Nacionalismo y Burguesía en el Siglo XIX: Un Análisis Comparativo
A nacíón considérase que é unha comunidade de individuos que vive nun territorio e que ten a conciencia ou o sentimento de pertencer a un colectivo cuns trazos comúns que os diferencian das demais na- cións. Pero, cando se trata de destacar cales deben ser os elementos definidores básicos dunha nacíón, xorden tendencias:
A liberal, que destaca os elementos de carácter político: a nacíón está formada polo conxunto de cidadáns libres e iguais que teñer un gobernó común e están rexidos polas mesmas leis, sen importar as diferenzas culturáis ou étnicas.
A historicista, que destaca os elementos culturáis, lingüísticos étnicos: a nacíón está formada só por aqueles que falan o mesme idioma, teñen a mesma cultura ou son da mesma raza.
Liberal-historicista, mestura de ambas concepcións, destacand
os elementos que mellor recollan a identificación dunha comunida
de como nacíón.
O nacionalismo é a corrente política que considera a propia colectivi- dade como unha nacíón, con Estado independente, e defendé os seus intereses fronte ás demais. O nacionalismo deu orixe á formación de diversos movementos e partidos que causaron numerosas modifica cións no mapa europeo, empregando a axitación das masas, a violen Cía indiscriminada ou a guerra. É un fenómeno complexo que pode adoptar diversas modalidades:
De afirmación, cando os nacionalistas loitan por conseguir que a sta comunidade sexa considerada como unha nacíón e por formar un Estado propio e independente. Este proceso pode realizarse a través da separación dun Estado máis amplo -nacionalismos se- paratistas, ou mediante a uníón das distintas fraccións da nacíón repartidas entre diversos estados -nacionalismos de unificación
De consolidación ou de Estado, aqueles nacionalismos que defen den a integridade, os valores e o engrandecemento do seu Estado- nacíón independente.
Carácterísticas do Estado burgués
Os réximes políticos instalados tras o triunfo da revolución liberal carac
terizáronse por
Predominio de gobernos liberáis conservadores-repúblicas (América) ou monarquías constitucionais (Europa), nas que o Xefe de Estado (presidente ou reí) nomea o gobernó e participa na elaboración das leis.
■ A existencia de Parlamentos subordinados ao Xefe do Estado e con escasas atribucións. A maioría teñen duas cámaras. Congreso e Senado.
• Aplicación restrinxida dos dereitos e liberdades: censura para a prensa, imposición dunha única relixión oficial do Estado, limitacións á liberdade de reuníón e asociación.... AAM
■ O dereito de propiedade e de liberdade económica prima sobre
todos, polo que se prohíbe calquera intento de alterar estés dereitos.
■ Limitación do dereito de voto, reservado aos homes posuidores (burguésía dos negocios, propietarios agrarios) dun determinado ni. Vel de riqueza (sufraxio censatario).
• A corrupción do sistema electo- ral, mediante a fraude e a manipu- lación dos resultados pola actúa- ción dos caciques locais.
■ A agrupación das forzás liberáis en torno a dous partidos: o conserva- dor ou moderado e o progresista ou radical.
A exaltación patriótica, glorificado- ra do Estado e da nacíón fronte aos demais (nacionalismo de Estado), buscando a homoxeneización da poboación, eliminando as diferen- zas lingüísticas e culturáis que non coincidan coas posturas oficiáis.
A pesar do predominio conservador, fóronse introducindo reformas, se ralmente aprobadas cando gobernaban os progresistas, que foron abrin do o camiño cara á democracia, tales como:
Ampliación dos dereitos e liberdades individuáis: de opinión e prensa.
de reuníón e asociación, liberdade de cultos....
Ampliación do dereito de voto cara ao sufraxio universal masculino.
■Consolidación das prácticas parlamentarias con gobernos elixidos e responsables só ante os Parlamentos
●A consolidación do movemento obreiro
A extensión da industrialización e a ampliación de dereitos nos réximes liberáis favoreceron, a partir da década de 1880, a consolidación do r vemento obreiro, que se mantivo dividido nas dúas ideoloxías maiorita- rías de anarquistas e socialistas. Mo-
A creación dos partidos socialistas. Partidarios da acción política, os socialistas crearon en cada país partidos políticos obreiros para tratar de conquistar o poder por parte dos traballadores para transformar a socie- dade. O modelo a imitar foi o Partido Socialdemócrata alemán fundado en 1875. En España, baixo a dirección do ferrolán Pablo Iglesias Posse, fundouse o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) en 1879.
