A Prosa Galega na Diáspora: Narrativa e Ensaio
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,96 KB
Narrativa na Diáspora Galega
A narrativa da diáspora tiña unha preferencia pola temática relativa á Guerra Civil de 1936.
Ramón de Valenzuela Otero
Publicou en Bos Aires Non agardarei por ninguén, que se centra nas peripecias de Gonzalo Ozores (seguramente o propio Valenzuela) como guerrilleiro e soldado. Tamén escribiu Era tempo de apandar, onde relata o seu exilio francés, a repatriación forzosa, a súa encarceración e a volta á Galicia para traballar nas minas de volframio. Editou ademais O naranxo, un conxunto de relatos curtos.
Silvio Santiago
Estivo preso durante a guerra, pero conseguiu fuxir e exiliarse en Caracas, onde realizou un gran labor cultural. Alí publicou Villardevós, sobre a súa infancia na aldea natal, e O silencio
... Continuar leyendo "A Prosa Galega na Diáspora: Narrativa e Ensaio" »