A Literatura Galega no Exilio: Resistencia Cultural e Legado da Diáspora
A Literatura Galega no Exilio: Resistencia e Legado
A derrota do bando republicano tras a Guerra Civil española (1936-1939) trae como consecuencia a instauración dun réxime totalitario e ditatorial presidido polo xeneral Franco. Galiza pasou de aprobar en referendo maioritario o seu Estatuto de Autonomía á sublevación dos militares, iniciándose o que se deu en chamar "longa noite de pedra", tomando prestado o título do poemario de Celso Emilio Ferreiro.
Os galeguistas correron sortes diversas: asasinados uns, paseados outros (Ánxel Casal); gardando silencio algún (Pedrayo); e exiliándose.
O Exilio como Saída e Centro Cultural
O exilio foi a saída para moitos galegos, instalándose en países latinoamericanos como Arxentina, Uruguai e México. Neles xa existían comunidades galegas fundadas polos emigrantes que os acolleron e cos que traballaron en iniciativas sociais e políticas.
O centro da actividade cultural do século XX, iniciada polas Irmandades da Fala, desprázase, polo tanto, ao enclave latinoamericano. Alí, naquela época, cidades prósperas, conflúen os exiliados cos emigrados. Esta concentración axudou á dinamización da vida asociativa, reforzou as posicións políticas do galeguismo e, sobre todo, ao mantemento dunha actividade cultural e literaria que compensaba o silencio que necesariamente se produciu en Galicia.
Iniciativas Culturais Destacadas no Exilio
Cómpre destacar as seguintes iniciativas:
- A organización de exposicións, conferencias, mostras do libro galego.
- A fundación de novas editoriais (Emecé, Botella al Mar).
- Posta en marcha de revistas como Correo Literario ou programas radiofónicos como Galicia Emigrante.
- A constitución de grupos músico-corais, compañías teatrais como a Compañía Maruja Villanueva.
- A constitución de diversos organismos e entidades culturais.
- A denuncia diante de organismos internacionais como a UNESCO da persecución da cultura e do idioma galego perpetrada polo franquismo.
Campo Literario no Exilio
Poesía
O xénero poético foi o que recibiu o maior número de achegas desde a diáspora. A maior parte dos poemarios abordaban liñas temáticas que estaban vetadas en Galiza ou reflectían problemáticas específicas da colectividade exiliada e emigrada: a denuncia social e o patriotismo galego.
Luís Seoane
Desenvolveu unha intensísima actividade propagandística da causa democrática e de animador da cultura galega e arxentina.