• A multiplicación de sindicatos. Tanto socialistas como anarquistas crearon e mantiveron numerosos sindicatos que competían por afiliar nas súas organizacións a clase traballadora. Así mesmo, crearon federacións de sindicatos, tanto a nivel local como a nivel nacional. En España, os sindicatos anarquistas agrupáronse nas Federacións Locais obreiras e na Federación de Traballadores da Rexión Española (1881), e despois na Confederación
Nacional do Traballo: CNT (1910). Os socialistas agrupáronse na Uníón Xeral de Traballadores: UXT (1888).
■ A Segunda Internacional. Creouse en París en 1889 con motivo da celebración do centenario da Revolución francesa, e coa finalidade de renovar os lazos de solidariedade internacional obreira. Estivo formada polos partidos e organizacións socialistas, sendo excluídos os anarquistas. Ao longo da súa existencia tomou diversos acordos, entre os que destacan: a loita pola xornada de traballo limitada a oito horas diarias, o mantemento da revolución como medio para transformar a sociedade, o establecemento dun día mundial da loita obreira, a defensa da paz e o rexeitamento da guerra e da explotación colonial.
• A celebración dos días internacionais obreiros. A Segunda Inter- nacional acordou a celebración do Primeiro de Maio como día inter- nacional da loita obreira, co compromiso de loitar en todos os países
pola xornada máxima de 8 horas de traballo. A data estableceuse en lembranza da manifestación celebrada en 1886 en Chicago e pola que sete anarquistas foron inxustamente condenados a morte. En 1910 estableceuse o Dia da Muller Traballadora, fixado rio 8 de Marzo en lembranza das 124 mulleres que morreron abrasadas, nunha fábrica téxtil de Nova York, polo incendio provocado para facelas abandonar o encerró co que protestaban polas pésimas condicións laboráis e sa lariais nas que eran obrigadas a traballar.
York, polo incendio provocado para facelas abandonar o encerró co que protestaban polas pésimas condicións laboráis e sa lariais nas que eran obrigadas a traballar.
Os dereitos políticos das mulleres
Aínda que as declaracións liberáis e as Constitucións falaban da igual dade de todos ante a leí, as mulleres foron excluidas do exercicio dos dereitos políticos. Xa na época da Revolución francesa xurdiron voces fe mininas (Olympe de Gouges, Mary Wollstonecraft) que esixian a partici pacíón política e a igualdade que proclamaba o liberalismo (Declaración de Dereitos da Muller de 1789, Reivindicación dos Dereitos da Muller de 1792), pero non foron escoitadas.
Ao longo de todo o século XIX, o debate sobre os dereitos da muller foise intensificando e radicalizando. En 1848, unha asemblea de mulle res reunidas en Séneca Falls (Nova York), lideradas por Elizabeth Cady Stanton e Lucrecia Mott, esixiu o dereito ao voto. A partir de 1860, kur diu en EE UU, Gran Bretaña e Francia o movemento sufraxista, que loitaba por lograr o recoñecemento do sufrazio feminino. A partir de 1903, dirixidas por Emmeline Pankhurst, as sufrazistas desenvolverun campañas de protesta cada vez máis combativas con manifestacions, mi tins, folgas de fame... Que conmocionaron a opinión pública. A conquista do voto feminino foi lenta. Nova Celandia foi o primeiro palé en recoñe celo en 1893, seguido de Australia,
Finlandia e Noruega.
Segunda revolución industrial. Ciencia e tecnoloxía
A partir das décadas de 1860-1870 e ata o inicio da Primeira Guerra Mundial producironse importantes innovacións técnicas, industriáis e empresariais que permiten diferenciar unha se- gunda revolución industrial. Este desenvolvemento foi posible grazas á aplicación dos avances científicos à industria, o que permitiu a aparición de numerosas máquinas que foron a base da renovación e innovación tecnolóxica da época.
