Impacto Histórico, Cultural e Lingüístico do Franquismo e a Obra de Blanco Amor en Galicia

Otras lenguas extranjeras5,67 KB

A Guerra Civil e as súas Consecuencias

A Guerra Civil tivo consecuencias profundas en múltiples niveis:

  • Políticas: instauración dunha ditadura até 1975 caracterizada pola represión das persoas que defendían a liberdade, a prohibición das linguas que non fosen o castelán e a vulneración dos dereitos humanos.
  • Sociais: supresión de dereitos fundamentais conseguidos anteriormente polos traballadores, polas mulleres e por outros colectivos.
  • Económicas: crise e involución económica, forte autarquía e escaseza de produtos básicos para as clases máis desfavorecidas.

A Posguerra: Un Tempo de Represión Cultural

A posguerra trouxo graves consecuencias para a vida cultural:

  • Clausuráronse as editoriais, as revistas e os xornais.
  • Foron fusiladas persoas relacionadas co mundo da cultura, como Ánxel Casal, Alexandre Bóveda...; outras víronse na obriga de marchar para o exilio (Luís Seoane, Castelao...) e outras foron apartadas do seu traballo (Otero Pedrayo, Carballo Calero...). Outras, finalmente, optaron por dar o seu apoio ao réxime (Risco, Álvaro Cunqueiro...).

A Oposición ao Franquismo

No interior, despois de máis dunha década de silencio na posguerra máis dura, temos que diferenciar entre:

  • Resistencia cultural: artellada a partir de 1950 que retoma a publicación de libros en galego.
  • Resistencia política: aproveitando un certo "aperturismo" e o esgotamento da ditadura xorden os partidos nacionalistas galegos de esquerdas nos anos 60.

Feitos Históricos en Galicia

  • 1941: Fúndase Astano
  • 1944: Fórmase o Consello de Galiza en Buenos Aires
  • 1947: Créase Sargadelos
  • 1950: Morre Castelao. Fúndase a editorial Galaxia
  • 1958: Abre a factoría de Citroën en Vigo. Créase o grupo Brais Pinto en Madrid.
  • 1960: Fúndase Pescanova
  • 1962: Créase Coren
  • 1963: Fúndase o Partido Socialista Galego. Suspéndese a prohibición de que os xornais publiquen textos en galego. Celébrase por primeira vez o Día das Letras Galegas
  • 1964: Fúndase a Unión do Povo Galego
  • 1965: Matan a "O Piloto", último guerrilleiro antifranquista nos montes galegos.
  • 1968: Fortes protestas estudantis en Compostela
  • 1972: Folgas obreiras en Ferrol que rematan coa morte de dous traballadores

A Obra Narrativa de Blanco Amor

A obra narrativa de Blanco Amor é de enorme importancia, pois trouxo á literatura galega novos temas e formas de narrar. En galego escribiu as novelas A esmorga (1959) e Xente ao lonxe (1972), así como o libro de relatos Os biosbardos (1962).

  • A esmorga está ambientada nos arrabaldes de Ourense. A novela constrúese como a declaración ante un xuíz dun dos personaxes, Cibrán, detido tras a tráxica morte do Bocas e o Milhomes, os seus compañeiros nunha longa fin de semana de esmorga. Narrada cunha linguaxe dura e realista, o libro consegue crear unha atmosfera tráxica e opresiva.
  • En Xente ao lonxe cóntasenos, a través dos ollos dun neno, Suso, a historia dunha familia obreira e de esquerdas, no Ourense do primeiro terzo do século XX. Narrada de xeito fragmentario e con técnicas experimentais, é unha novela emotiva e chea de forza.
  • Os biosbardos recolle sete contos onde Blanco Amor explora diversas facetas da infancia e da adolescencia.

Situación Sociolingüística Actual en Galicia

Segundo os últimos datos cuantitativos dispoñibles, proporcionados polo Instituto Galego de Estatística, o galego segue a ser a lingua maioritaria de Galicia, pero xa a moi pouca distancia do castelán.

Porén, esta situación, aparentemente positiva, agocha unha realidade na que aínda o galego non está plenamente normalizado. En primeiro lugar, debido a que a súa extensión non é igual en todo o territorio. Hai máis de 50 puntos de diferenza entre o hábitat rural e as sete cidades galegas. Ademais, a medida que descende a idade, faino tamén o uso do galego.

En segundo lugar, aínda se mantén a práctica de cambiar ao castelán en determinados ámbitos. A isto hai que engadir a influencia dos medios audiovisuais, que favorecen totalmente o castelán.

Abreviaturas Comúns

  • asdo. asinado                          cía. compañía
  • etc. etcétera                          esq. esquerda
  • asoc. asociado                          fem. feminino
  • p. ex. por exemplo                          prof. profesor
  • bibliog. bibliografía                          masc. masculino
  • doc. documento                          sr. señor

Descargar

PDF Word HTML