Las Irmandades da Fala: Movimiento Galleguista, Proyecto Político y Cultural

Otras lenguas extranjeras2,72 KB

As Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala foron un movemento de defensa da cultura galega que recolleron e actualizaron as aspiracións galeguistas nacidas no século XIX co Provincialismo e co Rexionalismo.

A 1ª Irmandade fundouna na Coruña en 1913 un grupo de intelectuais galeguistas. A esta 1ª Irmandade seguironlle outras nas principais cidades e vilas do país. Os dous núcleos máis importantes foron A Coruña e Ourense. O seu órgano de expresión foi o xornal A Nosa Terra, fundado en 1916 e escrito íntegramente en galego.

O proxecto político das Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala foron esencialmente un movemento político que definiu Galicia como unha nación, é dicir, un país dotado de territorio, lingua, historia, institucións e cultura propias e diferenciadas. As súas teses políticas quedaron plasmadas en dúas obras: Teoría do Nacionalismo Galego (1920) de Vicente Risco, e Doutrina nazonalista (1921) de Ramón Villar Ponte.

O ideario político das Irmandades quedou definido na 1ª Asemblea Nacionalista, que reivindicaba os seguintes puntos:

  • Integración nunha organización federal da Península.
  • A cooficialidade lingüística do galego e do castelán.
  • A consecución dunha autonomía económica que permitise a xestión do réxime tributario.
  • O recoñecemento da parroquia como entidade xurídica.
  • A igualdade de dereitos entre home e muller.

En 1922 produciuse unha ruptura no seo das Irmandades. O núcleo coruñés (Villar Ponte…) pretendía que as Irmandades fosen un movemento de masas e que participasen na loita electoral e na política institucional. Pola contra, o grupo ourensán (Vicente Risco…) pretendía o reforzamento do seu labor cultural e de concienciación da xente. O sector encabezado por Risco resultou vencedor e as Irmandades decantáronse polas teses culturalistas.

O proxecto cultural das Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala promoveron actividades de carácter cultural:

  • Fundaron diversas editoriais para potenciar o libro en galego.
  • Crearon publicacións periódicas monolingües en galego.
  • Potenciaron o cultivo literario do galego.
  • Diversificaron os xéneros literarios, incidindo no cultivo da narrativa, da poesía e do ensaio.
  • Apoiaron o teatro en galego coa creación de compañías e a formación de actores e actrices.
  • Traduciron obras da literatura universal, demostrando a validez do galego para expresar todo tipo de ideas e conceptos.
  • Puxeron en marcha o Seminario de Estudos Galegos (1923) para estudar as distintas manifestacións da realidade galega.

Descargar

PDF Word HTML