●A Segunda Revolución Industrial
Esta revolución estendeuse por Europa e América, alcanzando tamén a Xapón. Gran Bretaña conservou a primacía industrial en forte compe- tencia cos EE UU e Alemaña. As carácterísticas básicas desta segunda revolución industrial son:
■ Novas fontes de enerxía. O carbón seguiu sendo a fonte de enerxia básica, pero cada vez foron tendo maior uso outras novas, especial mente o petróleo, empregado especialmente como combustible para motores, e a electricidade, con múltiples aplicacións:
iluminación de casas e cidades, enerxia motriz para máquinas e medios de transporte enerxía eléctrica para aparatos domésticos...
Novos sectores industriáis, entre os que destacou o siderometalúr- xico, no que se perfeccionou a obtención do ferro e a sua transforma- ción en aceiro; ademáis, comezaron a utilizarse novos metáis e aliaxes, como o aluminio. A industria química renovouse completamente gra- zas a numerosos inventos: colorantes, explosivos, pinturas, fibras sinté- ticas, plásticos... A nacente industria eléctrica fabricou gran cantidade de motores, turbinas e aparatos electrodomésticos. Os transportes re- volucionaron os sistemas tradicionais coa invención do motor de explo- sión, orixe do automóbil e o avión; a electricidade aplicada ao transpor- te permitiu a construción dos trens eléctricos, o tranvía e o metro.
Nova organización do traballo, buscando producir máis no menor tempo posible para reducir os custos de fabricación e incrementar os beneficios. En EE UU, o enxeñeiro Frederick W. Taylor introduciu a observación das tarefas realizadas polos obreiros dunha fábrica para logo racionalizar ese traballo mediante a reducíón de movementos inútiles, co obxectivo de obter o máximo rendemento
(taylorismo). O empresario Henry Ford ideou a fabricación en serie en cadeas de montaxe (fordismo), de modo que os obreiros permanecían no seu posto de traballo realizando sempre a mesma tarefa sobre a peza, que lles chegaba por unha cinta transportadora; ao mesmo tempo, pagaba elevados salarios e facilitaba boas condicións de vida aos seus traba- lladores para incentivar o seu interese e produtividade.
Novas formas de organización empresarial, orixinadas pola necesi dade de contar con grandes recursos financeiros, así como o desexo de dominar os mercados e obter os máximos beneficios. Así naceron as so- ciedades anónimas por accións, nas que cada socio achega capitais mediante a compra de accións da empresa en Bolsa; o cartel, un convenio entre empresas dun mesmo sector polo que se reparten zonas de mer- cado e fixan os prezos; o trust, unha fusión de varias empresas que dan lugar a unha nova empresa que trata de controlar un sector de producíón; co holding, un grupo de empresas controladas por
unha sociedade que posúe a maioria das súas accións. Estas actuacións favorecen as concen- tracións empresariais e deron lugar á formación de imperios económicos dirixidos por magnates como Rockefeller no petróleo, Carnegie no aceiro, Morgan na banca, Hearts na prensa, Ritz na hostalería...
EXPANSIÓN COLONIAL E IMPERIALISMO
Desde 1830, pero de modo máis intenso a partir de 1870, as principais potencias europeas, mái EEUU e Xapón, desenvolveron unha activa política de expansión e dominación política, econó mica e militar fóra das súas fronteiras imperialismo, conquistando e ocupando numerosos territorios en África, Asía e o Pacifico e transformando eses territorios en colonias de explots ción e de poboamento-colonialismo
O reparto do mundo
No século XIX, enormes extensións de te rritorios situados en África, Asía e o Pací fico foron conquistados e ocupados por un número reducido de países,
O proceso foi iniciado por Gran Bre taña e Francia,
pero a partir de 18706 interese por dominar e posuír colonias aumentou, sumándose novos países proceso de conquista.
