Rosalía de Castro: singularidade, feminismo e compromiso social na súa obra
ROSALÍA DE CASTRO
SINGULARIDADE DA FIGURA DE ROSALÍA
A súa singularidade reside en romper os moldes literarios, idiomáticos, ideolóxicos e temáticos do seu tempo:
- Era muller e escritora. Só por ser muller e adicarse a este oficio xa desafiaba o pensamento dominante da época, que condenaba á muller ao ámbito do fogar. Tivo dificultades para publicar, pola súa situación de penuria económica e polo rexeitamento que sufría pola súa condición de muller e as súas ideas.
- Escribía ademais en galego, sendo plenamente consciente de que utilizaba unha lingua marxinada.
- Cando Rosalía comeza a escribir, máis do 93% das mulleres galegas eran analfabetas. As escasas escritoras que había empregaban o castelán, cultivaban só o xénero poético e limitábanse a temas considerados «femininos».
Neste sentido, Rosalía afástase do común das escritoras do seu tempo:
- No ámbito literario, rompe coa falsa idea de que as mulleres escritoras só podían adicarse á poesía, xa que Rosalía escribe tamén prosa.
- No ámbito ideolóxico, cultivou unha literatura comprometida, denunciando os problemas e inxustizas da sociedade do seu tempo.
ALGÚNS ASPECTOS DA VIDA E DA OBRA DE ROSALÍA
FEMINISMO
Na época de Rosalía a polémica feminista comezaba con forza na prensa… xerando unha controversia entre os sectores que defendían o dereito da muller a ocupar o seu lugar na sociedade en igualdade cos homes e aqueles que consideraban que debía quedar recluída no ámbito doméstico. Rosalía adopta un claro posicionamento co primeiro destes sectores, de tal maneira que o pensamento feminista está presente en toda a súa obra: denuncia a situación das mulleres, sobre todo das máis desfavorecidas.
COMPROMISO SOCIAL
Rosalía foi unha persoa cunha sensibilidade perante a marxinación, a inxustiza e a opresión. Por este motivo, a súa obra ten unha forte compoñente de compromiso social, que se plasma nos seguintes aspectos:
- Defensa da cultura e da lingua galegas.
- Defensa dos valores sociais e morais do pobo galego.
- Denuncia das inxustizas e opresións cometidas contra Galicia e os galegos.
- Defensa dos dereitos da muller, comezando polo dereito a escribir.
DISTORSIÓN DA FIGURA DE ROSALÍA
Para intentar «neutralizar» a importancia de Rosalía teceuse sobre ela unha imaxe de «chorona» que nada tiña que ver coa auténtica Rosalía. Mesmo se chegou a dicir que escribía porque lle mandaba o seu marido, Manuel Murguía. Incluso se negou que ela fose consciente do papel que xogaba e da importancia que tiñan as súas obras.
ALGUNHAS CIRCUNSTANCIAS VITAIS QUE CONDICIONARON A SÚA OBRA
- Sufriu a incomprensión e o desprezo de certos sectores sociais e intelectuais do seu tempo.
- Tivo dificultades para publicar as súas obras, pola súa situación económica e pola súa condición de muller.
- Atravesou duras circunstancias vitais: penurias económicas constantes, falecemento de dous dos seus fillos, problemas de saúde…
TRAZOS BÁSICOS DA LINGUA E ESTILO DE ROSALÍA
Emprega a lingua oral popular falada na súa comarca. Trátase dun galego espontáneo e coloquial, cunha sintaxe sen complicacións e un léxico sinxelo, no que hai abundantes castelanismos, vulgarismos e dialectalismos. Emprega con frecuencia recursos estilísticos propios da lírica popular.
CURROS ENRÍQUEZ
Concibe a literatura como unha ferramenta para loitar contra as inxustizas.
OBRAS
Aires da Miña Terra
Colección de poemas moi heteroxéneos, precedida dunha «Introdución», na que xustifica o emprego do galego, e dunha «Encomenda» final, na que deixa ben asentado o compromiso cívico do autor.
Agrupámolo en tres bloques:
- Poemas sociais ou cívicos: neles Curros defende o seu ideario progresista, democrático e galeguista, e expón críticas á sociedade do seu tempo.
- Poemas intimistas: teñen a súa orixe nalgún acontecemento persoal ou familiar, como o nacemento do seu primeiro fillo.
- Poemas costumistas: son tres poemas longos, cos que Curros gañou o Certame Poético de Ourense en 1877.
O divino sainete
Longo poema satírico de carácter burlesco, inspirado na Divina Comedia de Dante.
Obxectivos básicos
- Criticar as institucións do goberno e os sectores reaccionarios da sociedade.
- Satirizar determinados inimigos persoais ou ideolóxicos.