El Reinado de Felipe IV y la Crisis de 1640: Reformas, Rebeliones y Declive de la Monarquía Hispánica
11. O valimento do conde-duque de Olivares e a crise da monarquía ( os proxectos de reforma, as revoltas de Cataluña e Portugal).
En 1621 chegou ao trono Filipe IV, que delegou as funcións de gobernó no seu valido, Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares. O seu programa tratou de manter a hexemonía da Monarquía hispánica en Europa e establecer unha reforma interior. A monarquía Hispánica do século XVII estaba en crise, en boa parte derivada dos gastos excesivos da política imperial e a política económica errada de Filipe III. Sufríu unha bancarrota en 1627.
Os proxectos de reforma. Olivares redactou o " Gran Memorial" onde lle mostraba ao reí os males que afectaban a Monarquía Hispánica e propuxo tres obxectivos: mellorar a economía, recuperar o prestixio da monarquía, e uniformar política e administrativamente os reinos peninsulares (que gozaban de amplas competencias e dereitos respectados desde a Idade Media). Para conseguilo tomou as seguintes medidas: debilitar o poder da nobreza e da igrexa, incentivar a producíón propia cunha política mercantilista, impoñer a leí castelá nos diferentes territorios peninsulares e repartir equitativamente o recrutamento de tropas e a recadación de tributos para facer fronte as continuas campañas bélicas no contexto da "Guerra dos 30 anos" e a guerra contra Francia ( Uníón de Armas).
Estas últimas medidas, xunto autoritarismo, as guerras e o esgotamento económico provocaron un descontento crecente e, en 1640 inícianse sublevacións que xeraron unha grave crise política con revoltas en Aragón, Andalucía, Nápoles e Sicilia,Cataluña e Portugal. A revolta de Cataluña. En 1639 entraron en Cataluña as tropas reais para combater ás francesas que invadirán o Rosellón. O aloxamento das tropas castelás, unido ao recrutamento forzoso, paralización do comercio polas guerras, ocasionaron tumultos que culminaron coa sublevación dos segadores e a morte do vicerrei, en Barcelona ( Corpus de sangue, 7-6-1640). Olivares enviou o exército e quixo aproveitar a situación para modificar os privilexios forais, ante isto a Generalitat catalá convocou Cortes e asumiu o gobernó de Cataluña. En 1641 solicita axuda a Francia e proclama a Luis XIII conde de Barcelona. O conflito alóngase pero o temor ao dominio francés (aínda máis centralista) e as promesas de Filipe IV de respectar os seus privilexios fan ceder a resistencia dos catalás. En 1652 as tropas reais entraron en Barcelona e Filipe IV ratifica os privilexios forais de Cataluña. A Independencia de Portugal (anexionado por Filipe II en 1580). O descontento portugués foi en aumento ante a política de castelanización de Olivares, a obrigada participación de soldados portugueses no conflito de Cataluña, e a perda de parte do seu Imperio colonial pola falta de defensa ante os ataques dos holandeses, perdendo así o comercio do azucre. Aproveitando a escaseza de tropas pola multiplicidade de frontes nas que combatía Filipe IV, unha conspiración nobiliaria conseguiu proclamar ao duque de Braganza reí de Portugal en 1640. España recoñeceu a independencia definitivamente en 1668. En conclusión, a crise de 1640 supuxo o fracaso do reformismo de Olivares e o fracaso do seu intento de centralización. Pois a autonomía de cada territorio foi reafirmada ata a chegada dos Borbóns. O valido perdé a confianza do reí e é apartado do poder. O fin da hexemonía da Monarquía Hispánica en Europa faise evidente na Paz de Westfalia en 1648.
12. Economía e sociedade na Galicia dos Austrias ( a agricultura e as súas transformacións, a importancia da pesca na Galicia Litoral, a estrutura social: sociedade rendista e peso da fidalguía.
Galicia nos séculos XVI e XVII, como a maior parte de Europa, presentaba as carácterísticas básicas do sistema feudal: sociedade estamental moi xerarquizada e con escasas oportunidades de ascenso social, desigual ante a leí e liderada por sectores privilexiados que eran a nobreza e o clero.
A agricultura e as súas transformacións . Na Galicia dos Austrias máis do 80% da poboación vivía en e do campo, a economía era fundamentalmente agrícola e de subsistencia con períodos de crises (malas colleitas, fames e pestes) que provocaban un desequilibrio entre a poboación e os recursos. Mantíñase un sistema tradicional de producíón co que difícilmente se obtiñan excedentes unha vez que os campesiños facían fronte a gran cantidade
de tributos sobre o producido ( trigo, centeo, verduras, viño). O fiado e tecido de liño complementaba esta economía doméstica. A situación mudou a partires do século XVII, cando se consolidaron os cultivos de dous produtos americanos, o millo e a pataca. Entre outros beneficios alteraron os sistema de rotacións, diminuíndo o barbeito. Estés cambios permitiron un forte crecemento da da producíón e da poboación; situación que contrastaba co panorama negativo do século XVII no resto de Europa. O aumento da riqueza agraria durante este tempo fomentou a construción en estilo Barroco de igrexas e mosteiros, pero tamén de pazos fidalgos, mostrá do poder destas familias. A importancia da pesca na Galicia litoral. A pesca foi unha actividade fundamental, a litoral complementaba a dieta das poboacións costeiras e a de altura (pesca do bacallau en Terranova) permitía a súa venda nos mercados de Castela. Destacaba o porto de Pontevedra, cunha potente confraría que regulou a pesca desde Noia ata Vigo. Os mareantes estaban sometidos a un réxime señorial semellante ao do
campesiñado e existía unha ríxida regulamentación de gremios e concellos que limitaron a introducíón de novas artes de pesca. Foi moi importante a salgadura de peixe, especialmente da sardiña, en instalacións distribuídas ao longo de toda a costa galega. Portos como os de Baiona, Vigo, A Coruña, comerciaban con cidades costeiras españolas e europeas exportando viños, sardiñas, polbos, pescadas, castañas, ou importando cereais, aceite ou sal.
A estrutura social: sociedade rendista e peso da fidalguía. Dende fináis do século XV, a alta nobreza galega residía na Corte e varios dos seus membros desempeñaron elevados cargos na administración ( vicerreis, embaixadores),e vinculáronse con familias nobiliarias castelás. O Absentismo da alta nobreza permitiu o auxe da fidalguía, un grupo que se converteu en dominante no século XVII. A sociedade estamental galega descansou pois sobre tres grupos: O campesiñado, o clero e a fidalguía. A posición deste último grupo apoiábase no control das rendas agrarias a través do cobro dos foros que gravaban as terras que traballaba o campesiñado (foreiros). O foro consolidouse como tipo de contrato principal tratándose dun acordó de longa duración. En conclusión, esta fidalguía rendista foi o grupo central do Antigo Réxime pola súa presenza en todo o territorio, o seu monopolio das élites letradas e o seu control dos concellos e sobre as Xuntas do Reino de Galicia.