Resumo Completo de Gramática, Literatura e Sociolingüística Galega para Estudantes

Otras lenguas extranjeras3,75 KB

Fonética e Ortografía

Diptongos e Hiatos

  • Diptongos: 1. Vogal aberta + vogal pechada ou viceversa. 2. Dúas vogais pechadas (sendo a 1ª a semiw/semij).
  • Hiatos: 1. Dúas vogais abertas. 2. Vogal aberta + vogal pechada. 3. Dúas vogais pechadas (sendo a 2ª a tónica).

Acentuación Diacrítica

  • cha: che + a — chá: plana
  • compre: comprar — cómpre: é necesario
  • bola: pan — bóla: corpo esférico
  • da: de + a — dá: verbo dar
  • e: conxunción — é: verbo ser
  • fora: verbo ir/ser — fóra: exterior
  • no: en + o — nó: nudo
  • o: artigo — ó: a + o, ao
  • oso: animal — óso: peza do esqueleto
  • pe: letra — pé: parte do corpo
  • pola: por + a — póla: rama
  • por: preposición — pór: verbo poñer
  • presa: río, encoro, prendida — présa: apuro

Morfoloxía

Compoñentes das Palabras

Morfemas:

  • Flexivos: xénero e número.
  • Derivativos: prefixos e sufixos (alterativos e derivativos).

Literatura

Contexto Histórico e Cultural

No período medieval considerábase o territorio galego como unha potencia económica e cultural dentro dos reinos cristiáns do norte. Isto débese principalmente á importancia do Camiño de Santiago e da propia catedral, ademais de supoñer unha fonte de ingresos económicos e de introdución de correntes culturais. Hai que ter en conta o papel propagandístico do apóstolo Santiago na loita contra os musulmáns. Esta bonanza do territorio galego permitiu que nas cortes dos nobres se patrocinasen opcións de lecer: cómicos, músicos, poetas...

Comentario da Cantiga de Amigo

  1. Tema, xénero e subxénero.
  2. Voz lírica e destinatarios.
  3. Marco espazo-temporal.
  4. Recursos estilísticos.

Sociolingüística

Usos e Conceptos Lingüísticos

  • Usos lingüísticos: Fai referencia ao emprego que se realiza dunha lingua nunha sociedade concreta.
  • Competencias lingüísticas: Fai referencia ao coñecemento no ámbito oral ou escrito dunha lingua; divídense en comprensión oral e escrita e expresión oral e escrita.
  • Actitudes lingüísticas: Fai referencia ás ideas que relacionamos co uso dunha lingua.
  • Bilingüismo: Situación que se dá nas sociedades onde se fala máis dunha lingua e todas teñen o mesmo prestixio.
  • Diglosia: Situación que se dá nunha sociedade na que se fala máis dunha lingua, pero unha ten máis prestixio.
  • Normalización lingüística: O conxunto de estratexias mediante as cales se procura promocionar o uso do galego.
  • Normativización lingüística: Procedemento mediante o cal se pretende dotar a unha lingua dunha norma.
  • Autoodio: Fai referencia aos prexuízos que un falante ten cara á súa lingua e cultura.
  • Neofalante: Persoa que recupera o uso dunha lingua.

Descargar

PDF Word HTML