Literatura Gallega Contemporánea: Poesía, Narrativa y Ensayo de 1936 a 1976
Promoción de Enlace y Poesía
Os poetas desta xeración son considerados como epígonos da xeración de 1936.
1. Antón Tovar (Ourense)
''Non''
Tovar reflexiona continuamente sobre o sentido da vida e da morte nas súas obras. Faino dun xeito pesimista.
2. Luz Pozo Garza
A súa poética é basicamente intimista. É tamén vitalista.
''Concerto de Outono'' → madurez como poeta.
Xeración das Festas Minervais
Case todos participaron e foron premiados nas festas Minervais da Universidade de Santiago mentres eran estudantes. Estes poetas xa non viviron directamente a Guerra Civil.
1. Uxio Novoneyra
(Caural)
- Os temas paisaxísticos están presentes → ''Os ciclos'', ''Os ciclos 2''.
- Na poesía de Novoneyra non todo é paisaxístico. Distínguese unha vertente social e política.
2. Xosé Luís Méndez Ferrín
(Ourense) → Filosofía e Letras en Santiago de Compostela (SdC) → relacióhase con Otero Pedrayo → Grupo Galaxia → despois afástase → Filoloxía Románica.
Obra poética:
- ''Voce na néboa'' (existencialista).
- ''Poesía entera de Heriberto Bens''.
- ''Sirventés pola destrución de Occitania''.
- ''Con pólvora e magnolias'': Supera o discurso prosaico do socialrealismo (a pólvora) coa brillantez estética e o lirismo intimista (as magnolias).
3. Manuel María (Terra Chá)
- ''Terra Chá'' → poesía paisaxística (á par de Novoneyra).
- ''Documentos persoais'' → 1960-1970, predomina o socialrealismo.
4. Arcadio L. Casanova
É o membro máis novo da xeración. Lugo (1942).
''Mesturas'' afástase do prosaísmo socialrealista (igual que ''Con pólvora e magnolias'').
- Gran variedade temática.
A Prosa Entre 1936 e 1976: Narrativa e o Ensayo
A Editorial Galaxia fundouse en 1950.
Constitúe o alicerce (columna) de todo o sistema cultural literario galego.
Correntes Temáticas
- Narrativa continuadora do Grupo Nós: Ramón Otero Pedrayo (''Entre a vendima'', ''O señorito de Reboraina''). Intégrase nesta liña a primeira novela publicada en galego despois da Guerra Civil: ''A xente de Barreira'' (1950) de Ricardo Carballo Calero.
- Narrativa realista: Ánxel Fole.
- Realismo social: B. Amor // X. Neira Vilas.
- Narrativa fantástica: Álvaro Cunqueiro.
Ánxel Fole (Lugo)
Cursou estudos de Dereito e Filosofía e Letras, pero non chegou a rematalos. Comezou a colaborar en revistas de vangarda.
Na época da Segunda República participou activamente en política e chegou a ser secretario provincial do Partido Galeguista.
Ata a súa morte en 1986 continuou o seu labor literario e xornalístico.
Claves da Narrativa de Fole
- Reflexo da realidade galega: rural, montaña. Historias de aparecidos, de lendas...
- Recurso aos xeitos de contar propios da narración oral.
- Naturalismo lingüístico: procura reproducir a lingua oral dos paisanos galegos sen caer nos vulgarismos e dialectalismos propios da zona da montaña luguesa que retrata.
Obras
- ''A lus do candil'': 14 relatos e un prólogo que establece un marco en que uns personaxes, incomunicados nunha vella torre debido a unha nevada, deciden poñerse a contar contos.
- ''Terra braba'': O narrador é un mozo chamado Gasparo, que acede a pasar unha tempada á casa dun tío seu que é médico rural. É este mozo quen transcribe o diálogo entre o tío e tres convidados.
Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo)
Cultivou os tres xéneros (narrativa, poesía e teatro).
Antes da guerra destacou como poeta vangardista.
Actividade xornalística en Madrid.
Características
- Mestura do real co fantástico.
- Influencia da narración oral.
- Intertextualidade: a súa literatura está inzada de referencias a outros textos literarios de moi variadas tradicións (clásica, anglosaxoa, oriental...).
Obras
- ''Merlín e familia'': Merlín, coñecido personaxe da materia de Bretaña, vive na terra luguesa da Miranda acompañado da raíña Xenebra e dun grupo de criados (Felipe de Amancia), testemuña principal dos prodixios. Á casa de Merlín acoden outros moitos personaxes na procura da axuda que lles poidan proporcionar as artes máxicas do mago astúrico. As historias van encadeándose sempre nun mesmo esquema: visita, exposición do problema, resolución do caso.
- ''As crónicas do sochantre'': Ambientado na Bretaña francesa, presenta temas macabros tratados de xeito humorístico. Un sochantre (eclesiástico que dirixe un coro relixioso) encamíñase a un entroido cando é secuestrado por unha carruaxe na que viven cinco peculiares personaxes, todos defuntos.
- ''Se o vello Sinbad volvese ás illas'': Obra cunqueirina que máis se achega ao concepto moderno de novela. Estrutura máis compacta e unha trama novelesca encamiñada a un final. A narración sitúase nun tempo mítico, non histórico.
- ''Escola de menciñeiros'' (narrativa).
- ''Xente de aquí e de acolá'' (breve).
Eduardo Blanco Amor (Ourense)
Alí fixo as súas primeiras achegas ao xornalismo e á literatura. Sendo un mozo emigrou á Arxentina → contactos co nacionalismo das Irmandades e coñecemento dos poetas españois da Xeración do 27. Amizade con García Lorca, feito que resultaría decisivo para a xestación dos Seis poemas galegos do autor.
Obra Narrativa
- ''A esmorga'' → Publicado en Bos Aires tras ser vetado en Galicia. Trátase dunha novela innovadora, tanto temática como tecnicamente. A novela comeza cun apartado previo e despois arrinca a novela en si, que consiste na declaración xudicial en primeira persoa dun dos implicados nos feitos: Cibrán o Castizo, o Bocas e o Milhomes.
- Cibrán é o máis complexo, padece unha enfermidade.
- O Bocas é un personaxe violento e dominante, presa dun conflito interno pola atracción non recoñecida que sente cara ao Milhomes (xastre homosexual).
- Novela tremendista e naturalista. O conflito xurdiría entre o pobo oprimido (galego) e o pobo colonizador (castelán).
- Traxedia protagonizada por personaxes saídos dos máis baixos estratos sociais.
- ''Os biosbardos'' → Contos narrados en primeira persoa por protagonistas adolescentes en Auria. Orixe autobiográfica.
- ''Xente de lonxe'' → Derradeira novela do ambiente en Auria. Historia dunha familia, os Vilar. A través da historia dos Vilar contemplamos tamén a loita polas liberdades do proletariado e unha visión da sociedade da época, facendo referencia a episodios históricos reais. Tamén é unha novela de iniciación e aprendizaxe do narrador.
Xosé Neira Vilas
Familia Labrega.
Comezou a traballar desde moi novo e en 1949 emigrou á Arxentina. Alí tomou contacto cos intelectuais galeguistas do exilio e da emigración, e completou unha formación autodidacta.
A produción literaria de Neira Vilas é extensísima.
''Memorias dun neno labrego'': auténtico fito na historia das letras galegas.