El socialismo marxista y el anarquismo: ideologías revolucionarias
El socialismo marxista
É o movemento ideolóxico e político que xorde como reacción ás consecuencias negativas que provoca a revolución industrial e a extensión do capitalismo. Os seus creadores foron Karl Marx e Friedrich Engels. Os principios básicos quedaron esbozados en 1848 coa publicación do Manifesto comunista no que se establece que:
- As condicións materiais e económicas determinan a estrutura social e política duncha comunidade.
- A industrialización provoca o triunfo e dominio da burguesía, pero tamén o desenvolvemento do proletariado, numeroso e sometido.
- Toda a historia da humanidade é unha historia de loita de clases, de oprimidos contra opresores.
- Para modificar a súa situación, o proleretariado debe organizarse e conquistar o poder mediante a revolución.
- Xa controlado o poder, establécese a ditadura do proletariado, expropiando as propiedades privadas e os medios financieiros e de produción, que pasarán ao Estado.
- Ao estar eliminadas as condicións que permiten o dominio da burguesía e que toda a produción estea concentrada en mans do Estado,
desaparecerán as diferenzas de clase e a opresión, quedando establecida a nova sociedade comunista, o obxectivo final dos cambios que propón o marxismo.
O anarquismo
É o movemento ideolóxico e sindical xurdido, igual que o socialismo marxista, como reacción ás fortes desigualdades sociais provocadas pola industralización. O seu obxectivo básico é a transformación revolucionaria da sociedade mediante:
- Abolación do Estado e a eliminación de todo tipo de autoridade e institucións.
- Eliminación da propiedade privada.
- Supresión de todo tipo de diferenza social e económica para establecer unha nova sociedade sen clases, baseada na liberdade individual, na igualdade social e na solidariedade humana.
- Organización da vida social en comunas ou libres asociacións de produtores e consumidores.
- Instrución e educación baseada en principios cinetíficos e laicos.
- Formación da familia sobre a base do amor, libre de todo vínculo legal e de todo prexuízo relixioso.
- Abolición das fronteiras e das nacións, substituidas pola federación libre de comunas solidarias.
Fases da guerra
- Guerra de movementos, 1914. Os alemáns ocuparon rapidamente Bélxica e chegaron ás portas de París, pero foron detidos polos franceses no Marne. No leste, os alemáns detiveron o avance ruso, pero os austrohúngaros retrocederon en Galitzia. En Oriente medio, os turcos rexeitaron os ataques de ingleses e rusos.
- Guerra de posicións, 1915-16. No oeste e en Italia as frontes de guerra quedaron detidas, construíndose numerosas trincheiras e fortificacións. No mar, os alemáns intentaron romper o bloqueo aliado cos submarinos. Na fronte do leste, os alemães e os seus aliados avanzaron e ocuparon Serbia, Romanía e extensas zonas do Imperio ruso. En Oriente medio, os turcos contiveron os ingleses, pero cederon posicións ante os ataques rusos.
- A crise de 1917. Nese ano tiveron lugar importantes modificacións que marcaron a evolución do conflito. EE UU entraron na guerra contra Alemaña, como réplica aos ataques submarinos aos seus barcos e en defensa dos seus intereses financeiros, xa que fixeran elevados préstamos a Francia e Gran Bretaña. Na fronte oriental, en marzo de 1918 produciuse a retirada de Rusia, que asinou a paz coas potencias centrais a cambio da perda de territorios (Tratado de Brest-Litovsk). En Oriente medio, a revolta dos árabes contra os turcos beneficiou os Aliados, que avanzaron por Palestina e Mesopotamia.
- Derrota das potencias centrais, 1918. A desaparición da fronte do leste permitiu aos alemães concentrar as súas tropas no oeste, pero fracasaron nos seus ataques. Os Aliados, reforzados coas achegas estadounidenses, lanzaron ofensivas vitoriosas en todas as frontes, o que obrigou as potencias centrais a pedir a paz, asinándose o armisticio o 11 de noviembre.
Os felices anos 20
En EE UU, a década de 1920 foi de auxe e prosperidade. Eran a maior potencia económica mundial e as súas fábricas producían enormes cantidades de productos baratos. O consumo de masas aumentou, estimulado polas facilidades da compra a prazos. A boa marcha dos negocios propiciou un incremento dos valores das empresas na Bolsa de Nova York e, desde 1925,
as cotizacións en Wall Street non deixaron de subir, polo que moitos norteamericanos investiron os seus aforros ou solicitaron créditos para mercar accións; tamén o fixeron os grandes homes
de negocios e as sociedades empresariais. Ao mesmo tempo, os capitais norteamericanos serviron para financiar a reconstrución da economía europea, especialmente a alemá, producíndose unha crecente interdependencia económica mundial.
O crac da Bolsa de Nova York
O 24 de outubro de 1929 (xoves negro) producise de súpeto o afundimento do mercado de valores de Nova York. O pánico fixo que todo o mundo quixese vender as súas accións. Motos norteamericanos se arruinaron en cuestión de minutos, perdendo as súas fortunas investidas en valores. A desesperación levou a algúns a suicidarse.
- A causa deste crac foi unha combinación de factores. A causa inicial foi a especulación bolsista (aumento do valor das accións pola demanda), agravada por prácticas de risco (compra a crédito das accións, desvío das reservas
- de capitais de bancos e empresas cara ao negocio bolsista...) e combinada co pánico. Pero a súa extensión debeuse aos problemas de superprodución (oferta de produtos superior á demanda). Nin a produción agrícola nin a industrial, especialmente a de bens de consumo, era absorbida polos consumidores, o que orixinaba crecentes stocks que puñan en risco de quebra ás empresas.
- Os efectos do crac da Bolsa notáronse en todos os sectores. Os bancos quedaron sen reservas pola retirada de capitais e quebraron, deixando sen aforros a miles de familias. As empresas, por falta de vendas, tiveron que pechar ou reducir persoal, enviando ao desemprego a millóns de traballadoras e traballadores.
O camiño cara á guerra
Na década de 1930, as relacións internacionais deterioráronse progresivamente debido ás dificultades económicas e ao desenvolvemento de políticas agresivas que provocaron:
- O fracaso da Sociedade de Nacións, que foi incapaz de evitar os enfrontamentos, pois carecía de medios para facer eficaces as sancións aos estados agresores. Ademais, as potencias democráticas,ou se inhibiron (EE UU), ou foron partidarias das concesións e a tranquilidade, tratando de evitar a guerra (Gran Bretaña, Francia).
- A expansión territorial dos estados fascistas. Entre 1935 e 1939 a tensión aumentou.
- Alemaña dispoñía dun poderoso exército e reclamaba a anexión das terras habitadas por alemáns; co acordo internacional conseguiu a anexión de Austria e parte de Checoslovaquia, (1938-39), pero nos seus plans estaba ampliar o seu dominio cara ao leste.
- Italia atacou e conquistou Abisinia (1935-36) e Mussolini colaborou con Hitler na Guerra Civil española.
- En Extremo Oriente, Xapón reiniciou a guerra contra China (1937) para ampliar os seus dominios na zona. Ademais, entre eles foron reforzándose as alianzas ata crear o Eixe Berlín-Roma-Toquio.
- O inicio da Guerra. En agosto de 1939 Hitler asinou un tratado coa URSS de Stalin para repartirse os territorios do leste de Europa. O 1 de setembro de 1939, Hitler ordenou a invasión de Polonia; como resposta, Francia e Gran Bretaña declararon a guerra a Alemaña. Comezaba a Segunda Guerra Mundial.