Literatura Galega no Exilio: Represión, Etapas e Autores Clave

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,86 KB

A Literatura Galega Baixo a Represión (1936-1975)

A Gran Represión en Galiza provocou o exilio de numerosos intelectuais. Ante a práctica imposibilidade de publicar en galego ata a década dos 50 no noso país, cobra unha vital importancia para a Literatura Galega a existencia dunha infraestrutura asociativa estable en moitos países de Latinoamérica. Esta infraestrutura foi creada por intelectuais que xa vivían na emigración antes da irrupción da Ditadura.

Etapas da Produción Literaria Galega

Durante este período podemos diferenciar tres etapas principais:

  1. 1936-1950: Concentración en América. A produción literaria en galego concéntrase en América.
  2. Décadas 50-60: Rexurdimento Editorial. Fúndanse en Galiza varias editoriais (entre elas Galaxia), polo que aumenta a produción literaria no noso país.
  3. Ata 1975: Certa Normalidade. A expresión cultural en galego cobra certa normalidade en Galiza.

Actividade Cultural e Editorial no Exilio

A actividade no exilio foi moi intensa e variada, centrada na defensa da identidade galega. Destacan:

  • Fundación de diversas editoriais e coleccións bibliográficas.
  • Conferencias e exposicións.
  • Realización de audicións radiofónicas con temática cultural galega.
  • Espectáculos teatrais.

Xéneros e Autores Clave do Exilio Galego

Poesía do Exilio

Os escritores máis importantes da poesía da Literatura Galega do exilio son:

  • Luís Seoane: Artista polifacético que se move dentro da temática social.
  • Lorenzo Varela: Basea a súa obra na reconstrución histórica desde o punto de vista popular. Obra destacada: Catro Poemas Para Catro Gravados.

Narrativa do Exilio

Na narrativa destacan autores e obras fundamentais:

  • Silvio Santiago: Vilardebós.
  • Ramón Valenzuela: Non agardarei por ninguén.
  • Eduardo Blanco Amor: A Esmorga. Esta obra ofrece características formais e renovadoras, ademais de referencias á narrativa galega.

Teatro Galego no Exilio

En canto ao teatro, cómpre salientar a:

  • Castelao: A súa obra máis coñecida, Os vellos non deben namorarse, foi estreada no exilio. Nela, os tres vellos representan distintos sectores da sociedade da época.
  • Blanco Amor: Divide a súa obra dramática en:
    • Farsas.
    • Pezas imaxinativas e autos.
    • Pezas de realismo costumista.
  • Varela Buxán: Escribe comedias que chegan a ser moi populares, como O cero de Fornelos.