Variedades Lingüísticas e Fenómenos Fonéticos do Galego

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,63 KB

Variedades Lingüísticas do Galego

As variedades lingüísticas son os diferentes xeitos de falar que se dan no interior dunha mesma lingua, e que responden a diversos factores:

  • Variedade Temporal ou Diacrónica

    Refírese ás diferenzas na lingua ao longo do tempo. Exemplo: galego actual vs. galego medieval.

  • Variedade Xeográfica ou Diatópica

    Son as variedades dialectais segundo os trazos lingüísticos de cada zona.

  • Variedade Social ou Diastrática

    Distínguese por niveis:

    • Nivel alto: falantes con estudos superiores, que empregan cultismos.
    • Nivel baixo: falantes con menor formación académica, que usan vulgarismos.
    • Nivel medio.
  • Xergas

    Manifestan a vontade dun grupo social de diferenciarse dos demais, empregando un léxico específico.

  • Variedade Situacional ou Diafásica

    Está condicionada polos factores que integran o contexto lingüístico: canle (oral ou escrita), interlocutores (ex: papi ou martín), tipo de mensaxe, tema/código, situación comunicativa (ex: pronunciar un discurso, falar con colegas no bar). Distínguese entre Rexistro formal vs. Rexistro coloquial. Todos dispoñemos dun repertorio lingüístico para cambiar de rexistro.

  • Variedade Estándar ou Normativa

    Dende que hai gramáticas, é a que goza de maior prestixio dende o punto de vista social, xa que é a empregada na escrita e nos contextos formais.

Fenómenos Fonéticos e Morfolóxicos do Galego

  • Harmonización Vocálica

    Tamén coñecida como asimilación e disimilación, é a influencia da vogal tónica sobre a pretónica. Ex: anduriña, pedir, murmurar, acaso.

  • Epéntese

    Aparición dunha vogal (xeralmente i) entre outras dúas que forman hiato. Ex: aldeia, ceo, cheo.

  • Paragoxe

    Adición dunha vogal ao final dunha palabra, xeralmente e. Ex: eue, mare, petare, mame.

  • Síncope

    Perda dunha vogal, especialmente en posición pretónica, cando vai precedida de consoante oclusiva ou fricativa, seguida dunha líquida. Ex: interese, verán, dereito.

  • Metátese

    Cambio de lugar dalgún fonema na palabra.

  • Prótese

    Adición dun a antietimolóxico ao comezo da palabra. Ex: amoto, afoto.

  • Aférese

    Supresión dun son ao comezo da palabra. Ex: inda, lamed, alicates.

  • Anaptixe

    Tipo especial de epéntese. Ex: Inglaterra.

  • Apócope

    Perda da última parte da palabra. Ex: hoxe, san, casa.

  • Palatalización

    Proceso fonético que transforma un son nun palatal. Ex: queixón.

  • Labialización

    Influencia dunha consoante labial sobre a vogal pretónica. Ex: remedio, badeixo.

  • Variante Diatópica

    Solucións morfolóxicas propias de determinadas áreas e diferentes da norma.

  • Localismo Léxico

    Solucións morfolóxicas propias de determinadas áreas e que están incorporadas no galego normativo.

  • Gheada

    Trazo dialectal que consiste na aspiración do fonema oclusivo velar sonoro. Ex: logho, miñe.

  • Seseo

    Non aparición do son interdental en certas comunidades de falantes. Ex: chafarís, polisón, zapato.