Vicente Risco: Vida e Obra do Teórico do Galeguismo
Vicente Risco (Ourense, 1884-1963)
1. Características
- Figura influente no seu tempo.
- Impulsor da literatura galega moderna.
- Interese pola etnografía e o folclore (SEG).
- Influencia modernista na indiferenza e escepticismo que amosa cara ás culturas minoritarias.
- Ingresa nas Irmandades da Fala en 1918 xunto co Grupo Nós, converténdose nun dos principais defensores do galeguismo.
- Funda en 1931 o Partido Nacionalista Republicano (que máis tarde confluirá no Partido Galeguista) xunto con Otero Pedrayo.
- Co decorrer dos anos radicaliza a súa postura ata apoiar ao réxime franquista.
2. Produción literaria
Combina aspectos populares con elementos simbolistas e vangardistas.
2.1. Ensaio
- Teoría do nacionalismo galego (1920): converteuno no gran teórico do galeguismo. Exalta Galicia a través da lingua, da terra e da raza, baseándose na ideoloxía cristiá, celtista e atlantista.
- Nós, os inadaptados (1933): no que explica a evolución ideolóxica do seu grupo desde o rexeitamento do mundo e do tempo no que vivían ata a descuberta de Galicia.
- Mitteleuropa (1934): é a crónica dunha viaxe a Alemaña para afondar na etnografía. Descrición de cidades e xentes; amosa o seu temor ante o marxismo e o nazismo que emerxe en Europa. Provocará que Risco asuma posturas máis conservadoras.
2.2. Narrativa
- Relato curto: Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (relato modernista) mediante o cal introduce o esoterismo e a maxia na literatura galega; O lobo da xente (sobre o lobishome) e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán, no que mestura lendas de mouros coa orixe celta de Galicia e a salvación cristiá.
- Novela: O porco de pé está considerada a primeira novela moderna da literatura galega. Constitúe unha dura crítica á sociedade ourensá a través da figura de D. Celidonio, símbolo da vulgaridade e o materialismo fronte ao intelectual e espiritualista Doutor Alveiros.
2.3. Teatro
O bufón de El Rei: obra ambientada na Idade Media (IM) e con referencias á materia de Bretaña.