☐ África foi obxecto de especial interese e o progresivo avance da colonización orixinou un crecente choque de intere- ses, especialmente pola ocupación da zona do Congo. Para evitar os enfron- tamentos, en 1885 os países interesa- dos na posesión de colonias, reuníronse na Conferencia de Berlín, convocados por Bismarck. Nela acordaron os crite ríos que debían rexer a colonización:
‣ Unicamente a posesión da costa daba dereito a colonizar o interior; para posuír un territorio había que ocupa- lo de forma efectiva.
▸ A navegación dos ríos Congo e Nixer sería libre.
▸ O territorio do Congo era unha po- sesíón persoal do reí Leopoldo II de Bélxica, coa obriga de manter a dade de comercio na zona.
Causas da expansión colonial Foron múltiples e variadas, destacando as seguintes
Económicas, relacionadas coa expansión da revolución indus- trial e do capitalismo. Foron os países industrializados os que máis colonizaron, xa que necesitaban: territorios que subminis- trasen materias primas para as súas industrias; alimentos para a crecente poboación das súas cidades; mercados exclusivos onde vender os produtos elaborados polas súas fábricas; investir os capitais acumulados polos seus bancos. A posesión dunha colo- nía era unha seguridade para os industriáis, comerciantes e fi- nanceiros da metrópole (país dominador), xa que dispuñan dun mercado en exclusiva e sen competencia.
■ Políticas, relacionadas co prestixio da nacíón. A posesión de co- lonias asociábase nesta época ao poder e á grandeza dun Esta- do; cantas máis colonias tiña, máis poderoso se consideraba un país.
Demográficas e sociais, para que puidese asentarse nas colo- nías a poboación que vivía con dificultades na metrópole e, ao mesmo tempo, a súa marcha aliviaba as tensións sociais provo- cadas
polas reivindicacións do movemento obreiro.
■ Ideolóxicas, relacionadas coa crenza na superioridade da raza branca e no seu deber de levar a civilización ao resto dos pobos do mundo.
Consecuencias da colonización
En xeral foron positivas para os intereses industriáis e comerciáis das potencias colonizadoras, pero negativas para as sociedades do- minadas: guerras de conquista, masacres, desprezo cultural e étni- co, alteración das fronteiras tribais e culturáis, materias primas e man de obra explotadas brutalmente, desenvolvemento económico en beneficio exclusivo da metrópole... Tamén é certo que os coloni- zadores levaron os avances técnicos e médicos e as novas correntes ideolóxicas occidentais (liberalismo, socialismo).
Galicia, terra de caciques Entre as causas que favoreceron o poder dos caciques en Galicia destac
O atraso socioeconómico: o predominio do rural, a poboamento, o escaso desenvolvemento económico e a Estado en Galicia favoreceron a extensión de redes caciquís base no intercambio de votos por favores económicos e políticos (car concesións, recomendacións, exencións...). Dispersión debilidade
O control do poder político por unhas poucas familias, asocia aos distintos partidos liberáis gobernantes, de modo que concelle alcaldes, secretarios, deputados provinciais, deputados do Cong e senadores dependían delas. Destacaron catro familias de cacio dúas do Partido Conservador -Bugallal e González Besada e da Partido Liberal -Montero Ríos e Gasset. Elas controlaban os negó e a política no seu territorio de influencia. Era unha situación es que facía inútiles as eleccións e imposibles os cambios.
A lenta transformación económica Os cambios que noutras zonas introduciron a modernización da eta
mía foron pouco significativos en Galicia.
A agricultura seguiu sendo a principal fonte de riqueza e na que ballaba a maioría da poboación. Pero o campo galego presentaba ves problemas relacionados co réxime de propiedade (mantema do sistema foral) e coas reducidas dimensións das explotacións nifundio) que a incapacitaban para o desenvolvemento capitalis comercial.
A comezos do século XX xurdiu o agrarismo, un complexo m mentó de protesta que reclamaba a supresión dos foros para qu campesiños foreiros se convertesen en propietarios; nestas reivin cións destacou o crego Basilio Álvarez. O envío de capitais dos grantes desde América permitiu a moitas familias rescatar os e facerse coa propiedade das terras, así como introducir mellora especialización na cría do gando vacún (carne e leite).
