Literatura galega: normalización lingüística, Xeración da Guerra Civil e Escola da Tebra

Otras lenguas extranjeras7,86 KB

Unidade 9: Linguas, situación sociolingüística e legal

As linguas presentan unha sorte diversa desde o punto de vista sociolingüístico e legal. Algunhas son oficiais e protexidas e promovidas polos estados, mentres que outras sofren restricións nos seus usos.

Tipos de linguas según a súa situación

  • Minoritaria: conta cun número reducido de falantes (o islandés, con cerca de 200.000). Goza de situación de normalidade, é oficial, é usada pola poboación en calquera contexto e non compite con outra.
  • Minorizada: é unha lingua de menor categoría social, non se desenvolve con normalidade e atópase nunha situación de inferioridade ao restrinxirse os seus usos.

Viabilidade e graos de vitalidade

  • En proceso de normalización: recuperan ámbitos sociais de uso (francés en Quebec).
  • En substitución: perden ámbitos de uso e falantes (provenzal, no sur de Francia).
  • Extinguidas: non hai uso nin falantes capaces de desenvolver nese idioma (África, América).
  • De normalización e substitución: gañan ámbitos de uso pero perden falantes e debilítase o uso en contextos exclusivos (galego).

O caso do galego

A aprobación da Constitución Española de 1978 e do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 supuxo o inicio da normalización do galego. A Lei de Normalización Lingüística foi aprobada en 1983, pero o documento legal non se aprobou ata 2004.

As iniciativas institucionais xorden da Dirección Xeral de Política Lingüística, dependente da Consellería de Educación, organismo dirixido ao ensino.

Ámbitos de uso

  • Sistema educativo: uso equilibrado.
  • Outros ámbitos: cursos para a formación de funcionarios e financiamento da CRTVG.
  • Ámbito rural: música folk, raíz e pop-rock.
  • Cine, teatro e cómic.
  • Incremento do número de editoriais e aumento do público.
  • Medios de comunicación: emisoras, TV locais e Internet (.gal).
  • Uso escaso: prensa escrita, mundo empresarial e Igrexa.

Desafíos actuais

A pesar dos avances, a situación de globalización supón unha presión uniformadora que implica riscos. A proxección non é eficaz, o elemento castelanizador provoca a perda de xeracións de falantes de lingua de nacenza e isto supón un perigo futuro, con risco de que a lingua pase a ser unha lingua ritual (como o gaélico en Irlanda).

Unidade 13: Literatura galega desde a Guerra Civil

Logo da Guerra Civil, produciuse a recuperación da literatura galega coa primeira mostra "Cómaros verdes" (1946), con obras en verso de Álvaro Cunqueiro, Luís Pimentel e Manuel María, entre outros.

A poesía desta etapa é a principal forma de recuperación cultural do galego, con distintas direccións:

  • Continuación da tradición paisaxística galega, con orientación hiloísta ou humanística e reflexiva.
  • Manifestacións vangardistas propias, como o neotrobadorismo.
  • Aparición de correntes máis innovadoras en dúas direccións: a poesía angustiada, existencial e pesimista (Escola da Tebra) e o compromiso social (Celso Emilio Ferreiro).

Periodización

Xeración do 36

Nados entre 1910 e 1920. Novos que publican os seus primeiros poemas en revistas. Feito que os marca: a mobilización no conflito armado, o triunfo do franquismo, o exilio, o silencio prolongado e o cambio de lingua.

Pertencen a esta xeración os que publicaron no exilio (Lorenzo Seoane, Emilio Pita, Lorenzo Varela) e os que comezaron a publicar en revistas galegas ou en "Benito Soto".

Celso Emilio Ferreiro recupera a poesía social (Intre Galego) en "Longa noite de pedra". A súa obra anterior, "O soño sulagado", é o xermolo de todos os temas dos seus libros: a saudade polo paraíso perdido da infancia, o amor, a amizade, a emigración, a angustia existencial, o antibelicismo e a reivindicación social. Descubre o rexistro satírico que levaba na nosa tradición literaria desde a Idade Media, en "Viaxe ao país dos ananos". A súa derradeira obra, "Onde o mundo se chama Celanova" (1975), expresa a nostalxia pola terra natal, a infancia e inclúe unha antoloxía de poemas de amor a Moraima.

Aquilino Iglesia Alvariño

"Cómaros verdes" (1947), Vilagarcía de Arousa. Inicia a recuperación da posguerra, con protagonismo paisaxístico, clasicismo expresivo e léxico rico. Recrea o vivir aldeán. A súa obra é variada e persoal, con influencia do hiloísmo, o neotrobadorismo, o culturalismo e o intimismo.

Álvaro Cunqueiro

É un dos máis salientables da literatura galega do século XX, tanto en poesía como en narrativa. Antes da Guerra Civil publica dous libros de vangarda e un trobadoresco. "Herba aquí ou acolá" (1980) recolle a produción poética posterior a 1950. Mantén un diálogo intenso con todo tipo de mitos (culturalismo) en primeira persoa.

Ricardo Carballo Calero

Destaca polo rigor formal e intelectual e pola indagación existencial. Reflexiona sobre o amor e o erotismo.

Xosé María Álvarez Blázquez

"Roseira do teu merecer" é unha obra salientable dedicada á súa filla Colorín. A súa obra máis importante é "Canle segredo". Son poemas neotrobadorescos e populistas, con achegas de carácter social ou intimista, onde evoca a infancia como paraíso perdido e a época de aprendizaxe en contacto coa natureza.

Outros autores

  • María Mariño: paisaxe cósmico.
  • Díaz Castro: problemático existencial e dominio técnico.
  • Luis Pimentel: considerado no grupo vangardista dos anos 25.

Promoción de Enlace

Inician a súa andaina en castelán. Son autodidactas, illados das correntes culturais europeas e carecen de órganos literarios galegos. Poetas importantes: Luz Pozo Garza (amor, sensualidade, erotismo, mar, lembranzas), Antón Tovar e Cunqueiro Novás, que participa na Escola da Tebra co "Fabulario novo" (1952), de tono existencial.

Xeración do 50 / Festas Minervais / Escola da Tebra

Nados nos anos 30 e 40, irrompen no panorama cultural galego, protagonizando a renovación formal e temática. Non coñecen a Guerra Civil, son a primeira xeración de posguerra da literatura galega. Descobren unha Europa que parecía gozar do que eles carecían (liberdade de expresión, sexual, nivel de vida). Alguns comprometéronse politicamente cos primeiros grupos nacionalistas e marxistas.

O clima existencialista en Europa xera unha poesía escura, desgarrada, pesimista, angustiada e tenebrista, que rompe coa tradición. Estas obras agrúpanse na denominación de "Escola da Tebra", en alusión ao escurantismo.

"Muiñeiro de brétemas" (1950) de Manuel María é o texto fundacional, xunto a Bernardino Graña e Méndez Ferrín. Algúns eran universitarios en Madrid, onde se formou o grupo Brais Pinto. O conflito íntimo xerou a poesía existencial, con compromiso co entorno (Manuel María).

Desenvólvese na segunda metade dos anos 60 e 70, con achega de Bernardino Graña. Serie de autores con traxectorias persoais e andainas biográficas. Uxío Novoneyra, que viviría na Serra do Courel, é coñecido como o "poeta da terra": procura na terra o sentido do home e do universo.

Descargar

PDF Word HTML