A Propiedade da Terra en Galicia na Época Moderna: Foros, Arrendos e Dereitos Campesiños
É dicir, sempre había que pagar a mesma cantidade, fose ou non nun bo ano de cultivo. A pesar de estar fixada en especie, a tendencia era a pagar as rendas en cartos, pois se todo o que tiñan que pagar (foros, arrendos, décimos) o tivesen que facer en especie, suporía un enorme excedente nos receptores da renda, que terían que vendela. E en Galicia, non habendo suficiente mercado nin capacidade para exportala, téndese a pagala en cartos e non en especie.
O Foro e as Formas de Cesión da Terra na Galicia Moderna
Así pois, o foro será bastante usual, aínda que tamén conflitivo.
Outras Formas Alternativas á Cesión da Terra
Existen outras formas alternativas ao foro de cesión da terra:
- O arrendo, aínda que era algo que os campesiños non querían, porque era novidoso e prexudicial en tanto que recollía menos dereitos (dáse na Galicia central e meridional).
- A aparcería (Melide, Arzúa).
Conflitos e a Caducidade do Foro
O foro, aínda que fose de longa duración, chega un momento no que caduca, e os titulares poderían facer novos foros, arrendos e demais. Moitos rematan coa morte dun rei, sendo un dos momentos máis conflitivos da época, porque, sobre todo, os mosteiros, á vista das dificultades que tiñan para controlar o patrimonio disperso, convertían os foros en arrendos para que así os campesiños non tivesen case dereitos. Era unha operación legal, porque o señor recuperaba o patrimonio ao vencer o foro, pero provocaba moita conflitividade (oposición tanto de campesiños como dalgún fidalgo que tiña o denominado subforo). Ademais, como un campesiño podía dividir a terra, había máis afectados.
A Resistencia Campesiña e a Intervención Monárquica
Os propietarios (incluídos os mosteiros) tiñan os foros orixinais, pero na realidade era imposible recoñecer o suxeito aforado e os bens. Esa era outra forma de resistencia, pois, para os mosteiros especialmente, ter controlado o patrimonio era moi difícil. A solución chega en 1763 por parte da monarquía, que estipula que ao foro non se lle toca, aínda que estivese caducado; ata que haxa unha lei que resolva a cuestión, ninguén pode ser despoxado. O foro era unha «metáfora de Galicia».
O Fortalecemento dos Dereitos Campesiños na Época Moderna
A tendencia da Época Moderna é, pois, a que o campesiño, nun contexto no que a terra está dividida, reforza os dereitos sobre ela, actuando coma se fosen propietarios reais. É unha tendencia común tamén noutras partes de Europa. Tamén hai unha tendencia a que os tipos de cultivo sexan decisión do campesiñado ou das súas comunidades, cada vez máis, de tal xeito que o arrendador acaba quedando como un mero receptor de rendas.