A industrialización foi moi lenta e afectou especialmente as a dades relacionadas coa pesca. A partir de 1880 instaláronse n rosas conserveiras de peixe, especialmente sardiña, nas rías ga (Alonso, Curbera, Massó, Cerqueira, Alfageme...) que daban tra a outros sectores (madeira, folla de lata, motores...). Tamén tive portancia a construción naval en Ferrol e Vigo, así como a proda hidroeléctrica.
A emigración cara a América
O incremento da poboación e a debilidade do desenvolvemento económico fixeron que, des- de 1860, milleiros de galegos marcharan cara a América Latina, especialmente a Arxentina, Uru- guai, Venezuela e Cuba; a maioría saíron dos por- tos da Coruña e Vigo. Desde América enviaban capitais a Galicia, e algúns retornaron enrique- cidos (os indianos); eses capitais serviron para construír numerosas escolás, facilitaron a reno- vación agraria, e posibilitaron a adquisición da propiedade das terras que traballaban as familias como foreiros.
A debilidade das forzás opositoras
O peso do caciquismo, o atraso económico, a escasa industrialización, fixeron que as forzás opositoras á monarquía conservadora da Restaura- ción borbónica fosen minoritarias.
O movemento obreiro só tivo importancia en determinadas cidades. Con predominio dos anarquistas na Coruña e dos socialistas en Ferrol e Vigo.
Os republicanos, vinculados fundamentalmente coas clases medias urbanas (avogados, médicos,
funcionarios, comerciantes...), estaban divididos (federáis, progresistas...). Tiñan importancia nalgúns nú- cleos como Pontevedra, pero sobre todo na Coruña onde, agrupados en torno ao Casino Republicano, controlaban o gobernó municipal, contando ademáis con líderes de forte carisma popular (Pérez Costa- les, o médico Rodríguez, Moreno Barcia, os Casares...). Aos republi- canos federáis débeselles a primeira formulación do autogoberno de Galicia reflectida no Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galaico (1883).
O movemento rexionalista iniciouse na década de 1880, reivindi- cando a lingua e a especificidade de Galicia, e foi evolucionado cara ao nacionalismo.
A Primeira Guerra Mundial
O 28 de xuño de 1914 un nacionalista serbio asasinou en Saraxevo o príncipe Francisco Fema do, herdeiro do Imperio austrohungaro. Nunha reacción en cadea, a maioria dos palace entran en guerra (moi poucos permaneceron neutrals, entre eles España) dando lugar A maior g vivida ata ese momento en Europa (a Gran Guerra). A implicación na guerra das colonias dos países europeos e tamén de EEUU e Xapón deulle unha dimensión mundial.
As causas da Gran Guerra
As causas foron as tensions entre os contendentes, destacando
Tensións nos Balcáns, pola delimitación das fronteiras dos países xurdidos tras a expulsión dos turcos da zona. Ademáis, existían amb reivindicacións nacionalistas, especialmente serbias, que ameazabans Imperio austrohúngaro coa súa disgregación.
Rivalidades imperialistas entre as grandes potencias: Austria Hon gría e Rusia polo control dos Balcáns; Francia e Alemaña por Alsacia e Lorena: Inglaterra e Alemaña pola supremacía naval e comercial Ademáis, estaban enfrontadas pola súa vontade expansionista de dominio sobre as demais.
■ Carreira de armamentos, en constante aumento, e a diplomacia se- creta, pactando alianzas en previsión dunha guerra, motivos que au- mentaron a desconfianza e a sospeita sobre as intencións dos posibles inimigos. Esas alianzas configuraron dous bloques antagónicos: un formado por Alemaña e Austria-Hungría, e outro por Francia, Rusia e Gran Bretaña.
■ A consideración da guerra como medio lexítimo
para resolver os conflitos, medida apoiada polos xefes militares e políticos, así como polas masas populares que confiaban na superioridade da súa nacíón fronte ás demais (patriotismo agresivo).
