesión. Participa no sindicato Acción Gallega e ingresa no galeguismo ao entrar en contacto coas Irmandades da Fala, iniciando un intenso labor político. En 1920 faise cargo da dirección artística da revista Nós. En 1923 entra a formar parte do Seminario de Estudos Galegos. Presenta exposicións.
O Grupo Nós
Está formado por Vicente Risco, Florentino Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo e Antón Losada Diéguez. Comparten características comúns que os diferencian doutros escritores da época. A eles únese Castelao para a realización de proxectos artísticos, políticos e culturais. O nome do grupo procede da revista Nós. Foi a publicación máis importante da Galicia da preguerra e ocupouse das diversas facetas que compoñen a cultura galega: arqueoloxía, xeografía, historia, literatura, etc. Galicia comeza deste modo a ser obxecto de estudo e investigación. Permitiulles realizar un importante traballo en prol da cultura galega. A eles débese a modernización e europeización da nosa cultura. No plano literario, o seu principal logro foi a consolidación e modernización da prosa, tanto no ámbito da narrativa como no ensaio. No plano político, participaron das teses do nacionalismo e lideraron o Partido Galeguista.