Conceptos Fundamentais de Política e Dereito: Guía en Galego
Clasificado en Historia
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,47 KB
Conceptos Fundamentais de Política e Dereito
Obxectivos da Política
A política busca o ben común e a mellora da sociedade. Os seus obxectivos principais inclúen:
- Solucionar problemas sociais.
- Promover a educación e a cultura.
- Garantir os dereitos.
- Buscar a xustiza e a solidariedade.
Autoridade e Lexitimidade
Autoridade
É a capacidade ou poder de influír na xente. Unha autoridade é lexítima cando é desempeñada polo pobo.
Tipos de Autoridade
- Autoridade Moral: É a que se consegue polos propios méritos.
- Autoridade Legal: É a que se posúe polo cargo que se desempeña.
Lexítimo vs. Legal
Lexítimo: É o que respecta as persoas e se corresponde coa dignidade humana.
Legal: É aquilo que se corresponde coa lei, pero hai leis que poden non respectar a dignidade.
Sistemas Políticos
Ditadura e Democracia
Son sistemas políticos que se diferencian fundamentalmente no control do poder e nos dereitos cidadáns:
- Ditadura: O poder está concentrado nunha persoa ou nun grupo, sen control. Os cidadáns non teñen dereitos e están destinados a obedecer.
- Democracia: É un sistema político elixido polo pobo no que se contemplan e garanten os dereitos.
Tipos de Democracia
- Democracia Directa: Os cidadáns deciden as cuestións e reúnense en asemblea para votar os asuntos da cidade.
- Democracia Representativa: Os membros da sociedade escollen representantes para que gobernen no seu nome.
Sufraxio
- Sufraxio Censitário: Só votan os cidadáns que están no censo (xeralmente, cidadáns con poder económico ou social).
- Sufraxio Universal: Votan todas as persoas maiores de idade.
Dereitos e Estrutura do Estado
Dereitos dos Cidadáns nunha Sociedade Democrática
Os dereitos deben estar protexidos polas leis e inclúen:
- Dereitos civís e políticos.
- Dereitos fundamentais.
- Dereitos culturais.
Definicións Clave do Estado
- Constitución: Lei fundamental da organización dun estado.
- Soberanía Popular: O poder reside no pobo, xa que eles elixen os gobernantes.
- Parlamento: Sede do poder lexislativo.
- Parlamentar: Establecer conversación coa parte contraria para intentar axustar a paz.
Tipos de Estado
- Estado Social: Aquel que ten como meta o benestar de todos os cidadáns.
- Estado Democrático: Significa que a orixe de toda autoridade procede do pobo.
- Estado de Dereito: O estado ten unhas leis que deben cumprir tanto os cidadáns coma os propios membros do goberno.
Impostos
O seu pago é indispensable para sustentar os servizos públicos.
Pensadores da Ilustración
Figuras clave que influíron nos conceptos modernos de política e dereito:
- Rosseau (1712-1778): Escritor, filósofo, músico e pensador.
- Voltaire (1694-1778): Escritor, poeta, filósofo e pensador.
- Montesquieu (1698-1755): Cronista, pensador e político.