Literatura galega: poesía, prosa e teatro do Rexurdimento

Otras lenguas extranjeras3,7 KB

Poesía

Academicismo: preocupación pola forma e revalorización da épica. Florencio Vaamonde Lores, cuxa obra fundamental é "Os Calaicos", defende o galego fronte ao inglés. Alberto García Ferro realiza a mellor contribución á lírica galega no lirismo épico con "Lenda de Groria", en defensa do galego fronte ao ataque inglés do século XVI.

Popularismo: apoloxía dos costumes, tradicións, personaxes e do mundo rural galego, denunciando as inxustizas.

  • Valentín Lamas Carvajal: primeiro éxito literario con "Espiñas, follas e flores. Ramiño primeiro". Dirixe "O tío Marcos da Portela", primeiro xornal en galego, e publica "Saudades gallegas" e "A musa das lendas". No seu conxunto latexa o compromiso co galego, a defensa dos labregos e a identificación dos seus signos diferenciadores.
  • Manuel Leiras Pulpeiro: única obra "Cantares Gallegos", que combina temática civil e social en defensa do labrego ata o lirismo paisaxístico.

Prosa

Novela histórica

  • Antolín López Ferreiro: "A tecedeira de Bonaval", primeira novela moderna galega; "O castelo de Pambre", relato amoroso do século XIV, axustado á realidade histórica do conflito entre os partidarios de Pedro I e Henrique de Trastámara; e "O niño de pombas", historia amorosa ambientada nos tempos do arcebispo Xelmírez.

Narrativa popularista

Autores que describen e refiren tradicións e lendas que forman parte da cultura popular galega.

  • Valentín Lamas Carvajal: "Gallegada. Tradicións, costumes, tipos e contos da terriña", que revela un dominio lingüístico e unha marcada sensibilidade social; e "O catecismo do labrego", obra que lle daría máis popularidade, denunciando a vida dos labregos sometidos ao asoballamento do poder do Estado.

Propostas renovadoras

Apuntan cara á confección dunha narrativa moderna:

  • Heraclio Pérez Placer
  • Francisco Álvarez de Novoa

Teatro

En 1882 se desenvolve a dramaturxia galega rexionalista. A inexistencia de certames teatrais e o escaso apoio oficial deron lugar a prexuízos lingüísticos que non comprendían a presenza de actores e actrices que representasen textos escritos en galego no escenario. "A fonte de xuramento" é a peza inicial do noso teatro contemporáneo e presenta catro direccións:

  • Melodrama popularista (Galo Salinas): preocupación pola fundación dun teatro rexional, a través da "Revista Galega". Desenvolve "¡Filla...!", a obra de maior éxito, de temática sobre a honra perdida por parte dunha inocente rapaza que busca perdón e recoñecemento do seu pai.
  • Drama histórico: busca representar fragmentos da historia do noso país con afán didáctico. "Mari Castaña. Unha revolta popular" (lenda medieval lucense) critica os poderes exercidos pola Igrexa. "A torre de Peito Burdelo" de Galo Salinas.
  • Drama social: "A ponte" de Manuel Lugrís Freire e "Minia", drama.
  • Comedia socio-costumista: "O chufón" de Xesús Rodríguez López.

Descargar

PDF Word HTML