Xoana Torres e María Xosé Queizán: Literatura, Lingua e Sociedade na Galicia Contemporánea

Otras lenguas extranjeras6,28 KB

Xoana Torres e María Xosé Queizán

Xoana Torres

Xoana Torres, máis coñecida polo seu traballo poético, publicou en 1972 a *Q*, de momento, e a súa única novela, *Adeus María*.

Xoana Torres é unha referencia obrigada na historia da literatura galega da segunda metade do século XX. Forma parte daquelas xeracións de escritores que, comprometidos coa lingua nos difíciles anos da ditadura franquista, contribuíron á normalización da literatura galega tocando todos os xéneros. Ademais, é xunto con María Xosé Queizán, desenvolveu un destacado papel na nova narrativa galega.

María Xosé Queizán

Ademais de escritora e catedrática de lingua e literatura galega, é unha figura relevante no movemento feminista nacionalista da Península.

A principios dos setenta do século pasado trasladouse a París, onde entra en contacto co Nouveau Roman francés, que influíu notablemente na súa primeira novela, A oreya no buraco (1965), onde narra o vagar dun personaxe marxinal por unha cidade europea.

As súas novelas mostran un afán de denuncia con temáticas como o incesto, a violencia contra as mulleres, a pederastia, os depredadores sexuais... Pero nas obras de María Xosé Queizán tamén está presente a reivindicación dunha linguaxe propiamente feminina, a insubordinación contra a orde vixente, e por iso tenta romper coa linguaxe literaria herdada. En 1977 publica o ensaio A muller en Galicia e, en 1980, Recuperemos as mans.

O galego nas administracións e na xustiza

Coa chegada da democracia mudou o marco político. Instaurouse o Estado autonómico e recoñeceuse o galego como lingua propia de Galicia, cooficial co castelán. Con este amparo legal comeza a súa expansión por ámbitos como a administración, o ensino, a Igrexa, a empresa privada, o mundo da cultura ou os medios de comunicación.

O galego no ensino

A presenza do galego no ensino non ten máis de 45 anos. En 1979 estableceuse como obrigatoria a materia de Lingua Galega e en 1983 regulouse o seu emprego como lingua oficial en todos os niveis de ensino, coa consecuencia fundamental de que o alumnado podía recibir a súa primeira educación regrada en lingua materna. Con todo, tal e como acontece na administración e na xustiza, aquí tamén se vive o paradoxo de que dispoñer de libros de texto en galego e de ser obrigatoria a impartición en galego non significa que efectivamente así aconteza, xa que queda na man do profesorado explicar en galego ou en castelán.

O galego e a cultura

Tamén neste ámbito detectamos a situación diglósica galega, xa que, ao carón das esferas máis galeguizadas (literatura, historia, lingüística), conviven outras nas que a lingua se usa moito menos: a medicina, a informática, as enxeñarías... É salientable a súa presenza en algunhas artes escénicas, como o teatro, no que proliferan as propostas en galego para todas as idades, e cada vez hai máis cine en galego. Iniciativas como a do Festival de Curtametraxes de Cans, ou producións propias como a versión cinematográfica da gran obra de Blanco Amor, A Esmorga, axudan a asentar o galego. No ámbito televisivo, ao carón das propostas infantís como o *Xabarín Club*, grazas ao que moitos nenos e nenas medran vendo debuxos animados en galego, a Televisión de Galicia leva varios anos promovendo exitosas series de noso como *Libro de Familia* e *Matalobos*. A finais dos anos noventa xorden grupos musicais que, malia as súas diferenzas, comparten o rock e o punk, así como os movementos antiglobalización, e que constituíron o que se deu en chamar o *Rock Bravú*.

Situación sociolingüística actual do galego

A pegada que o século XX deixou na lingua resulta contraditoria, pois, aínda sendo demograficamente maioritaria en Galicia (as últimas enquisas realizadas aínda nos amosan datos de que a meirande parte da poboación fala galego), o castelán aumenta devagar a súa presenza en ámbitos que foron exclusivos do galego (a familia, a fala das vilas e aldeas, a da pesca e a do campo...). Ademais, as cidades, que xa eran patrimonio do castelán, e a gran mobilidade social dos nosos tempos propician que este se espalle cómodamente. Deste xeito, a diverxencia de prestixio entre as dúas linguas vai aumentando aos poucos. Polo tanto, o proceso de abandono da lingua propia ten a súa principal orixe na redución do seu uso e das súas funcións sociais, xunto coa proliferación de actitudes de rexeitamento, baseadas en prexuízos relacionados coa idea do atraso, do analfabetismo ou con connotacións políticas.

O mundo real e o virtual

Neste escenario percibimos dúas forzas que tiran da lingua de xeito desigual: por unha parte, a reivindicación social e cultural dun sector da poboación, que se esforza por visibilizar e limpar de prexuízos a lingua e, pola outra, as políticas institucionais, desenvoltas de maneira pouco intensa. Só temos en conta as necesidades normalizadoras ás que nos enfrontamos: as actuacións lingüísticas levadas a cabo deberían incidir na modificación das condutas lingüísticas e ter como obxectivo propiciar a transmisión familiar da nosa lingua, que aínda é posible. A maiores, desde 2010 está en vigor o Decreto 79/2010, do 20 de maio, sobre o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, que reduce a presenza do galego ata un máximo do 50% e introduce como lingua vehicular do ensino o inglés, diminuíndo a presenza da lingua entre as novas xeracións, que poderían garantir a súa supervivencia.

Ao pé da rúa

Pero os números non acompañan. A nosa lingua chegou a este século con presenza en todos os ámbitos, pero a perda de falantes segue acelerándose; aínda que se recoñece que o uso da lingua é maioritario, todos os estudos apuntan a que este uso decrece proporcionalmente coa idade das persoas entrevistadas. Desta maneira, de non mudaren os indicadores, a situación evolucionaría de xeito moi negativo para o galego, xa que un descenso tan severo do número de falantes podería mesmo pór en perigo a supervivencia da lingua. Ata hai pouco tempo era a lingua exclusiva do ámbito rural, pero xa non é así. Nas pequenas e grandes vilas, así como nas cidades, parece que se usa cada vez menos.

Descargar

PDF Word HTML