Análise de Comentarios Literarios: Pilar Pallarés e Ledicia Costas
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,21 KB
Comentario Literario: Pilar Pallarés
Datos da Obra
- Autora: Pilar Pallarés
- Data: 1996
- Obra: Á tarde, cun can e un libro, do Livro das devoracións
- Corrente literaria: Poesía actual da década dos 80
- Temática: Intimista
- Tema: O paso do tempo
Características da Autora
- Culturalismo temático e esteticismo formal
- Referencias a outras artes
Contido
O poema introduce elementos relativos, situándose nunha tarde nun banco do xardín, acompañada dun can e dun libro. Nun momento, a voz lírica pensa no transcorrer da vida e, de súpeto, pasan uns paxaros que non consegue identificar, xa que o ceo está nubrado, probablemente porque vai tronar nunha tarde de inverno. Tamén mestura o tempo cos seus sentimentos, porque “o corazón escoita e ás veces insinúa unha pregunta”. Fai unha introspección coma se fose a súa vida, xa que hai calma e alaridos, o que indica que ela está intranquila. Pregúntase se a vida é isto, facendo unha reflexión sobre se a vida é só esa dor que ten dentro, e conclúe volvendo á realidade, pero agardando a que chegue algo que a mantén intranquila. É un poema de estrutura pechada no seu sentido temático.
Estrutura
O poema presenta verso libre e sen estrutura fixada, mesturando versos de 7, 14 ou 4 sílabas. Tampouco corresponde a ningunha estrutura fixa coas estrofas.
Recursos Literarios
- Voz lírica: En primeira persoa
- Anáfora: (ex. “can, libro…”)
- Encabalgamento: (ex. “libro entreaberto”)
- Antítese: (ex. “calma e alaridos”)
- Interrogación retórica
- Enumeración
- Personificación
- Estrutura pechada: (no sentido de conclusión temática ou formal)
Comentario Literario: Ledicia Costas
Datos da Obra
- Autora: Ledicia Costas
- Data: 2022
- Temática: Narrativa realista
- Tema: A dor, a ansiedade, o arrepentimento e as consecuencias das malas decisións.
Contido
O fragmento mostra a dor e a ansiedade de Corvo, quen desexa agocharse do mundo e desaparecer tras “meter a pata”. Comeza cando acepta un préstamo de Soprano para apostar, impulsado pola ilusión de gañar cartos rapidamente. Aínda que gaña, isto provoca unha forte discusión cos pais e un afastamento dos seus seres queridos, especialmente de Pánico e de Nana. Corvo sente que o perdeu todo, que ninguén o pode entender, e que, se se soubese a verdade, morrería de vergoña.
Características da Autora
- Linguaxe realista
- Personaxes complexos a nivel emocional
- Cargas psicolóxicas
Recursos Literarios
- Narrador: En primeira persoa
- Pregunta retórica
- Salto temporal
- Hipérbole