Grupo Nós: Historia, Membros e Obras Clave da Cultura Galega

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,59 KB

O Grupo Nós: Contexto e Membros Fundadores

O Grupo Nós está formado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas e Antón Losada Diéguez. Todos eles naceron en torno a 1885 e pertencen cronoloxicamente á Xeración das Irmandades da Fala. Comparten ademais unhas características comúns que os diferencian doutros escritores da época: a súa procedencia social acomodada e a súa evolución cara ao galeguismo. A eles únese Castelao para a realización de proxectos artísticos, políticos e culturais.

A Revista Nós (1920)

O nome do grupo Nós procede da revista Nós, fundada en Ourense en 1920. Foi a publicación máis importante de Galicia da preguerra e ocupouse das diversas facetas que compoñen a cultura galega.

A gran preparación intelectual que estes autores tiñan permitiulles realizar un importante traballo en prol da cultura galega.

Vicente Risco (1884-1963)

Nace en Ourense en 1884. Posúe unha ampla formación intelectual.

Traxectoria e Activismo

  • En 1917 funda a revista La Centuria, en colaboración con Otero e Cuevillas. Trátase dunha revista literaria que expresa o seu interese naquel tempo polo ocultismo e orientalismo.
  • En 1920 funda e dirixe a revista Nós.
  • En 1931 participa na creación do Partido Galeguista, do que se afasta cando este partido se achega a posicións ideolóxicas de esquerda.

Obra Literaria

Narrativa

O porco de pé, a súa obra máis importante, constitúe unha sátira contra a burguesía, encarnada na figura de D. Celidonio, tendeiro de orixe castelá, que chega a ser alcalde dunha cidade galega. En contraposición co intelectual Doutor Alveiros, quen, non obstante, acaba sucumbindo ante o mundo burgués.

Ensaio
  • Teoría do Nacionalismo Galego (1920)
  • Nós, os inadaptados (1933)
  • Mitteleuropa (1934)

Ramón Otero Pedrayo (1888-1976)

Nace en Ourense nunha familia fidalga de ideoloxía liberal. Licénciase en Filosofía e Letras e Dereito. Foi profesor de instituto en Ourense e despois na Universidade de Santiago.

Militancia e Represión

  • En 1918 ingresa nas Irmandades da Fala e inicia a súa militancia no galeguismo.
  • En 1931 intégrase no Partido Galeguista e sae elixido deputado por Ourense.
  • Ao comezar a Guerra Civil, sofre a represión pola súa militancia galeguista e é apartado da súa cátedra do instituto ourensán.