Fases da guerra
A Gran Guerra enfrontou os Imperios centráis: Alemaña e Austria- Hungría, aos que se sumarían despois o Imperio turco e Bulgaria, contra os Aliados: Serbia, Rusia, Francia, Bélxica, Gran Bretaña e Montenegro. As que se uniron Xapón, Italia, Portugal, Románía, EE UU e Grecia. Diferencianse catro fases:
Guerra de movementos, 1914. Os alemáns ocuparon rápidamente Bélxica e chegaron ás portas de París, pero foron detidos polos france- ses no Marne. No leste, os alemáns detiyeron o avance ruso, pero os austrohungaros retrocederon en Galitzia En Oriente medio, os turcos rexeitaron os ataques de ingleses e rusos.
Guerra de posicións, 1915-16. No oeste e en Italia as frontes de guerra quedaron detidas, construíndose numerosas trincheiras e for- rificacións. No mar, os alemáns intentaron romper o bloqueo aliado cos submarinos. Na fronte do leste, os alemáns e os seus aliados avan- zaron e ocuparon Serbia, Románía e
extensas zonas do Imperio ruso. En Oriente medio, os turcos contiveron os ingleses, pero cederon po- sicións ante os ataques rusos.
A crise de 1917. Nese ano tiveron lugar importantes modificacións
que marcaron a evolución do conflito. EE UU entraron na gue- rra contra Alemaña, como réplica aos ataques submarinos aos seus barcos e en defensa dos seus intereses financeiros xa que fixeran elevados préstamos a Francia e Gran Bretaña Na fronte oriental, en Marzo de 1918 produciuse a retirada de Rusia, que asinou a paz coas potencias centráis a cambio da perda de territorios (Tratado de Brest-Litovsk). En Oriente medio, a revolta dos árabes contra os turcos beneficiou os Aliados, que avanzaron por Palestina e Mesopo tamia.
Derrota das potencias centráis, 1918. A desaparición da fronte do leste permitiu aos alemáns concentrar as súas tropas no oeste, pero acasaron nos seus ataques. Os Aliados reforzados coas achegas es tadounidenses, lanzaron ofensivas vitoriosas en todas as frontes, o que obrigou as potencias centráis a pedir a paz, asínándose o armisti- cio o 11 de novembro.
As novas formas da guerra A Gran Guerra FOL un enfrontamento diferente aos anteriores debido ao número de países enfrontados e ás novidades que se introduciron n
combate:
Grandes exércitos, formados por centos de miles de soldados recru
tados polo sistema do servizo obrigatorio. Emprego de novos armamentos e novas formas de loita. Os avan ces industriáis e técnicos permitiron fabricar enormes cantidades de armamento cunha gran capacidade destrutiva: fusís de repetición, metralladoras, canóns de largo alcance, granadas, acoirazados, somer. Xibles, avións de combate... Que cambiaron as estratexias de combate Apareceu a trincheira, protexida por metralladoras, aramados, canóns e fortificacións, que anulaba as ofensivas e obrigou a buscar novos medios para intentar vencer, como o emprego de ataques masivos de artillería, gases asfixiantes e tanques. Tamén se desenvolveron os com bates e bombardeos aéreos, o bloqueo naval e a guerra submarina.
Mobilización de todos os recursos para facer fronte ás necesidades da guerra. Os gobernos adoptaron medidas extraordinarias, contro landó as actividades económicas e sometendo a racionamento os alimentos (economía de guerra), en beneficio da producíón de armas e do abastecemento dos exércitos. Para fortalecer a moral recorreuse à propaganda e á censura das noticias.
Os tratados de paz e a Sociedade de Nacíóns
Os países vencedores reuníronse en 1919 en París para fixar as condi cións da paz. Asinouse un tratado diferente con cada un dos vencidos.
O máis significativo foi o Tratado de Versalles con Alemaña, que es- tablecía que esta era a principal responsable da guerra, polo que tiña que pagar cuantiosas indemnizacións polos danos causados. Ademáis debía suprimir o servizo militar obrigatorio e desarmar ao seu exérci to; ceder territorios a Francia (Alsacia e Lorena), Bélxica, Dinamarca e Polonia, e perder as súas colonias. Os alemáns asinaron o Tratado, pero nunca o aceptaron por consideralo inxusto.
