Vanguardas Artísticas e Movementos Galegos: Psicoanálise, Irmandades da Fala e Grupo Nós
A psicoanálise
Creada por Freud, que opina que por debaixo do consciente hai un subconsciente que domina parte de nós. Para analizalo, este recorre aos soños e á hipnose. Opina que hai dous principios que moven o ser humano: o pracer e o desprazer. Influíu moito no surrealismo.
Dentro deste aparece o fascismo (nace en Italia, movemento político totalitario que lle dá importancia á violencia e ás leis da xenética para crear unha raza superior), aparecendo a II Guerra Mundial.
Características das vangardas
Son movementos moi breves, pero nos que aparecen moitos movementos. Buscan a liberdade creativa, dánlles moita importancia á orixinalidade e buscan a irreverencia. Os movementos van transcorrer uns tras outros, traendo unha gran renovación artística.
- Buscan a experimentación formal con novos formatos.
- Buscan a deshumanización da arte: non pretende ser figurativa.
- Non buscan expresar sentimentos; a iso chámaselle antisentimentalismo.
Movementos da vangarda
O marxismo
Marx descobre que hai unha ganancia que o empresario vai ter por riba dos seus gastos; esta ganancia chámase plusvalía. A solución que atopa é a creación de sindicatos e o uso das folgas.
O futurismo
Creado por Marinetti, é un movemento vangardista que apoia o fascismo e dá importancia á velocidade, á forza e á violencia.
O cubismo
Creado por Pablo Picasso, consiste en dividir a realidade en figuras xeométricas. Na literatura destaca Apollinaire, que inventa os caligramas.
O dadaísmo
Movemento de vangarda creado por Tristan Tzara e un grupo de exiliados que pretenden rirse da arte e do que se considera arte. Obra: Fonte, de Duchamp.
O surrealismo
Movemento moi influído por Sigmund Freud, pretende representar o mundo do subconsciente e dos soños. Na literatura e no cine destaca André Breton, con técnicas de escritura automática.
O creacionismo
Baséase nas teorías de Vicente Huidobro. É moi independente do mundo exterior: non plasma a realidade e dá moita importancia ás imaxes na literatura.
As vangardas galegas
Veñen a partir do Grupo Nós, xa que coñecían a cultura de Europa. Destacan Manuel Antonio (escritor) e Álvaro Cebreiro (pintor). É un manifesto rupturista e reivindica o arredismo. O seu estilo concorda coas outras vangardas, sobre todo co creacionismo. Critican aos escritores do Rexurdimento que defendían o galego pero escribían en castelán, como Valle-Inclán.
Para expresar as súas ideas crearon varias revistas, como Rosa dos Ventos, Ronsel, Alfar e Papel de Cor, que axudaron a pintores e escritores como Castelao e Picasso.
Movementos galegos
- O imaxinismo ou hilozoísmo: relacionado coa poesía anglosaxona, destaca Huxley. Dá importancia á natureza, pero faina animada ou personificada, e técnica a imaxe.
- O neotrobadorismo: vangarda galega que imita a lírica galego-portuguesa. Dada no século XIX, cando uns investigadores descubriron os cancioneiros da Idade Media, estes comezan a imitalo.
- O vangardismo pleno: é moi parecido ao europeo, destacando o creacionismo. O poeta principal é Manuel Antonio, con poemas autónomos da realidade e cuxa célula principal é a imaxe.
As Irmandades da Fala
Colectivo formado por parte da burguesía con coñecementos e estudos, que loita contra a diglosia e a discriminación lingüística. Comezan na Coruña, pero tamén chegan a Santiago e Arzúa. Únense labregos, avogados, profesores e comerciantes, defendendo cousas como a autonomía para Galicia, a cooficialidade do idioma, o voto da muller e a igualdade de dereitos da muller.
Tendencias dentro das Irmandades
- Provincialismo: fusilaron a xente en Carral pedindo que non os tratasen como colonia. Defendían Galicia, pero non o galego.
- Rexionalismo: Rosalía, Curros, Manuel Murguía.
Iniciativas
- Crear escolas onde o galego era lingua vehicular.
- Ensinar lingua e literatura, e explicar aspectos da agricultura.
- Buscar a implantación dunha cátedra de lingua e literatura galega.
- Editar libros de peto e crear seminarios.
- Crear editoriais: Nós, Céltiga e Lar.
Moitos membros acaban formando o Partido Galeguista e a ORGA.
No ano 1931 aparece a República; Galicia consegue un referendo o 28 de xuño de 1936, e o 18 de xullo estala un golpe de Estado.
Grupo Nós
A revista Nós publicouse por primeira vez en Ourense en 1920. Membros: Vicente Risco, Castelao, Ramón Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas.
Nacen arredor de 1880 na cidade de Ourense e son de familias acomodadas. Todos teñen estudos universitarios, enorme cultura e están ao tanto das tendencias artísticas. Son individuos descontentos: sentíanse inadaptados, xa que tiñan unha amplísima cultura e a vida parecíalles mediocre. Ata que Lousada Diéguez os convenceu de que participasen nas Irmandades.
Crearon unha idea: Galicia célula de universalidade.
Poesía
A comezos do século XX os poetas seguen imitando o estilo de Rosalía, Curros e Pondal, pero agora engadindo o agrarismo: Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas.
Antonio Noriega Varela
Naceu en Mondoñedo en 1869, estudou no seminario de Mondoñedo e traballou como mestre en Foz. Colaborou coa revista Anticacique, polo que foi castigado e traballou na fronteira con Portugal, onde tivo contacto coa literatura portuguesa e coñeceu a Teixeira de Pascoaes e a Otero Pedrayo. Escribiu Montañezas, que despois chamou Do ermo.
Obras de Cabanillas
- Poesía lírica: costumista, intimista e cívica.
- Poesía narrativa: O Bendito San Amaro e Na noite estrelecida.
Ramón Cabanillas
Naceu en Cambados en 1876, estudou no seminario de Santiago e volveu a Cambados. Traballou de funcionario no Covelo e emigrou a Cuba, onde traballou na administración do Centro Galego. Compuxo a Raxa, o himno e a xandeira galega. Comezou a escribir en galego e asimilou as ideas agraristas. Os seus poemas acabaron sendo himnos na loita agrarista e na acción galeguista.
Foi nomeado membro da RAE, o que foi un engano por parte de Castelao. Cando estalou a Guerra Civil, Castelao conseguiu que Cabanillas fose trasladado polos deputados a Valencia. Cando soubo que a guerra estaba perdida, volveu a Galicia dicindo que estivera secuestrado e deixou de escribir en galego.
É unha figura de loita contra o caciquismo. Está enterrado no Panteón de Galegos Ilustres.
Rexurdimento
- Rosalía de Castro: Follas novas
- Curros Enríquez: Desde a miña terra
- Manuel Murguía: Historia de Galicia
- Eduardo Pondal: Queixume dos pinos
- Grupo Nós: Vicente Risco, O lobo da xente; Ramón Otero Pedrayo, Arredor de si