Gramática Galega e Historia da Lingua: Latinismos, Adxectivos e Estratos
1. Exercicios prácticos de gramática
1.1. Uso dos pronomes e latinismos
- Rechea os espazos con lle/llelo...: 1. recordei llo. 2. llo. 3. llo. 4. llo. 5. llelos. 6. lla. 7. llos. 8. llas. 9. llo. 10. llelo.
- Latinismos:
- Quorum: faise rapidamente.
- Peccata minuta: falta leve.
- In vitro: artificialmente.
- Ex aequo: compartido.
- Vox populi: coñecido por todos.
- Ad litteram: literalmente.
- Ergo: logo.
- Substitúe por te e che: 1. O gardián... te... te... che. 2. Seguro que te... te... che. 3. Na revista fixéronche... te... che. 4. Por moito que te... te... che. 5. O vello nomeou... te... che. 6. Os soldados reclúen te... te... 7. Como che... te. 8. Por che... te. 9. Carlos ten que che... te... te. 10. Racharonche... te... che.
- Superlativos absolutos: máis alto, moi completo, completísimo, mellor ca, estragada estragada, óptimo, ben desfeito, o máis parvo, máis fuscado.
1.2. Examen de latinismos e outros conceptos
- Ad doc: para iso
- In vitro: en vidro
- Ex aequo: por igual
- Sine die: sen data fixa
- Vox populi: coñecido por todos
- Ad litteram: literalmente
- Sui generis: á súa maneira
- In albis: en branco
- Ergo: logo
2. O adxectivo: graos e formación
2.1. Formación sintética e analítica
Sintéticos: O sufixo -ísimo (con morfemas de xénero e número) engadido aos adxectivos en grao positivo: home fortísimo. As formacións sintéticas latinas que seguen vixentes na actualidade son menos produtivas e alternan coa forma analítica "moi + adxectivo en grao positivo" ou o "adxectivo + -ísimo": alto - supremo, baixo - ínfimo, bo - óptimo, grande - máximo, malo - pésimo, pequeno - mínimo. Exemplo: É un caldo pésimo.
Adxectivo con prefixos: re-, arqui-, super-, hiper-, ultra-, requete-,... Exemplo: ultramoderno, hipersensible.
Adxectivo con sufixos alterativos: -ón, -echo, -ucho, pero sobre todo -iño/-a, que non supón diminución, senón que expresa que a calidade se atopa nun grao moi alto: Está moi fracucho, é altiño,...
Analíticos: Construción "moi + adxectivo". Poden aparecer outros adverbios de cantidade (bastante, algo, pouco, case, abondo,...) e tamén de modo con valor cuántico (ben, extraordinariamente, tremendamente, extremadamente, sorprendentemente...): É tremendamente procaz. É parvo abondo. A repetición do adxectivo: pillabán pillabán (nivel coloquial).
2.2. Graos do adxectivo
- Positivo: indica simplemente a calidade (alto, bo...).
- Comparativo:
- Superioridade: ca, que, do que.
- Igualdade: coma e como.
- Comparativo de igualdade: coma (con pronomes persoal, subordinada condicional, de relativo). Como (con verbo).
- Comp. superior e inferior: Ca (con pronome persoal). Do que (con verbo). Que (con substantivo, adxectivo, adverbio, frase, formas persoais nominais).
- Inferioridade: ca, que, do que.
- Superlativo:
- Absoluto: grao máis alto sen comparar. Excepcións: óptimo (bo), pésimo (malo), supremo (alto), ínfimo (baixo), máximo (grande), mínimo (pequeno).
- Relativo: grao máis alto comparando con algo (artigo + máis/menos + adxectivo + de + 2º termo). Exemplo: Carme é a máis medrosa da familia.
2.3. Superlativos cultos
pulquérrimo (pulcro), crudelísimo (cruel), nobilísimo (noel/nobre), fidelísimo (fiel), celebérrimo (célebre), libérrimo (libre), acérrimo (agre), aspérrimo (áspero), magnificentísimo (magnífico), sacratísimo (sagrado), intexérrimo (íntegro), memorabilísimo (memorable), sapientísimo (sabio).
3. Formación histórica do léxico galego
O noso léxico procede do latín vulgar. Non todas as palabras foron introducidas na mesma época, polo tanto, non todas sufriron a mesma evolución.
3.1. Latinismos
Palabras que collemos na actualidade que veñen do latín e non sofren ningunha evolución fonética:
- In extremis: no límite
- Vox populi: coñecido por todos
- A priori: antes de
- A posteriori: despois de
- PM: post meridiam
- M: meridiam
- AM: ante meridiam
- Lapse: un tempo que non aparece
- Curriculum vitae: toda a nosa historia persoal
- Veni, vidi, vinci: chegou, viu e venceu (ser moi fácil)
- Vade retro: retrocede
- Excusatio non petita: escusa non pedida
- In situ: no lugar onde estades
- Quid pro quo: algo a cambio de algo
- Modus operandi: modo de facer
- Quo vadis: onde vas?
