Historia das Irmandades da Fala e Figuras Clave da Literatura Galega

Otras lenguas extranjeras5,32 KB

O Nacemento e Evolución das Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala creáronse para a defensa, dignificación e cultivo do idioma. A primeira delas fundouse na Coruña en 1916, seguíndoa outras repartidas polas principais cidades e vilas de Galicia (Ferrol, Ourense, Betanzos, Santiago...).

Para difundiren o seu ideario editaron unha publicación periódica totalmente en galego: A Nosa Terra. Os seus membros máis salientables foron os irmáns Vilar Ponte, Losada Diéguez, Vicente Risco, Ramón Cabanillas, entre outros.

En 1931 créase o Partido Galeguista, que consegue a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, no que a lingua galega adquire por vez primeira o recoñecemento de "idioma oficial de Galicia". Este logro importantísimo non chegou a ter aplicación na práctica por mor do estoupido da Guerra Civil (1936), que supuxo o principio da máis crúa etapa para as linguas minorizadas do Estado español.

Figuras Clave do movemento galeguista

Ramón Cabanillas

Poeta que escribiu en lingua galega, nado e morto en Cambados (Pontevedra). A súa profunda formación clásica vénlle da súa permanencia de varios anos nun seminario. Durante algún tempo viviu en Cuba, regresando ao seu país para desempeñar diversos cargos burocráticos.

Obras principais e etapas

  • 1917: Publicou Da terra asoballada, onde abundan composicións de carácter reivindicativo da identidade política e cultural de Galicia.
  • 1913: Anteriormente xa publicara outro poemario co mesmo espírito crítico titulado Non desterro.
  • 1915 e 1927: En Vento mareiro e A rosa de cen follas, insistiu na descrición da vida e a paisaxe marinera da súa terra, así como en contar os costumes da Galicia campesiña.
  • 1949: En Camiños do tempo, recuperou o sentimento céltico pondaliano.

A Eduardo Pondal precisamente dedicou o seu discurso de ingreso na Real Academia Española en representación da lingua galega (xunto con Cotarelo Valledor) o 26 de maio de 1929. Cabanillas tamén escribiu teatro:

  • O mariscal (1926), sobre a execución do mariscal Pardo de Cela polos Reis Católicos ás portas da catedral de Mondoñedo, vendo nel a vinganza do poder central castelán contra os señores feudais galegos.
  • A man da santiña.

Antón Vilar Ponte

Xornalista e escritor en lingua galega nacido en Viveiro. Estudou Farmacia na Universidade de Santiago, viaxando a Cuba onde se dedicou ao xornalismo. Á súa volta colaborou con Ramón Cabanillas en O Mariscal, promoveu as Irmandades da Fala e creou e dirixiu a revista A Nosa Terra.

No seu libro Nacionalismo Galego: a nosa afirmación rexional, estableceu as bases dunha ideoloxía orientada a valorizar integramente a Galicia, como país coa súa propia personalidade.

Produción literaria

  • Teatro: As obras A patria do labrego (1905), Entre dous abismos (1920) e Almas mortas (1922), formaron o volume titulado Tríptico, editado en 1928. É autor tamén de Os evanxeos da risa absoluta (1934) e Nouturnio de vida e morte (1935).
  • Ensaios: Destacan O sentimento liberal na Galiza, Os nosos valores, Do cosmopolitismo e do universalismo e Da mansedume galega.
  • Xornalismo: A súa maior achega ás letras galegas foron os incontables artigos en diarios e revistas, recollidos unha selección deles en Pensamento e Sementeira. Morreu en 1936.

Xoan Vicente Viqueira

Está considerado como o mellor filósofo galego do seu tempo. Naceu en Madrid, pero de moi novo foi traído á Coruña; posteriormente viviu no pazo de San Fiz de Vixoi (Bergondo), onde pasou os derradeiros anos da súa vida.

Estudou o Bacharelato na Coruña e licenciouse en Filosofía e Letras en Madrid, completando os seus estudos en Alemaña, nas universidades máis avanzadas en Psicoloxía Experimental (Leipzig, Gotinga...). Co comezo da guerra de 1914 volveu a Madrid para impartir clases na Institución Libre de Enseñanza e no Museo Pedagóxico.

De rigurosa formación intelectual, foi autor de tratados de filosofía e psicoloxía en castelán. En galego escribiu numerosas prosas, ensaios, artigos e conferencias de carácter galeguista. Pódense considerar tres facetas na personalidade de Viqueira:

  • Como filósofo: Defendeu sempre a filosofía de acción, comprometéndose con Galicia a través da Xeración Nós e das Irmandades da Fala, xa que mantivo unha estreita relación con moitos dos seus compoñentes (Losada Dieguez, Risco, Vilar Ponte, etc.).
  • Como psicólogo: Aplica os seus coñecementos ó problema da educación. Defende a necesidade de incorporar o galego ó ensino, que a Escola Primaria debería ser o eixo da parroquia e potenciar a preparación técnica no Ensino Medio.
  • Como poeta: Exprésase sempre en galego deixando diferentes mostras líricas de temática amorosa e paisaxística, conectando coas vellas cantigas galaico-portuguesas.

Descargar

PDF Word HTML