La Influencia del Grupo Nós en la Cultura Galega del Siglo XX
O grupo Nós está formado por Risco, Cuevillas, Otero Pedrayo, Losana Diéguez y Castelao. Todos ellos pertenecen cronológicamente á xeración das Irmandades. O nome do grupo procede da revista Nós, fundada en Ourense, e ocúpase das diversas facetas que compoñen a cultura galega. A eles débese a modernización e europeización da nosa cultura.
Vicente Risco: A narrativa de Risco destaca polo didactismo e intelectualismo, xunto co humor crítico. A súa obra máis importante é O porco de pé, que se trata dunha sátira contra a burguesía encarnada na figura de D. Celidonio. En obras de ensaio, destaca a Teoría do nacionalismo galego, que recolle as experiencias da viaxe realizada por Centroeuropa. No xénero teatral, O bufón de El-Rei sitúase na época medieval.
Ramón Otero Pedrayo: Foi o principal literato do Grupo Nós. A súa narrativa está composta por novelas longas e relatos breves. A continuación, clasificamos as súas obras:
- Obras realistas:
- 3ª persoa: Vida de Galicia
- Historias: Os camiños da vida, gran novela da literatura galega, protagonizada por dúas familias fidalgas que amosarán a súa decadencia económica.
- Obras culturalistas:
- O narrador é un personaxe que transmite as sensacións dos protagonistas.
- Consideracións históricas: Arredor de si dá conta da conversión ao galegismo dos homes do seu tempo. O protagonista viaxa por diversos lugares de España e de Europa, experimentando unha evolución ideolóxica que o leva de regreso a Galicia, transformándose nun ser maduro e consciente.
O galego no primeiro terzo do S. XX: Nas primeiras décadas do S. XX continúa o proceso de recuperación da lingua galega iniciado no século anterior durante o período de Rexurdimento.
As Irmandades da Fala, creadas en 1916 por iniciativa de Antón Vilar Ponte, teñen como obxectivo principal a normalización do galego.
No seo das Irmandades da Fala xorden o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos, que continúan a difusión do idioma. Escríbense as primeiras obras de ensaio en galego e a creación de editoriais, revistas e xornais proporcionan un incremento da actividade literaria.
En 1936 apróbanse o Estatuto de Autonomía de Galicia, que defende a cooficialidade do galego e castelán e reivindica a presenza da lingua galega no ensino. A defensa da lingua galega supuxo a necesidade de elaborar un modelo de lingua estándar.
Noriega Varela: Autor dun único libro, Montañesas, que a partir da 3ª edición cambia o seu título por Do ermo. Na súa poesía trata dúas temáticas:
- O costumismo: as circunstancias da vida dos labregos.
- O lirismo da natureza: canta os aspectos máis humildes da natureza.
Tamén publicou Virxe e a paisanaxe e unha colección de refráns e cantares populares.
Ramón Cabanillas: A súa obra é moi extensa e variada, cultivando diferentes xéneros, fundamentalmente o poético.
A súa poesía caracterízase por conxugar a tradición literaria coas novas correntes. As características da súa poesía son:
- Trazos modernistas.
- Tendencia ao sensual e colorista.
- Preciosismo verbal.
- Musicalidade.
Podemos clasificar a súa producción poética deste modo:
- Poesía lírica:
- Poesía cívica ou social de carácter agrarista e anticaciquil.
- Poesía intimista na liña de Rosalía.
- Poesía costumista que debuxa tipos de situacións e ambientes.
- Poesía narrativa: Samos, na noite estrellada.