Galego no S.XXI: Características e Sociolingüística

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,27 KB

O Galego a Finais do Século XX e XXI: Características Lingüísticas, Contexto Histórico e Situación Sociolingüística

Características Lingüísticas Fundamentais

O galego é unha lingua nun avanzado proceso de estandarización. O estándar do galego é a variante lingüística aceptada e coñecida, depurada de vulgarismos e castelanismos, e cun amplo vocabulario. A variante estándar é unha variedade de uso, e a normativa consiste nunha serie de normas ortográficas e morfolóxicas. No galego estándar atopamos dous modelos:

  • Galego espontáneo: De transmisión xeracional, pouco influenciado polo estándar. Caracterízase por: enxebreza fónica, riqueza dialectal, vulgarismos e castelanismos.
  • Neogalego: De adquisición primaria da lingua. Os seus trazos característicos son: o rexeitamento de vulgarismos, formas recuperadas, interferencias morfosintácticas do castelán e interferencias léxicas.

Contexto Histórico

No ámbito da demografía, Galicia sufriu un proceso de emigración, perdendo peso demográfico dentro do Estado e cun grande abandono rural, o que provocou despoboamento. Ao mesmo tempo, recíbense inmigrantes hispanoamericanos, magrebís, etc.

A situación socioeconómica está relacionada co sector servizos, despois dun abandono masivo do sector primario. Este cambio débese á entrada do Estado Español na UE. A situación política céntrase no labor reivindicativo no ámbito cultural e lingüístico, levado a cabo tanto por partidos nacionalistas como por asociacións culturais. Conséguese que Galicia sexa recoñecida como unha nacionalidade histórica e que o galego teña a consideración de lingua oficial xunto co castelán (Estatuto de Autonomía de 1981). En 1983, apróbase a Lei de Normalización Lingüística, e en 1984 nacen a Radio e a TVG. O galego é o idioma da vida institucional e política.

Situación Sociolingüística

A situación de Galicia anteriormente denominábase situación diglósica, termo que denota as desigualdades entre dúas linguas. Actualmente, o galego está a vivir un proceso de normalización lingüística, coa adquisición de melloras nos distintos ámbitos. Aínda así, nas últimas décadas acelerouse a acción desgaleguizadora, nun proceso substitutivo no cal o español segue a gañar falantes, quedando o galego restrinxido polos usos coloquiais familiares ou laborais.

A situación actual ten a favor que arredor da metade da poboación fala galego, e este está presente en todas as capas sociais. Porén, a desaparición da sociedade tradicional do rural axuda a acelerar a desgaleguización. O galego está presente en todas as capas sociais, pero existe unha certa actitude desgaleguizadora por parte dos sectores sociais máis visibles e poderosos. Moi poucos apostan pola endoculturización (creación sociocultural colectiva dos galegos).

A competencia lingüística é a capacidade que teñen os individuos para entender, falar, ler e escribir unha lingua. A competencia oral no galego é practicamente xeneralizada. Nos últimos anos, as catro competencias sufriron un importante incremento. O uso lingüístico do galego está a deixar de ser, por primeira vez na historia, a lingua maioritaria da poboación.