Gramática Galega e Literatura Medieval: Perífrases Verbais e Xéneros Líricos

Otras lenguas extranjeras3,91 KB

Perífrases Verbais

Perífrases Temporais

  • Futuridade: Ir / Haber (de) + infinitivo (Futuro inminente).
  • Estar (a / par) + infinitivo.
  • Anterioridade: Acabar de + infinitivo.

Perífrases Modais

  • Obligación: Deber (de) / Haber (de) / Haber que / Ter que + infinitivo.
  • Probabilidade: Deber (de) / Haber (de) / Poder + infinitivo.

Perífrases Aspectuais

  • Imperfectivas: Estar / Levar / Ir + xeorundio.
  • Perfectivas: Ter / Dar / Levar + participio.
  • Reiterativas: Volver + infinitivo, Ter + infinitivo.
  • Incoativas: Comezar a / Dar en / Poñerse a + infinitivo.
  • Terminativas: Chegar a / Acabar por + infinitivo.

Figuras e Roles na Lírica Medieval

  • Trobador: Nobre, autor das composicións; ás veces as interpretaba.
  • Segrel: Diferénciase do trobador porque este cobra por labor.
  • Menestrel: Instrumentista.
  • Xograr: Intérprete de cantigas alleas ou propias.
  • Soldadeira: Bailaban.

Cancioneiros Principais

  • Cancioneiro de Ajuda: Finais do século XII, no pazo portugués de Ajuda, contén 300 cantigas.
  • Biblioteca Vaticana: Copia de principios do século XVI descuberta no Vaticano, con 1200 cantigas dos tres xéneros.
  • Biblioteca Nacional de Lisboa: Copiado no século XVI, contén 1600 cantigas.

A Cantiga de Amigo

Temas Principais

Loubanza, amor correspondido e prohibición por causas de forza maior.

Forma Interna

Refrán, paralelismo e leixapren (repetición do segundo verso da primeira estrofa no terceiro e do segundo da segunda no primeiro da cuarta).

Forma Externa

  • Monologadas: Máis frecuentes, semellantes á cantiga de amor, pero con máis naturalidade.
  • Dialogadas: A moza entra en conversación co amigo, coa amiga ou coa nai.

Estilo e Símbolos

  • Cervo > Namorado
  • Cabelo > Virxinidade
  • Auga > Vida
  • Mar > Separación

Exemplos Destacados

Pero Meogo - Digades filha: 6 cobras con refrán (repiten versos iguais).

D. Dinis - Ai flores: Cantiga de amigo dialogada por unha muller e un piñeiro nun entorno rural e un caso extremo; emprega o leixapren e o locus amoenus.

A Cantiga de Amor

Clasificación

Cantigas de Refrán e de Mestría (non teñen refrán).

Distribución Estrófica

  • Unisonantes: Rima idéntica en todas as estrofas.
  • Singulares: Rimas diferentes en cada estrofa.
  • Dobras: Rimas idénticas cada dúas estrofas.
  • Alternas: Repiten as rimas pares e impares.

Recursos

Dobre (repetición en posición simétrica), Mordobre e Finda.

Cantigas de Escarnio e Maldicir

Buscan facer rir. O escarnio é unha sátira encuberta con dobres sentidos, mentres que as de maldicir son un ataque directo.

Temas

  • Aldraxe: O castigo.
  • Alimentario: Ridiculizar a miseria ou a avaricia.
  • Polémica social.
  • Obsceno: Referencias a órganos sexuais e erotismo.

Clasificación Temática

Sátira política, moral, social e literaria.

Descargar

PDF Word HTML