Análise da Esmorga: Tempo, Espazo, Tema e Personaxes Clave
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,25 KB
Tempo na Esmorga
A acción desenvólvese en dous períodos principais:
- Os dous días da declaración de Cibrán ante o xuíz (1º día: capítulos I e II; 2º día: capítulos III, IV e V).
- As 24 horas do percorrido dos tres esmorgantes, desde o seu encontro un luns ao amencer ata que Cibrán é atopado por uns varredores.
Ademais, existe o momento no que o narrador-autor escribe a “crónica”.
Espazo na Esmorga
O escenario cambia continuamente, pero sempre é un itinerario urbano que os protagonistas seguen para escapar da xustiza e buscar o máximo pracer no que pode ser o seu último día de liberdade.
O espazo narrativo de A Esmorga é Ourense (Auria), coas súas rúas, prazas, fontes, igrexas e, sobre todo, os seus mesóns, tabernas e prostíbulos dos baixos fondos.
Tema Principal
O tema central é o tráxico final duns individuos marxinais pola sociedade tras unha bebedela.
Personaxes Principais
Cibrán
A súa presenza é imprescindible, xa que el é quen narra a historia. A súa caracterización faise de maneira indirecta, a través dos seus alcumes (“tiñica”, “puchapodre”, “castizo”). Cibrán é un obreiro de familia moi pobre que trata de comezar unha nova vida xunto a unha prostituta á que deixa embarazada, intención que se verá truncada polos fatídicos feitos posteriores.
Milhomes
Tamén chamado “maricallas” ou “setesaias”. Tiña un oficio de xastre e unha maneira de ser moi burlona, consecuencia de numerosas pelexas, como a que mantivo co Bocas e que remata co incendio do pazo.
Bocas
Personaxe que completa o trío dos esmorgantes. Home corpulento, de carácter forte e, por iso, vencedor nas pelexas nas que se ve inmerso e xefe do grupo dos esmorgantes. É de salientar a brutalidade que o vai caracterizando ao longo de toda a obra.
O Xuíz
Actúa como interlocutor “mudo” na declaración de Cibrán e aparece definido por un guión (-) seguido dunha liña en branco e tamén polas alusións que Cibrán fai ao mesmo durante as súas declaracións. Pertence ao grupo de personaxes que veñen de fóra de Galicia e descoñecen a realidade da terra, así como a lingua da mesma.