A Traxectoria da Lingua Galega: Decadencia, Resistencia e Ilustración
As Causas do Abandono do Galego como Lingua de Cultura
- A Independencia de Portugal (1128).
- O Reino de Galiza-León queda integrado na Coroa de Castela (1230).
- Desprazamento dos centros de poder cara ao sur (Toledo, Sevilla e Lisboa).
- Crise económica (malas colleitas e fame), peste e devalo do Camiño de Santiago.
- A nobreza galega apoia o bando perdedor en varias guerras de sucesión castelás, o que terá graves repercusións para o idioma e o status do reino dentro da Coroa castelá:
- Guerra entre Pedro I e Henrique de Trastámara (século XIV): represalias contra a nobreza que terá que exiliarse. Establécese no reino de Galiza nobreza foránea.
- Guerra entre Xoana e Isabel a Católica (século XV): represalias contra a nobreza que terá que abandonar as súas terras e instalarse na Corte ou no sur da península. Algúns serán axustizados. Establécese no reino outra remesa de nobreza foránea.
- División do reino en provincias.
- Novo aparato administrativo controlado pola Coroa (Real Audiencia, Xunta do Reino).
- Sae reforzado o clero. As ordes monásticas galegas pasan a depender das castelás. Os membros do clero son de fóra e os galegos non poden ordenarse en Galiza.
- Disposición de 1480 que obriga os notarios a obter a súa licenza do Real Consello de Toledo para poder exercer.
A Situación Sociopolítica e a Diglosia
Esta situación sociopolítica terá repercusións no status da lingua galega. Durante os séculos XV, XVI e XVII consolídase unha situación de diglosia na sociedade galega, na que as clases altas (a nobreza e o clero) falan castelán e o resto da poboación é monolingüe en galego. Abandónase progresivamente o uso do galego en ámbitos formais e queda relegado á lingua oral e coloquial.
É nesta situación que se forman os trazos característicos do galego fronte ao portugués: desaparecen as sibilantes sonoras, aparece o son interdental /θ/, aparece a gheada, prodúcense mudanzas morfolóxicas no sistema verbal e no nominal, etc.
Manifestacións Literarias nos Séculos Escuros
Poesía
- Cantigas e romances populares (cantigas de berce, cantigas amorosas, romances de cegos, coplas dos maios, regueifas, cantos de desafío...) de transmisión oral.
- Poesía de circunstancia anónima en forma de romance ou coplas sobre feitos históricos ou sociais que causaron impacto na sociedade da época.
- Textos renacentistas e barrocos dos séculos XVI e XVII.
Prosa
- Relación da carta executoria, texto do século XVI que narra a execución do Mariscal Pardo de Cela.
Teatro
- Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1671), de Gabriel Feixó de Araúxo. Aborda o conflito que xorde entre os pescadores galegos e portugueses de ambas as beiras do Miño.
O Século XVIII ou Século das Luces
No século XVIII xorde a Ilustración, unha corrente intelectual baseada nas ideas de filósofos, maioritariamente franceses, que facía énfase na razón e na ciencia como formas de explicar o mundo.
Neste século podemos destacar dous grandes intelectuais galegos: o frade Benito Xerónimo Feijoo e o frade Martín Sarmiento.
Frei Martín Sarmiento é un gran defensor da lingua e da cultura galega. Defende o uso normal do galego no ensino, na igrexa e na administración. Realiza importantes estudos sobre o galego, recolle abundante léxico, que estuda e etimoloxiza. A súa obra máis representativa é o Coloquio de 24 galegos rústicos.
Diego Antonio Cernadas e Castro, coñecido como o "cura de Fruime", foi autor de 24 poemas en galego nos que fai unha loanza da nosa terra.