Percorrido Histórico: Guerra Civil e Franquismo en España
Agonía do Franquismo
Debido á avanzada idade do ditador, viuse obrigado a nomear en 1969 a Juan Carlos de Borbón como futuro sucesor e a delegar no almirante Carrero Blanco o cargo de xefe de estado. O atentado contra Carrero Blanco debilitou as políticas falanxistas, como podemos ver no doc. 1, que é un comunicado que fixo ETA en 1973. Nel reivindican o atentado e din que era necesario para acabar coa continuidade do sistema falanxista, pois Carrero Blanco era duro, violento e represivo. A partir deste momento incrementáronse as forzas opositoras.
Eran anos de folgas debido á enorme crise económica que afectaba a toda España. Nisto atopamos o doc. 2, no que se representa a evolución do número de folgas desde 1971 a 1975, pasando de algo máis de 500 a máis de 8000. No doc. 3, que é unha viñeta humorística, aparece España tintada de negro para representar as zonas de crise.
Carrero Blanco foi substituído por Arias Navarro. A crise continuaba; a progresiva decadencia de Franco, as disputas entre franquistas, o incremento do prezo do petróleo e tamén a estratexia de mobilizar España por parte dos partidos antifranquistas e os sindicatos.
No doc. 4, J.A. Girón de Velasco, no seu discurso ao ser nomeado presidente da Confederación Nacional de Excombatentes, négase a aceptar que, despois de tanto sacrificio, alguén lles queira arrebatar a vitoria.
Tamén afectou a Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974 en Portugal, na que Portugal deixaba a ditadura atrás e convertíase nun país libre. A debilidade de Marrocos e tamén a mobilidade dos grupos de oposición. O PCE funda a Xunta Democrática, como aparece reflectido no doc. 5. As propostas da Xunta foron feitas en París en xullo de 1974.
Entre as propostas estaban:
- Devolverlles as liberdades, dereitos e deberes aos homes e mulleres españois.
- Pedir amnistía absoluta por feitos de natureza política ou sindical.
- Legalizar os partidos políticos sen exclusións.
- Celebrar unha consulta popular para elixir definitivamente a forma de estado.
Despois dunha vaga de atentados terroristas, Franco decide a execución de cinco membros de ETA e do FRAP, provocando unha protesta internacional contra a pena de morte que provocou un illamento político.
Evolución da Sociedade no Franquismo
A sociedade franquista. Os primeiros anos da posguerra foron os máis duros: mortes, lisiados e sobre todo escaseza de alimentos. No doc. 1, o poeta Manuel María lembra os anos da súa infancia en Outeiro de Rei e fala da existencia de cartillas de "racionamento" coas que a poboación tiña acceso a alimentos que escaseaban, como o café, o aceite...
Na cultura vivíronse tempos de falta de liberdade de expresión e imposición represiva coa censura. No doc. 2 aparecen dous exemplos de represión da liberdade. O primeiro é unha instrución para censores, datada en 1942, que advirte aos censores que risquen todas as fotos de deportes femininos onde as mulleres estean ensinando os xeonllos. O segundo é un informe dun censor sobre a obra de Ricardo Gullón, ao que tacha de blasfemo e roxo.
Na educación prodúcese unha abolición do sistema educativo laico e aparece unha educación confesional con separación de sexos, métodos autoritarios de adoutrinamento e marxinación de contidos científicos. A Igrexa gaña poder. No doc. 3, que pertence á diocese de Málaga e data de 1943, repróbase como inmoral que os noivos anden sós por lugares afastados ou que teñan familiaridades impropias antes do seu casamento relixioso. Tamén se rexeitan os bailes modernos porque incitan á luxuria. A moral política, represiva e machista, parte da Falanxe e da Igrexa Católica.
A muller no franquismo sofre unha forte denigración. Hai unha brutal discriminación da muller a nivel educativo, social, laboral... Impónse a ocultación de formas femininas: uso mínimo de escotes, saia baixo a xeonllo... No doc. 3 aparecen os consellos para ser unha boa esposa, que pertencen á Sección Feminina e datan de 1953. Nel proponse á muller ter unha bebida preparada para o seu home, ofrecerlle quitarse os zapatos, falarlle con voz doce, etc.
A denigración da muller vese tamén na necesidade de pedir permiso ao pai ou marido para abrir unha conta bancaria, na educación con actividades domésticas que diferenciaban a educación do home e da muller. Todo queda reflectido no Código Civil de 1958, que corresponde ao doc. 4, que nos artigos 57, 58 e 59 di que o marido ten que protexer a muller, a muller ten que obedecelo e vivir onde el fixe a residencia.
Guerra Civil Española
O 17 de xullo de 1936 prodúcese o "Levantamento Nacional" en España, dirixido por Franco no norte de África, e o día 18 de xullo esténdese á península, como podemos ver no documento 1, que pertence a unha "locución" radiada do xeneral Franco na que trata de xustificar a rebelión do exército contra a República.
Os sublevados consideraban o alzamento como unha cruzada patriótica que xurdía para restaurar os principios e costumes de España que os liberais e socialistas trataban de cambiar. O alzamento pretendía imitar as cruzadas relixiosas contra o infiel, tomar o control do estado e poñer á súa fronte un guía ou caudillo.
Por outro lado, no documento 2 aparece parte dun discurso no que o presidente das Cortes republicanas, Diego Martínez Barrio, enxuíza a insurrección militar. Di que a insurrección supón un ataque contra o presidente da República nomeado legalmente e critica a rebelión de falsedade por querer aparentar que o goberno do país está secuestrado por poderes ilexítimos. En canto á razón pola que se produce o levantamento, achácalles o desexo de perpetuar os seus privilexios e di que nada ten que ver co amor á patria.
A guerra acelera os cambios nas dúas zonas: na zona republicana prodúcese a reforma agraria coa colectivización e nacionalización de empresas e milicias populares, mentres que na dos sublevados dáse unha contrarreforma agraria respecto á propiedade, derrogación dos Estatutos de autonomía e catalización dos costumes.
En canto aos apoios externos, os sublevados reciben o apoio de Alemaña e Italia, primeiro con crédito para a adquisición de armamento e máis tarde coa presenza directa das tropas: a C.I.V. italiana, a Lexión Cóndor alemá e os Viriatos de Portugal. Mentres que os republicanos reciben o apoio da Unión Soviética e México coas Brigadas Internacionais.
As consecuencias da guerra supuxeron para os vencidos o exilio e a represión: execucións, campos de concentración... Na economía deuse unha profunda crise económica de miseria e fame.
Visto coa distancia que dá o tempo, hai opinións diferentes para interpretar o golpe franquista. Por un lado, no doc. 3, texto de Pío Moa de 2009, fala da necesidade da rebelión contra un goberno que consideraba ilegal e ademais di que o autoritarismo franquista liberou o país da guerra mundial e dunha nova guerra civil. Por outro lado, no doc. 4 vemos unha interpretación totalmente diferente á anterior, que pertence ao historiador Ángel Viñas e data de 2011, no que considera que o golpe militar do 18 de xullo foi unha forma de derrogar pola forza as reformas políticas, económicas, culturais e sociais que propoñía a República e que eran imprescindibles para poñer a España ao día, pero parece que esas reformas non eran asumibles para o sector máis reaccionario da dereita.