Co obxectivo de evitar a guerra e velar pola paz mun- dial, creouse a Sociedade de Nacíóns. Nun principio estivo constituída polos países vencedores e neutrais, máis tarde foron admitidos novos membros, entre eles Alemaña e a Uníón Soviética, inicialmente excluídos Os EE UU non formaron parte dela, a pesar de que idea inicial de formar esta organización foi do seu pre- sidente Wilson. A SdN evitou algúns conflitos menores nas décadas de 1920 e 1930, pero resultou ineficaz ante as agresións das grandes potencias.
●AS Primeiras Formas de Protesta e de
Organización Obreiras:
Para conseguir melloras das súas condicións de salario e traballo, os obreiros e xornaleiros empregaron diversos medios.
. A destrución das máquinas. As primeiras protestas tiveron un ca- rácter violento e espontáneo: a destrución das máquinas, consideradas culpables do empeoramento das condicións laboráis e do desemprego. Estas accións reciben o nome de ludismo, en lembranza de Ned Ludd, un obreiro téxtil inglés que a tradición considera como o primeiro que esnaquizou a súa máquina de traballo.
As accións ludistas producironse nos inicios da introducíón das má quinas en fábricas e campos, e continuaron durante décadas como actos puntuáis. En Inglaterra producíronse a fináis do século XVIII e comezos do XIX; en España a partir da década de 1820. En Galicia foi significativa a destrución das máquinas realizada na fábrica de tabacos da Coruña en 1857.
As sociedades obreiras. Para loitar unidos na procura de melloras, os traballadores crearon asociacións, a pesar das prohibicións das auto- ridades porque consideraban que ameazaban a liberdade económica. Nos primeiros momentos formaron sociedades de socorro mutuo, para axudarse en casos de paro ou enfermidade.
Máis tarde crearon uníóns de oficio ou sindicatos que agrupaban os traballadores dunha mesma fábrica ou da mesma profesión dunha cidade. Posteriormente formaron sindicatos xerais nos que se in- tegraban obreiros de distintos oficios e de todo o país. Non foi un proceso continuo, senón que estivo suxeito a avances e retrocesos, segundo o ritmo da extensión da industrialización. En Inglaterra os sindicatos foron legalizados en 1824, pero en España houbo que agardar a 1887.
A protesta organizada. Unha medida moi empregada polos obreiros foi a folga ou paro masivo no traballo, buscando que, ante as perdas causadas, os patróns aceptasen as súas peticións. Pero a folga preci saba da uníón e organización dos traballadores e de que estés tivesen capacidade de resistencia económica para poder subsistir. En moitos casos, a necesidade obrigou os obreiros a volver ao traballo sen conse guir os seus obxectivos.
●O socialismo marxista
É o movemento ideolóxico e político que xorde como reacción ás conse- cuencias negativas que provocaba a revolución industrial e a extensión do capitalismo. Os seus creadores foron Karl Marx e Friedrich Engels. Os principios básicos quedaron esbozados en 1848 coa publicación do Manifestó comunista no que se establece que:
■ As condicións materiais e económicas determinan a estrutura so- cial e política dunha comunidade..
A industrialización provoca o triunfo e dominio da burguésía, pero
tamén o desenvolvemento do proletariado, numeroso e sometido.
Toda a historia da humanidade é unha historia de loita de clases, de oprimidos contra opresores. Esa loita de clases é a que debe trans- formar o sistema vixente. Na sociedade industrial, as clases enfronta- das son a burguésía e o proletariado.
Para modificar a súa situación, o proletariado debe organizarse e con-
quistar o poder mediante a revolución.
☐ Unha vez controlado o poder, establécese a ditadura do proletariado, expropiando a propiedade privada e os medios financeiros e de produ- ción, que pasarán ao Estado.
Unha vez eliminadas as condicións que permiten o dominio da bur- guesía e que toda a producíón estea concentrada en mans do Estado, desaparecerán as diferenzas de clase e a opresión, quedando estable- cida a nova sociedade comunista, o obxectivo final dos cambios que propón o marxismo.
As ideas de Marx fóronse estendendo por Europa e numerosas organiza- cións obreiras asumiron as súas propostas. En España foi Paúl Lafargue, xenro de Marx, quen as introduciu e divulgou, a partir de 1871.
