Relacións Semánticas e Formación de Palabras: Conceptos Fundamentais

Otras lenguas extranjeras2,91 KB

Relacións semánticas

  • Sinonimia: Palabras que teñen distinto significante pero o mesmo significado ou moi próximo. Considéranse sinónimos parciais cando substitúen a outra palabra en determinados contextos. Considéranse sinónimos totais cando substitúen a outra palabra en calquera contexto (ex. pór/poñer); son os menos habituais.
  • Antonimia: Palabras con significantes distintos e significados contrarios ou opostos. Ex.: frío/quente, visible/invisible.
  • Polisemia: Unha palabra (un significante) pode ter varios significados dependendo do contexto. Ex.: banco.
  • Homonimia: Dúas ou máis palabras teñen o mesmo significante pero distinto significado. A homonimia é froito de coincidencias evolutivas dun ou varios étimos; nos dicionarios aparecen con entradas distintas. Ex.: tea (tecido) / tea (antorcha ou facho), manda (colectivo) / manda (verbo), o cólera (enfermidade) / a cólera (estado de ira ou enfado extremo), pota (recipiente) / pota (cefalópodo), botín (calzado) / botín (tesouro).
  • Homofonía: As palabras homófonas pronúncianse igual, pero escríbense de distinta forma. Ex.: votar/bota, habano/abano, vaca/baca, basto/vasto.
  • Homografía: As palabras homógrafas escríbense igual, pero pronúncianse de xeito distinto. Ex.: diacríticos con til ou sen el nas letras (é/e, ó/o); vós/vos. Tamén consideramos homógrafas palabras nas que o til se coloca nunha ou noutra sílaba; ex.: esta/está, saia/saía.
  • Parónimos: Palabras que se diferencian entre si por un fonema. Exemplos: secreto/segredo, liso/lixo, espiar/expiar, dato/rato, etc.

Hiperónimos, hipónimos e cohipónimos

As relacións semánticas de inclusión dunha palabra noutra denomínanse hiponimia (ex.: piñeiro é hipónimo de árbore). A relación inversa, en que unha palabra abarca a outra ou outras, denomínase hiperonimia (ex.: árbore é o hiperónimo de piñeiro, eucalipto, etc.). Todos os hipónimos subordinados ao mesmo hiperónimo son cohipónimos entre si (ex.: piñeiro e eucalipto son cohipónimos).

Formación e representación de palabras

  • Siglas: Formas constituídas por unha ou varias letras dunha ou varias palabras. Polo xeral, hai que deletrealas. Ex.: RTVE, ONG, BP, ONU.
  • Acrónimos: Formas constituídas por letras que son sílabas iniciais ou finais doutras palabras. Pódense ler como palabras. Ex.: MODEM, SERGAS, VITRASA, INEM, TELEMÁTICA, EUROVISIÓN.
  • Abreviaturas: Representación abreviada dunha palabra na escrita. Ex.: Lim., Atte.
  • Símbolos: Son representacións gráficas, que poden ser letras ou signos. Ex.: Euro (€), Dólar ($), P (parking).

Descargar

PDF Word HTML