La poesía gallega entre 1936 y 1976: Xeración do 36, Promoción de Enlace y Xeración das Festas Minervais

Otras lenguas extranjeras3,97 KB

A poesía entre 1936 e 1976: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace e a Xeración das Festas Minervais


A XERACIÓN DO 36

Principais direccións poéticas:

Neotrobadorismo. Ten representantes como Xosé María Álvarez Blázquez (Cancioneiro de Monfero) e Álvaro Cunqueiro (Dona de corpo delgado).

Clasicismo. Ricardo Carballo Calero, Aquilino Iglesia Albariño e Xosé María Díaz Castro.

Socialrealismo: Celso Emilio Ferreiro.

AQUILINO IGLESIA ALBARIÑO

Cómaros verdes: É o primeiro título importante da literatura galega na posguerra. Nesta obra atópanse poemas nos que continúa afastándose dos moldes formais clásicos, o que non sempre produce bos resultados (o mellor da poesía de Iglesia Albariño aparece baixo o rigor das formas clásicas).

A paisaxe convértese no núcleo temático máis importante da obra. O poeta recorre a ela por veces cun afán puramente descritivo; con todo, sérvelle tamén de pretexto lírico para a expresión da intimidade.

ÁLVARO CUNQUEIRO

Dona de corpo delgado: pertence ao neotrobadorismo. Os seus poemas están inspirados na nosa lírica medieval.

CELSO EMILIO FERREIRO

O soño sulagado: É o seu primeiro libro orixinal en galego, que se caracteriza polo intimismo confesional e a crítica social.

Longa noite de pedra: Pertence ao socialrealismo. A vea crítica da obra precedente vai dominar as páxinas desta. Esta obra consagrará a Celso Emilio Ferreiro como poeta social, e acadará así un éxito formidable, debido, en parte, á situación que vivía: a mensaxe que transmite é a que moita xente querería articular ou a que estaba desexando escoitar.

A PROMOCIÓN DE ENLACE

Está formada por poetas en boa medida autodidactas; o seu acceso á cultura prodúcese nun ambiente de extrema penuria e de illamento internacional, polo que carecen da posibilidade de acceder ás grandes doutrinas contemporáneas.

LUZ POZO GARZA: O paxaro na boca

MANUEL CUÑA NOVÁS: Fabulario novo: É a súa obra máis influente, coa que inaugura a "Escola da Tebra". Trátase dun poemario hermético, grave e sombrío.

A XERACIÓN DOS 50 OU DAS FESTAS MINERVAIS

Entre os feitos que levan a cabo destacan:

  • Participación nas Festas Minervais Compostelás
  • Publican na colección "Illa Nova"
  • Algúns participan na fundación da editorial "Brais Pinto"

Principais direccións poéticas:

Escola da Tebra. Manuel María, R. Lorenzo, Méndez Ferrín e X. A. Cribeiro. A Escola da Tebra constitúe unha adaptación do surrealismo ao espazo cultural da lingua galega co clima angustiado do existencialismo literario.

Realismo coloquial: Manuel María e Bernardino Graña.

Poesía social: Méndez Ferrín ou X. L. Franco Grande.

Lirismo: Uxío Novoneyra e Bernardino Graña.

MANUEL MARÍA

Muiñeiro de brétemas, Terra Chá (paisaxismo descriptivo) e Documentos personaes (realismo coloquial).

UXÍO NOVONEYRA

É o poeta do Courel, das paisaxes e das terras altas da provincia de Lugo, ás que dedicará obras como Os eidos.

XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN

Voz na néboa (Brais Pinto). Baixo o pseudónimo de Heriberto Bens escribe Poesía enteira de Heriberto Bens (realismo social).

Descargar

PDF Word HTML