O Galego Moderno e as Irmandades da Fala (1916-1936)

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,63 KB

O Galego Moderno (1916-1936)

Contexto Social e o Agrarismo

Nesa época, a sociedade galega era maioritariamente rural e campesiña. A poboación desprazábase cara ás cidades, o que provocou o desenvolvemento destas. Esta poboación seguía sufrindo a emigración e as súas condicións de vida foron moi precarias.

No século XX xurdiu o Agrarismo, liderado por Basilio Álvarez. Este movemento reivindicou a posesión das terras polos campesiños, conseguindo que estes foran os seus donos. Grazas a este movemento, en 1926, conseguiuse a redención dos foros e a desaparición da fidalguía, xurdindo así un novo grupo burgués.

Situación da Lingua

Aínda que o galego fose o idioma utilizado pola maioría da poboación, este sufriu a desaparición de falantes debido ao desprazamento da poboación. Nesta etapa medraran os estereotipos negativos do galego, causando que a súa presenza fose moi escasa e estivese marxinado nos ámbitos centrais.

As Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala foron unha organización de persoas que traballaban pola cultura e a unión da lingua, definindo a Galiza como unha nación. Fundáronse na Coruña en 1916 por Antón Villar Ponte. Defendían un nacionalismo que concibía a lingua como pilar fundamental da identidade.

  • A organización dotouse dun órgano de expresión que difundiu o pensamento galeguista: A Nosa Terra, editada integramente en galego.
  • As Irmandades constituíron o órgano do movemento político que difundiu as bases teóricas do nacionalismo a través de dúas obras: Teoría do Nacionalismo e Doutrina Nacionalista.

Iniciativas a prol da Lingua e da Cultura

A dignificación e a normalización da lingua en todos os ámbitos foi o seu propósito. Tiñan como obxectivo:

  • Consecución da cooficialidade do galego e o castelán.
  • Implantación dunha cátedra de lingua e literatura galega na Universidade de Santiago.
  • Introdución do galego no ensino básico.
  • Elaboración dun rexisto culto.

As principais iniciativas foron:

  1. Utilización do galego na escrita e na oralidade.
  2. Publicacións periódicas monolingües en galego (A Nosa Terra) e editoriais como Cántiga e Nós. Grazas a isto, promulgouse a tradución das obras universais ao galego, o que creou público lector nesta lingua.
  3. Creáronse entidades científicas como o Seminario de Estudos Galegos, integrado por mozos universitarios.