- Estatus quo: estamento, situación
- Alea iacta est: xa non hai nada que facer
- Cave canem: coidado co can
- Ipso facto: agora mesmo
- In medias res: no medio de algo
- Carpe diem: vivir o momento
- Beatus ille: feliz aquel
- Deus ex machina: personaxe que intervén para resolver unha situación
- Motu proprio: pola súa vontade
- Grosso modo: máis ou menos
- Per capita: por cabeza
- Déficit: non chegar ás expectativas
- Superávit: supera as expectativas
- Mare magnum: moitas cousas desordenadas
- Ultimatum: definitivo
- Post mortem: unha vez morto
- Ante mortem: antes de morto
- De jure: por lei
- De facto: de feito
- In albis: en branco
- Ad litteram: literalmente
- Ex professo: en especial, a propósito
- Hic et nunc: aquí e agora
- Sine die: sen data fixa
- Rara avis: cousa rara
- Honoris causa: por causa honorífica
- Mens sana in corpore sano: mente sã e corpo sano
- Vivere secum: vivir todo seguido
- Opus Dei: obra de Deus
3.2. Cultismos, semicultismos e voces patrimoniais
- Cultismos: palabras que conservamos sen cambios relevantes do latín escrito e grego.
- collocare > colocar
- cathedram > catedral
- oculum > ocular / oculista
- lactem > lácteos
- tectum > tectónico
- fructam > fructosa
- flumen > flambeado
- clavem > clave
- Semicultismos: palabras do latín con cambios fonéticos.
- delicatum > delicado
- miraculum > milagro
- flaccum > fraco
- Voz patrimonial ou popularismo: palabras procedentes do latín vulgar que evolucionaron totalmente ata chegar á forma actual.
- directum > dereito
- causam > cousa
- flamma > chama
- secare > segar
3.3. Orixe da lingua galega
O galego é o resultado da evolución no noroeste da península ibérica do latín vulgar, traído polos romanos nos séculos II e I a.C. Hai que ter en conta:
- A distancia do noso territorio de Roma.
- Os diferentes momentos na colonización e o grao de penetración.
- O nivel de instrución dos axentes da latinización.
- Os estratos lingüísticos.
4. Estratos lingüísticos na evolución do galego
4.1. Substrato prerromano
- Definición: todas as linguas asentadas nun territorio e que van desaparecer pola chegada dunha lingua culturalmente superior, pero que inflúen nesa lingua.
- Quen son: os celtas.
- Situación: 600-800 a.C. e no noroeste.
- Características: non tiñan unidade política nin lingüística e era ágrafo (non tiña escritura).
- Características fonéticas:
- Perda do -n- intervocalico latino. Exemplo: luna > lua.
- Evolución do grupo consonántico latino -ct- > -it-. Exemplo: noctem > noite.
- Sonorización das consonantes oclusivas xordas intervocalicas latinas.
- Características léxicas: o mantemento de raíz carr- (carrasca), mor- (amorado), -asc-, -usc- (ledusco, tarasca...), -égo (galego). Topónimos rematados en -obre, -abre, -ebre (alcabre, boubre). Voces como: balsa, barro, barco, laxe, centola, rodaballo, etc.
4.2. A romanización (Estrato)
- Definición: a lingua culturalmente superior que substitue a de substrato, sendo impermeable ás súas influencias.
- Quen son: os romanos.
- Situación: do s. IV a.C. ao s. V d.C. en toda a península.
- Etapas da romanización (3):
- Ata fins do I a.C.: hostilidade das tribus autóctonas contra o pobo invasor.
- Desde o 29 a.C. ata o s. III: a poboación indíxena comeza a desexar e aspirar á cidadanía romana.
- A partir do s. III: imposición definitiva do latín vulgar como única lingua oficial en todo o territorio da que se orixinaría o galego.
- Concepto de romanización: proceso histórico de incorporación dos pobos ibéricos ao mundo cultural romano, que influíu na política (Senado), ética, dereito, etc.
- Que tipo de latín nos chegou e por que? Chegounos o latín vulgar debido ao nivel de instrución dos axentes da latinización, sectores pouco cultos lingüisticamente.
4.3. Superestrato
Do latín vulgar ao galaico-portugués.
- Definición: Intenta impoñerse ás de estrato pero non o conseguen porque non eran pobos compactos, eran guerras e non tiñan moita cultura. É a influencia exercida sobre unha lingua aborixe por unha lingua invasora que desaparece ou non é adoptada ante a firmeza da lingua autóctona.
- Situación: do s. V ata o s. IX.
- Tipos:
- Xermánico: (suevos, alanos e vándalos). Xa estaban bastante latinizados cando chegaron; o número de invasores era reducido, o nivel cultural era inferior á poboación romanizada, e a organización administrativa estaba debaixo da dos romanos. Tiñan moitos antroponimos (Afonso, Luís...), moitos topónimos (-ar en Gondomar, -mil en Samil, -riz en Mondariz) e un léxico referido á guerra e costumes (espía, roupa, xabón, gañar, etc.).
- Árabe: O romance galego foi estendéndose cara ao sur conforme a "reconquista" ía gañando terreo; deste modo orixinouse o galaico-portugués. A cultura árabe comprendía saberes moi avanzados no campo da técnica e da ciencia. A achega léxica foi moi enriquecedora:
- Agricultura e gandaría: cenoria.
- A construción: albanel, azotea.
- Topónimos: Sada.
- Administración: alcalde.
- Ciencia: cifra, logaritmo.
- Outros: tambor.
- Expresión e interxeccións: oxalá, de balde.
- A reconquista: Os musulmáns penetraron na península poñendo fin á monarquía visigoda. Amplos sectores da poboación hispano-xermánica retrocederon. Outra parte da poboación cristiá permaneceu nos territorios musulmáns, onde se lles respectou a lingua, relixión e costumes (os mozárabes).