Moral e Ética: Conceptos Fundamentais, Desenvolvemento e Correntes Filosóficas

Otras lenguas extranjeras2,79 KB

Moral e Ética: Conceptos Fundamentais e Desenvolvemento

A moral é o conxunto de principios individuais cos que xulgamos o que está ben e o que está mal. Pola súa banda, a ética é a disciplina da filosofía que reflexiona sobre os principios da moral.

Orixe e Evolución dos Termos

A palabra moral traduce a expresión latina “moralis”, que deriva de “mos” e significaba costume. A palabra ética vén do grego “ethos”, que significaba estancia ou morada. Posteriormente, Aristóteles afinou este sentido e, a partir del, pasou a significar carácter.

É fundamental salientar que non se pode xulgar moralmente ningunha conduta que non sexa levada a cabo con absoluta liberdade.

As Etapas do Desenvolvemento Moral Segundo Kohlberg

Laurence Kohlberg estudou as etapas do desenvolvemento moral do individuo, clasificándoas en tres niveis principais:

  • Nivel Preconvencional

    Corresponde aos primeiros anos de vida ata a adolescencia. Neste nivel, as normas son unha realidade externa que se respecta só atendendo ás consecuencias directas das accións.

  • Nivel Convencional

    Abrangue dende a adolescencia ata a xuventude. As persoas viven identificadas co grupo e buscan responder favorablemente ás expectativas que os outros teñen delas. Identifícase como bo ou malo aquilo que a sociedade así o considera.

  • Nivel Postconvencional

    Neste nivel, xa non se actúa en función do interese propio, senón dos intereses de persoas próximas. O nivel máis alto, que case ninguén alcanza, é o de actuar en función dos intereses de persoas que non se coñecen, baseándose en principios universais.

Universalismo e Relativismo Moral

O Universalismo Moral

O universalismo moral é a postura ética que defende a existencia dunha verdade moral universal sobre cada cuestión moral concreta. O seu iniciador foi Sócrates. Unha das súas defensas radica na consideración de que a moral permite ditar responsabilidades e obrigas, o que implica deberes éticos comúns a todos.

O Relativismo Moral

O relativismo moral é unha posición filosófica que defende que todos os puntos de vista son igualmente válidos e que toda a verdade é relativa ao individuo. Con todo, existe unha liña vermella que non se pode traspasar: os dereitos humanos e a defensa da dignidade das persoas.

A Moral Convencional dos Sofistas

Para os sofistas, non existe o ben absoluto, senón que é relativo a cada momento e circunstancia, de tal maneira que algo pode ser bo e malo á vez, dependendo do contexto e da perspectiva individual.

Descargar

PDF Word HTML