Historia del Imperio Bizantino y el Origen del Islam: Claves Fundamentales

Otras lenguas extranjeras2,58 KB

A importancia das cidades no Imperio Bizantino

  • Ao igual que o antigo Imperio Romano, o Imperio Bizantino tiña unha organización basicamente urbana.
  • As cidades eran as sedes dos bispados, do Goberno e do Exército. Ademais, eran o centro das actividades económicas (artesanía e comercio).
  • Destacou especialmente a capital do Imperio, Constantinopla.

A relixión do Imperio Bizantino

  • No século VIII, os emperadores prohibiron o culto ás imaxes relixiosas (iconas).
  • 1054: Cisma de Oriente (separación entre a Igrexa católica romana e a Igrexa bizantina ou ortodoxa). A Igrexa católica recoñecía a autoridade do Papa e a bizantina a autoridade do Patriarca de Constantinopla.

A cultura e a arte bizantinas

  • Adopción do grego como lingua da administración e da cultura.
  • O Imperio Bizantino foi o centro cultural do Mediterráneo.
  • Na arte destacaron as basílicas de planta de cruz grega (Santa Sofía de Constantinopla), así coma as igrexas de Santo Apolinario in Classe e San Vital (ambas en Rávena).
  • O interior dos edificios relixiosos estaba decorado con mosaicos e iconas.

O nacemento do Islam

  • Esta relixión naceu no século VII na Península Arábiga.
  • Nesta época, a península arábiga estaba habitada por tribos nómades que se dedicaban ao pastoreo.
  • Os árabes eran politeístas.
  • Existían algunhas cidades importantes, como A Meca. Alí está o santuario da Kaaba, que alberga a Pedra Negra.
  • A maior parte da Península Arábiga é un medio desértico, pero na costa destacaban as cidades de Medina e A Meca, que eran importantes centros comerciais. A elas chegaban as rutas de caravanas.

Mahoma e a aparición do Islam

  • O fundador do Islam é Mahoma, quen tivo unha revelación a través do arcanxo Gabriel.
  • O Islam sostén a existencia dun único deus (Alá). Polo tanto, é unha relixión monoteísta (igual que o xudaísmo e o cristianismo).
  • Mahoma empezou a predicar a nova relixión na cidade da Meca (onde el vivía), pero a súa mensaxe non gustaba aos ricos comerciantes da cidade.
  • Por este motivo, Mahoma tivo que fuxir dende A Meca á cidade de Medina no ano 622. Esta fuxida coñécese co nome de héxira e marca o inicio do calendario musulmán.
  • Máis tarde, Mahoma conseguiu conquistar A Meca. Dende aí espallou o Islam por boa parte da península arábiga.

Descargar

PDF Word HTML