O anarquismo
Movemento ideolóxico e sindical xurdido, igual que o socia lismo marxista, como reacción ás fortes desigualdades socia provocadas pola industrialización. Entre os seus líderes e sadores destacaron Mijail Bakunin e Piotr Kropotkin. Non un movemento homoxéneo, pero todas as variantes principio da eliminación de todo tipo de poder e o respecto liberdade individual nunha sociedade igualitaria. O seu obxec tivo básico é a transformación revolucionaria da sociedade diante: me. E pen aceptan
■ Abolición do Estado e a eliminación de todo tipo de autori dade e institucións (políticas, militares, policiais, relixiosas, económicas...).
Eliminación da propiedade privada.
Supresión de todo tipo de diferenza social e económica para establecer unha nova sociedade sen clases, baseada na l berdade individual, na igualdade social e na solidariedade humana.
■ Organización da vida social en comunas ou libres asocia cións de produtores e consumidores. Todos os recursos e os traballos da comuna son patrimonio común, usados según do as normas voluntariamente
establecidas pola colectivida de. A organización do traballo e da producíón debe basear se na autoxestión e na responsabilidade individual, libre e conscientemente asumida e en beneficio da sociedade. Na comuna, suprímese o salario ao considerarse que o traballo realizado por cada quen lle dá dereito a satisfacer as súas necesidades nos recursos que ten a comuna.
■ Instrución e educación baseada en principios científicos e lai. COS.
■ Formación da familia sobre a base do amor, libre de todo vín. Culo legal e de todo prexuízo relixioso.
■ Abolición das fronteiras e das nacíóns, substituídas pola fede ración libre de comunas solidarias.
Para lograr esta transformación, os anarquistas rexeitaban loita política (por iso se abstiñan de participar nas eleccións e defendían a vía revolucionaria, aínda que por diferentes medios; a maioría defendían a folga revolucionaria e outros os atentados contra os representantes do poder.
En España o anarquismo foi introducido en 1868 por Giuseppe Fanelli, amigo de Bakunin, e tivo gran influencia no movemento obreiro, especialmente en Cataluña, Levante e Andalucía.
•A Asociación Internacional de Traballadores
Co desenvolvemento da industrialización, os líderes obreiros foron cons- cientes de que os problemas que os afectaban eran comúns en todos os países e de que era necesario asociarse para dar máis forzá ás súas reivindi- cacións.
Fundación da Primeira Internacional. En 1864 reuníronse en Londres representantes de organizacións obreiras de todas as tendencias e consti- tuíron a Asociación Internacional de Traballadores (AIT) ou Primeira In- ternacional. Os seus obxectivos eran potenciar o asociacionismo obreiro e concienciar os traballadores para loitar unidos pola súa emancipación.
■ Expansión da Internacional. Pouco a pouco fóronse sumando á AIT sin- dicatos e organizacións. En España creouse, en 1870 en Barcelona, a Fe- deración Rexional Española (FRE) da AIT integrada por distintas sec- cións e federacións locais, tanto dos núcleos industriáis como do campo, alcanzando un forte desenvolvemento en Cataluña, Levante e Andalucía. En Galicia destacou a federación local da Coruña.
Tensión no seo da AIT. O desenvolvemento da AIT viuse tronzado polas disputas internas que enfrontaron socialistas marxistas e anarquistas e os seus principais líderes polo control da asociación e do movemento obreiro internacional, así como polas estratexias a seguir para conseguir a socie- dade igualitaria. As ideas marxistas de conquistar o poder e impoñer a ditadura do proletariado chocaban frontalmente coas ideas anarquistas de desprezo da loita política e de oposición radical a calquera tipo de poder.
• Escisión da AIT e do movemento obreiro. Como consecuencia do en- frontamento entre socialistas e anarquistas, no Congreso da Haia de 1872 foron expulsados da AIT Bakunin e os seus partidarios. Como resposta, nese mesmo ano, os anarquistas reunidos no Congreso de Saint-Imier de- cidiron condenar os postulados marxistas e seguir asociados. En España, FRE declarouse maioritariamente anarquista. Paralelamente, o temor á revolución obreira fixo que os distintos gobernos prohibisen a actividade da AIT, que acabou por disolverse en 1876.